GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Abrimos nova categoría coas nosas creacións
Imos pois a introducir de cando en vez algo do que creamos no noso particular obradoiro de creación literaria:

BASEÁNDONOS NOS CONTOS:
Neste caso a proposta do libro despois de ver e ler textos clásicos realizamos esta nova versión de Romeo e Xulieta:


BASEÁNDONOS NOS MITOS:
Tamén despois de traballar sobre un mito como o de Ulises e a súa Odisea, no seu regreso a casa á illa de Ítaca, na espera de Penélope, despois de ver cousas coma estas:





e ler anacos dos nosos poemas como os de Álvaro Cunqueiro en Herba aquí ou acolá (1979) o fragmento inicial de Canto de Ulises


Canto de Ulises

Pende en que pende Penélope pensativa

perdo novelo nove novamente canto.

Este rostro que ás augas envexando

como sorrí tecendo cando o vento:

ás augas como sorrí envexa que tecendo

ese rosto en que pende que amañeza.

Cando o vento o novelo novelovento leva,

—os longos dedos que nasceron frautas

na boca de Ulises, cando namorado.

Digo que os longos dedos non resisten,

os pós do vento que nas oliveiras,

os longos dedos que solprendidos dicen

novelovento, novelo nove pido,

o meu corazón tecendo mar e soño

baixo esa ponte de ignorados ríos...


Deixamos aquí unha creación en verso sobre este mito clásico feita por un alumno de 4º ESO B:

O retorno do seu amado Ulises,
aínda está Penélope agardando,
xa leva todos estes meses,
con bágoas nos ollos, chorando.

Facendo para desfacer,
pensando para non olvidar,
está Penélope a tecer,
para o seu tempo pasar.

Ulises é o seu esposo,
ela máis non pode agardar,
co seu lamento espeso
observa as ondas do mar.

O seu corazón latexa
polo seu amor afastado,
darlle un bico desexa,
ao seu eterno amado.

Penélope segue triste,
observando o seu paxaro,
dándolle un pouco de alpiste,
mentres loce no mar o faro.

Sente preto a Ulises,
sen saber onde estaría,
vai rezando aos deuses,
para voltar á súa compañía.

Chora cara o horizonte,
por se el volta voando,
pero non atopa nada enfronte,
terá que seguir agardando.
Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓNS - Publicado o 28-11-2012 07:00
# Ligazón permanente a este artigo
Da violencia de xénero
alerta



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-11-2012 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
O acento diacrítico
Como o libro de texto non ten anexo, aquí deixamos un enlace sobre o acento diacrítico en galego, para realizar exercicios e tamén podes atopar exercicios de acentuación e nos apuntamentos na páxina do colexio nos Departamentos didácticos no dedicado á Lingua galega.
Comentarios (0) - Categoría: ORTOGRAFÍA - Publicado o 09-11-2012 06:36
# Ligazón permanente a este artigo
A rapaza do circo (actividade da aula)
Colocamos eiquí dúas versións do relato de Carlos Carlos Casares lido na aula:



versión ilustrada
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-11-2012 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal