GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ADAPTAMOS A VELLIÑA VELLA PARA SOMBRAS
Este é o guión que usamos

1-Regae dos Mariñeiros :
Espertar lento e desigual (azul)
Eles antes, falan: está o campo sombrío, uns espertan ao outros , elas , tamén. En espello.
Os dous almorzan? (branco)
Tecen elas as redes dánllelas aos homes reman e vanse e amosan as mans (voz)
para a despedida (música) eles marchan (azul). Elas Collen o legón
Elas traballan legón, vanse coa luz (branco)
Van entrando eles de noite e eles tiran das redes….. (azul)
Sacan o peixe, veñen elas a cóllelo nas patelas marchan eles coas redes de Torres e elas coas cestas.. (remata en amarelo lento)

2-Narración do conto: A Velliña vella, de Vicente Risco

3- Non chores máis
A velliña nunha esquina golpe a pedra e logo chora… entra Adrián co legón a traballar (vermello)
Cansado senta Adrián co legón pasan o rico e sentado o escritor, o avogado desprezándoo míranos a vella e el diríxense cara ela NoN , Non Chores Máis.
(Azul) Déixaa lamentándose, agora van ser elas cos legóns ou as cestas, as que traian e compartan fogaza o pan e animen a Adrián , gañas de viver todo todo vai a estar ben, van cara a vella a dicirlle
Non non chores máis.
(Amarelo) Música só veñen eles os mariñeiros e sentan quítanse a roupa de augas e comparten o pan gañas de viver se deus quixer todo todo vai estar ben. Todos van cara a vella e a colocan no centro acariñándoa: (verde) non , non chores máis. FIN

A continuación os textos que usaremos tamén adaptados por nós para a dramatización en teatro de sombras:

DOUS CAMIÑOS

Os gregos antigos preguntábanse onde durmía o Sol e din que houbo alguén que seguiu no seu camiño ata chegaren a aquel sitio que logo os romanos chamaron Fisterra. Foron despois estes quen deron en celebrar o día do seu nacemento nunha das noites que por estas datas do Solsticio de Inverno é a noite máis longa do ciclo solar. Unha Festa ao Sol invictus e nalgún lugar da Costa Atlántica ergueron un altar ao Sol alí onde, despois da súa viaxe diurna, morre nas augas do océano en Occidente, no cabo do mundo.

Hai outra lenda que di que as almas dos defuntos seguen ese mesmo camiño e embarcan para o máis alá, ao Alén. E mesmo contan que houbo un Santo Amaro que foi mar adentro na procura do Paraíso.


Galicia é terra de Camiños. As estrelas marcan de sempre os camiños do Norte… e alí ao cabo do mundo din que chegara Santo André. Ao seu santuario de Teixido ao que se pode ir tanto por terra coma polo mar. Pero el queixábase de cote ao estar nun lugar tan apartado… por iso aseguran que Deus lle prometeu que o iría visitar todo o mundo: “A Santo Andrés de Teixido vai de morto quen non foi de vivo!”- di o refrán, máis sen lugar a dúbidas os peregríns de toda Europa identifican o Camiño de Santiago como o que leva ao confins da terra e é tamén un camiño que cómpre facelo de vivo.

Pois ben como xa se achega o 2010, ano Xacobeo, e está a piques de rematar o tempo no que os días son máis curtos e a escuridade da noite é a dona do que acontece, tempo de sucesos misteriosos e da memoria dos nosos mortos imos narrar a continuación unha historia simbólica da Galicia que se busca a si mesma, que se presentará ante vós como esa velliña vella que anda á procura do futuro para os seus, pero os seus fillos e fillas non lle fan caso e ela rematará pedindo as pedras dos xentís aquilo que precisa.

Comecemos a nosa historia, ao pé do camiño cara Fisterra. Dende este cemiterio cara a Costa da Morte principia o seu camiño esta ánima morta en pena como case todos os que morreron (pois é ben difícil subir ao ceo directos tanto como é tamén baixar ao inferno)

A VELLIÑA VELLA

…O escudeiro Pai Soares que non fora na súa vida a Santo André de Teixido ergueuse da súa cova e tomou camiño cara ó norte (Música)
Camiñando, camiñando atopouse cunha velliña vella de loito vestida. Pai Soares fincou de xeonllos no Chan e beixoulle os pés.

- Para onde vai, Pai Soares?
- Lonxe cara o norte, o santo André de Teixido.
- Non entrarás no ceo se aló non vas…
- E vos, señora, ides soíña e tristeira…
- Ben podía eu levar na miña testa unha coroa de espiñas.
- Se tivesedes fillos que a recadasen!
- Logo, é certo que o mundo principia unha nova vida?
- Andan a crebar as vellas madeiras para ver medrar un mundo mellor.
- Tamén eu vou chamar aos meus fillos…

E a velliña vella colleu para a vila e chamou á porta dun seu fillo que era avogado.
- Veño a que defendas o meu dereito
- Cal é logo o voso dereito?

- Houbo un tempo no que toda esta terra era miña, e os meus fillos tamén eran meus. Mais viñeron os meus veciños e fixéronse donos dos meus eidos, e mais ensañáronse na miña honra. E trocaron de tal xeito os meus fillos, que case non os coñezo, nin eles me coñecen a min. Tanto se imitan aos estraños… e como ti es avogado quero que defendas o meu dereito para que me fagan xustiza e me volvan os meus fillos e me fagan xustiza e miren pola súa casa.

Responde o avogado:
- Eu non podo defender o seu dereito, porque non está en ningún código. Eu non defrendo máis que os dereitos que estean amparados pola lei.

E a velliña vella marchou coa alma amargurada pola ruada da orballeira frienta, e foi onda un seu fillo que era escritor:
- Onde ti veño para que me defendas. Ti escribes nos papeis e os homes escóitante. Fixéronme inxustiza e tiráronme o que era meu. O meu fillo avogado non me quere defender, porque o meu dereito non está nos códigos. Mais ti has falar por min, para que a xente faga leis que me amparen.

Respondeu o escritor:
- Señora, a xente faime caso porque lle falo do que ela quere. Quen repara no voso dereito? Eu non vos podo defender, se non perderei o creto.

E a Velliña Vella marchou coa alma amargurada pola rúa chuviñenta; vai petar a outra porta. Foi ver un seu fillo que viñera das Américas con moito diñeiro.

-Aquí veño, onda ti, porque os que me podían defender rexéitanme; non queren pedir para min xustiza, nin vingar as aldraxes que me fan. É que me ven pobre; mais ti darasme cartos e erguerei todos os meus fillos atrás de min.

Respondeu o americano:
-Señora, eu teño que atender cos meus cartos as obras que traio entre as mans: eu fago escolas, asilos e hospitais que pasman á xente e pregoan o meu nome. Se eu vos fixese caso, quen me chamaría logo xeneroso ou desinteresado?

E a velliña vella fuxiu da vila e principiou a andar por unha corredoira enlamada. Ó pé do camiño atopou a unha das súas fillas, que era labrega, traballando nun eido. A velliña vella faloulle:

-Eu tiña terras, e xa non as teño; tiña fillos e fillas que me deixaron. Andei a pedir xustiza, pecháronme todas as portas…

A labrega escoitaba moi atenta, botada cara adiante, apoiada coas dúas mans no legón. A velliña vella seguiu:
- Andei pola vila petando a todas as portas, de todas me botaron. Agora veño onda ti, que me has defender contra todos. Se ti queres, recobrarei as miñas terras, os meus fillos voltarán onda min, e tornarei a ser o que fun.

A labrega respondeu:
-Señora, o que a vostede lle pasa, dar, dáme mágoa … de veras! Mais neste mundo, cada un goberna a súa vida e procura do seu…se viñese un goberno que quitase os foros, que quitase os caciques, que quitase os tributos…
E revolveuse e seguiu sachando no eido.

A velliña vella, magoada e tristeira foi andando, andando… por alí ao lonxe viña a ánima en pena da súa romaxe, na procura da súa tumba na igrexa da aldea. No medio da gándara viu a velliña vella, a carón dunha pedra das que chaman pedras dos xentís. Estaba petando nela cun croio para espertar ós que dormen debaixo o sono eterno…

Veño a esta pedra
para que novos fillos teña,
ou rapaz ou rapariga
que me libren desta pena. (Música)


Para saber máis sobre este texto hai un traballo de Rebeca Díez Figueroa da Universidade da Coruña sobre "a velliña vella" e a súa conexión coa literatura irlandesa
Comentarios (0) - Categoría: Nós - Publicado o 18-12-2009 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
Ata cando queirades! Esta tamén é a vosa terra!

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2009 08:09
# Ligazón permanente a este artigo
No seu espazo ou indo cara á biblioteca

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2009 07:54
# Ligazón permanente a este artigo
Cos mozos da aula

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2009 07:43
# Ligazón permanente a este artigo
Coas damas da clase

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2009 07:35
# Ligazón permanente a este artigo
Ese día fixemos algunha foto máis con Eduardo

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2009 07:33
# Ligazón permanente a este artigo
Despedida de Eduardo

Colgamos algunhas das fotos para lembranza de outono, contra a fin do 2009, cando soubemos que Eduardo volvía ao país, á terra que o vira nacer ledo de coñecermos, de pasar un tempo entre nós, de saber de Galicia, do Morrazo e de Marín, outra terra que agora tamén considerará para sempre algo súa porque nela ten unha casa de amigos e amigas que lle dicimos dende aquí unha vez máis: Ata cando queiras!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 11-12-2009 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal