GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-11-2014 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
Unha biografía de Castelao
Para comezar con Castelao imos botar unha ollada a un documental sobre a súa biografía que nos pode axudar a entender o contexto no que nace e se desenvolve esta figura clave para entender o 1º terzo do século XX e introducirmos así na primeira lectura do curso: Cousas.

Vexamos logo o documental que aparece na páxina Castelao na rede

Nace o 29 de xaneiro de 1886 en Rianxo, vila situada na ría de Arousa. O pai emigra ese mesmo ano á Arxentina.En 1895 embarca coa súa nai para Buenos Aires.

En 1900 volve a Galiza coa familia e ingresa no Instituto de Bacharelato de Santiago.En 1903 empeza a carreira de medicina, licenciándose en 1909.

En 1912 casa na Estrada con Virxínia Pereira.En 1913 nace o seu único fillo Alfonso Xesús.

En 1914 ten o seu primeiro acceso de cegueira.

En 1918 participa na Asemblea Nacionalista de Lugo.En 1919 intervén na 2º Asemblea Nacionalista de Santiago.

En 1920 asume a dirección artística de Nós, e expón as estampas do álbum Nós.En 1925 publica CINCUENTA HOMES POR DEZ REÁS.En 1926 publica COUSAS na editorial Lar.

En 1927 agrávase a súa doenza dos ollos.

En 1928 mórrelle o seu único fillo.

En 1930 o Seminário de Estudos Galegos edita AS CRUCES DE PEDRA NA BRETAÑA.

En 1931 participa no mitin conmemorativo dos mártires de Carral en Vigo e no mitin da Alameda do Cruceiro de Ourense. Resulta elixido Deputado nas Constituíntes da República.

En 1933 é nomeado académico da Real Academia Galega.En 1934 asina o pacto de Compostela e xorde Galeuzca. Publica OS DOUS DE SEMPRE e RETRINCOS.

En 1936 volta a ser elixido deputado nas eleccións do 16 de febreiro. Dirixe a campaña a prol do Estatuto de Galiza.

En 1937 publica GALICIA MÁRTIR E ATILA EN GALICIA, en Valencia.

En 1938 viaxa a New York con Virxínia en campaña de propaganda a favor da República. Edita o álbum MILICIANOS. Viaxa a Cuba.

En 1939 fai OS DEBUXOS DE NEGROS. Viaxa a New York e Califórnia. É nomeado Presidente Honorario da Federación Mundial de Sociedades de Negros.

En 1940 viaxa á Argentina con Virxínia e son recibidos con clamor en Buenos Aires.En 1.941 estrea a obra teatral OS VELLOS NON DEBEN NAMORARSE en Buenos Aires e Montevideo.

En 1944 funda e preside o Consello de Galiza no que se integran os deputados Suárez Picallo, Elpídio Villaverde e Alonso Ríos. Publica SEMPRE EN GALIZA editado polo Centro Ourensán de Buenos Aires.

En 1948 pronúncia o ALBA DE GRORIA, o seu discurso máis fermoso e tamén o derradeiro no Centro Galego de Buenos Aires. En Alba de Groria non só expresa Castelao a saudade dos emigrados pola terra afastada, endexamais esquecida, senón que dá forma a unha grande imaxe dunha Santa Compaña composta por galegos inmortais: santos, guerreiros, estatistas, nomes de ciencia e de letras que abraia o espectral misterio da alma dos galegos, para rematar coa máis belida e xusta evocación do pobo inmorrente de Galiza. Os emigrados, a historia, o pobo, constitúen os temas de tres grandes frescos que o talento plástico de Castelao fixou en palabras, imposibilitado fisicamente de facelo nos grandes lenzos de parede con que soñou quizais na súa mocidade.
O 7 de Xaneiro de 1950 un “carcinoma de pulmón” remata coa vida física de Castelao, pero quedará para sempre o seu legado artístico, político, humano.
Comentarios (0) - Categoría: CASTELAO - Publicado o 24-11-2014 06:37
# Ligazón permanente a este artigo
Os Ourensáns da xeración Nós: Os inadaptados.
A alma mater da Xeración Nós estaba en Ourense. De espírito fidalgo, son homes que na súa procura dun mundo mellor, dun mundo que os afastara da preocupante situación da Europa do primeiro terzo do século XX, homes que vivira a 1ª Guerra mundial coma un elemento máis de desafección, o que lles serve para pronunciarse como individualistas e inadaptados. Así é como se os describe o propio Vicente Risco:

Eu caracterizaría os homes de meu tempo preocupados polas cousas do espírito, dicindo que eramos- e somos-individualistas, inadaptados, antisociais, antigregarios, introvertidos... os auténticos vencidos da vida…vencidos por inadaptados…Efectivamente: introvertidos fomos ata non chegar a nós o galeguismo. Os inadaptados son por definición os insatisfeitos do mundo sensible, os inimigos da realidade cotiá, os que procuran fuxir do medio que os rodea… Peregrinamos polas cosmogonías, metafísicas e estéticas, despois de moitas viaxes polo mundo ,despois de tantas voltas e reviravoltas e trasvoltas polas lonxanías do espazo e do tempo, en procura de algo inédito que nos salvara do habitual e vulgar, viñemos dar na sorprendente descuberta de Galicia, a nosa Terra oculta ao noso ollar por un espeso estrato de cultura allea, falsa e ruín, vulgar e filistea, ofrecíanos un mundo tan extenso, tan novo, tan inédito, tan descoñecido, como os que andabamos a procurar por aí adiante…”

1º-As datas de nacemento dous escritores deben darse nun período máximo de 15 anos: todos os autores de Nós nacerán na década de 1880, o cal lles fará compartir unha serie de elementos e inquedanzas comúns. Alén disto, entran xuntos na vida cultural.
2º.Igualdade de elementos formativos: todos eles teñen estudos universitarios.
3º.Existencia de trato persoal entre os escritores: no caso de Nós tanto é así, que todos eles pertencen ás Irmandades da Fala e colaboran nas mesmas revistas e xornais, alén de no Seminario de Estudos Galegos.
4º-Os escritores deben ser impulsores dunha nova forma de expresión: neste caso, estamos a falar dos renovadores da prosa galega e dos creadores do ideal de que o galego é válido para calquera uso.
5º-Ruptura coas xeracións anteriores: os homes de Nós romperon coa literatura de inspiración decimonónica e puxeron o noso sistema literario á altura dos europeos.


Podemos adentrarmos no cenáculo ourensán a través de diversos traballos:

Fundación Vicente Risco onde podemos atopar estudos como quen é Risco?

OTERO PEDRAYO
Ramón Otero Pedrayo (Ourense 1888- Trasalba 1976) De familia fidalga, amigo de Risco desde a infancia. Estudou Dereito e Filosofía e Letras. Asumiu o nacionalismo tra sentrar nas Irmandades da fala. foi deputado polo Partido Galeguista en 1931 e 1936. Foi expulsado da súa cátedra de instituto durante a ditadura franquista ata que se lle permite volver a docencia na universidade galega, onde será recoñecido referente do galeguismo da posguerra.

Obra: Foi un escritor en prosa de ficción e ensaio.
Novelas:
Os camiños da vida (1928) novela centrada na decadencia da fidalguía e no auxe da burguesía
na Galicia rural ao longo do século XIX

Arredor de si (1930) novela autobiográfica que relata a través do seu protagonista Adrián Solovio o camiño cara ao compromiso con Galicia, é dicir, a evolución ideolóxica que percorreu a súa xeración. Un pequeno texto deste libro di:

" Algunhas veces Adrián coidaba oir un baixo latín cheo de mocidade e futuridade. No comercio cos labregos, o esperto senso crítico do Solovio deprendeu ben pronto a falsidade dunha afirmación na que el, por costume e preguiza, participara: a de ser o galego unha lingua vella, unha ruína, non doada para conter nin fecundar unha idea moderna, impropia para a Técnica e para a filosofía, por exemplo. Pois desque adrián falaba galego sentía todo o seu ser renovado."

Ensaio histórico sobre a cultura galega (1939) un dos numerosos ensaios deste autor.

Fundación Otero Pedrayo
Comentarios (0) - Categoría: Nós - Publicado o 09-11-2014 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
O AGRARISMO DO 1/3 DO XX
Como xa explicamos tres grandes movementos transforma a Galicia rural e da fidalguía que dende o século XVI viñera evolucionando paseniño. Unha Galicia nova, base da Galicia actual emerxe co novo século e que podemos definir atendendo a tres cambios básicos:
1-Da Galicia rural e fidalga á dos labregos: Agrarismo

2- Da Galicia dos Séculos Escuros á Galicia con conciencia galeguista: Galeguismo

Da Galicia rural á Galicia urbana onde comezan conflitos entre burgueses e proletarios:Sindicalismo obreiro
Comentarios (0) - Categoría: TEMPO DE IRMANDADES - Publicado o 09-11-2014 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal