GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Imos ver se somos quen de comentar un texto
O texto escollido é un dos autores deste curso. trátase de un dos relatos de COUSAS de Castelao que leva por título: Cando Bieito quedou orfo
ou tamén é coñecido con este outro "o ichaviño".


Cando Bieito quedou orfo de pai e nai, chegou das Américas un parente e levouno consigo. Na véspera de emprender a viaxe, colleu o camiño do monte e alá enriba, no curuto de todo, deixou ben agachado un ichaviño. Foi a idea sentimental dun neno de doce anos.
Despois, nas pampas arxentinas, apurráronlle tódolos cans, cando aínda non sabía gobernarse na soedade dos campos sen camiños. E moito padeceu para deprender a encararse cos homes, rillando as ganas de chorar…
A troco de anacos do espírito Bieito conquireu un sentido novo e, traballando sen acougo, ganou riquezas dabondo. Casouse, nascéronlle fillos e prendeuse en terra allea.
Os trafegos da súa vida non lle deran lecer para lembranzas sentimentais e foi ó cabo de trinta anos de loita cando Bieito alentou forte e puído virarse cara ó pasado. E neste punto a morriña metéuselle na caixa do peito.
Cacheando nos currunchos da memoria as farraspiñas esquecidas do seu ledo vivir de neno, Bieito sempre remataba pensando no ichaviño que deixara gardado no curuto do monte. E non podendo vivir máis tempo sen visitar os eidos nativos, meteuse nun barco e chegou á Terra.
As verbas esquecidas do noso falar, o musgo, os couselo, os fieitos e tódalas cousas que ía topando no camiño enchía de ledicia o seu corazón. Cando chegou ó curuto do monte, os ollos revíanlle felicidade. No mesmo sitio en que o deixara encontrou o ichaviño, e non hai parolas no mundo que poidan darvos idea da emoción de Bieito naquel intre. Despois marchouse cabo dos fillos.
Agora Bieito ten un ichaviño pendurado na súa leontina de ouro e ten unha mágoa na hucha do peito.



Castelao é un autor do primeiro terzo de século momento en que nun mundo convulso e no que Galicia non permanecía allea aos cambios e transformacións sociais que se viñan xerando en Europa. Galicia atópase con serios problemas herdados do XIX á vez nacen movementos sociais, ideolóxicos e culturais que van ideando unha Galicia que loita por facerse universal. O libro de relatos e ilustracións de Cousas é un retrato realista e humano da sociedade galega do momento.

A voz narradora que Castelao escolle para este relato é a dun narrador omnisciente, interesado en coñecer de primeira man os pensamentos e sentimentos do protagonista que é ese rapaz Bieito que ao quedar orfo vai cara América cun parente non sen antes deixar un ichaviño (moeda de pouco valor) enterrado no curuto dun monte. A pesar da dureza dos primeiros anos foi quen de medrar e ter familia e acomodarse na Arxentina, pero no seu interior sempre mantivo recordo do ichaviño e fixo por volver á terra que o vira nacer a unha vez en Galicia na procura do ichaviño todo cada palabra da paisaxe esquecida lle transmitía felicidade. Recuperada a moeda e tras volver a Arxentina agora leva pendurado o ichaviño e no corazón unha mágoa.
O tema central do texto sobre o que asentamos o noso comentario ten un claro contido simbólico: a morriña do emigrante.

Os elementos cos que vertebra a estrutura desta historia reflexiva ou de intriga psicolóxica son:un personaxe protagonista un neno orfo que ten que emigrar e que vai ir medrando á vista do lector, nunha panorámica rápida ao longo da súa vida nunha especie de retrospección(véxase o "agora" que se sitúa na fin do texto). Esta panorámica detense nuns momentos moi selectivos da vida de Bieito, aqueles nos que se evidencia a relación do emigrante coa súa terra, esa Terra con maiúscula evocada como "un ledo vivir de neno" fronte a visión desoladora das pampas arxentinas. Este retrato sentimental ofrécenos datos como a da súa boa fortuna,(Bieito representa a eses emigrantes que lles foi ben) á hora de saber gañar riquezas e ter unha familia, mais o autor destaca especialmente as súas carencias sentimentais, carencias que teñen que ver precisamente coa súa terra natal. Trátase pois dun personaxe ata certo punto caricaturizado no sentido de que Castelao pon en evidencia de xeito moi marcado para que o lector note a saudade, a vida emocional que sente Bieito.
Poderíamos dividir en tres partes (introdución, nó e desenlace). A primeira serían as seis primeiras liñas do texto na que se nos relata a infancia do protagonista truncada pola perda dos seus pais e pola marcha repentina de Galicia. Unha parte central na que se nos fala por un lado das dificultades iniciais á chegada a Arxentina e
o seu asentamento e mellora material para resaltar logo as carencias sentimentais, condición do emigrante que nos leva á fin do relato cun reencontro cargado de emoción coa súa terra antes de volver de novo a América a carón da familia que alí ten mais cunha lembranza nostálxica da súa terra natal pendurada no corazón.

Se analizamos a linguaxe veremos axiña como unha gran parte do léxico empregado por Castelao neste texto lévanos ao terreo dos sentimentos: orfo e sentimental son os dous adxectivos destacados na introdución, para avanzar cunha serie de verbos moi significativos que describen a dureza dos primeiros anos na emigración "apurrar", "padeceu", "encararse","chorar" e substantivos tan representativos do sentir de Bieito: "soedade", "lembranzas", "pasado", "memoria" e "morriña". Debe chamarnos á atención das dúas ocasións nas que aparece a palabra terra, polarizando con claridade os dous espazos nos que se desenvolve a historia. A "terra allea" na que en principio todo eran “ campos sen camiños”, fermosa metáfora das dificultades coas que se atopa neste terreo no que el se ve obrigado a "prender" coma se fose unha planta transplantada fronte a Terra con maiúscula a que bota de menos e que cando pisa de novo converte nun verxel vexetal de musgo, couselos e fentos que lle fan feliz. Todos os adxectivos e substantivos referidos a esta Terra con maiúscula son positivos aparece a palabra felicidade, acompañada do verbo "encher", a palabra "ledicia" ou "emoción". A semántica do texto lévanos constantemente ao territorio dos sentimentos.
Outras probas do ton emotivo co que o relato nos envolve son os recursos máis evidentes. En primeiro lugar un símbolo moi destacado é o ichaviño, unha moeda que é soterrada por un neno e que tras das dificultades nas que lle “apurraron todos os cans”( unha metáfora e unha hipérbole porque son todos os problemas posibles) e nas que “rillaba”( un verbo que xunto cos metafóricos e feros cans de antes nos suxire o mundo animal, inferior á condición humana, asociación referida ao que sente un emigrante) cando ao fin Bieito puido “alentar” (tomara aire ou recompoñerse), unha vez que puido “virarse cara o pasado” é dicir unha vez que medrou e mellorou vai ter de novo na súa memoria, metido na “caixa do peito”, metáfora do corazón, do sentimento. Ese alegórico ichaviño da morriña pola Terra (nótese o diminutivo por ser moeda de pouco valor, pero sobre todo porque nos marca o afecto que el lle tiña) rematará pendurado nunha cadea de ouro, e que quedara a agochado, oculto como un tesouro nun monte feraz. A Terra é o que lle dá tan gran valor, é a Terra, á que volve Bieito na súa busca e a que redescubre con felicidade nas verbas esquecidas do noso falar (con esta sinxela metonimia evoca a importancia da nosa lingua para o noso país, como sustento da nosa identidade) . O ichaviño soterrado no curuto dun monte (non esquezamos que Galicia significa terra de montañas) cobra pois unha gran relevancia no final do texto pois sempre o levará Bieito, ou calquera emigrante, “na hucha do seu peito”, unha metáfora e un termo real, o corazón, que se repite con insistencia para subliñar o seu ton sentimental. Efectivamente en oposición ás dificultades que se atopou en principio na “soidade dos campos sen camiños” da pampas arxentinas outra metáfora senlleira (fixerse na repetición do son “s” para subliñar a súa importancia) e categórica para definir o lugar onde grazas ao “ traballo sen acougo” e os trafegos que non lle deran lecer expresións metafóricas que connotan o esforzo e a dureza, tras trinta anos de “loita” palabra que coloquialmente nos remite aos atrancos da vida, que imposibilitan o repouso necesario para a reflexión “virar cara o pasado” e que apareza a morriña. Logo veñen “as farraspiñas (outro diminutivo afectivo) esquecidas do seu ledo (epíteto para marcar positivamente as vivencias infantís da terra natal) vivir de neno” que o levarán finalmente cara a felicidade da súa terra que “enchía de ledicia o seu corazón” de novo outra hipérbole ou esaxeración para deixar claro o contraste de sentires nas dúas terras que habita.

Ademas do lirismo que se trasloce de cada un dos momentos escollidos por Castelao da vida do emigrante simbólico que chamou Bieito (reparemos no nome), podemos observar un elemento rítmico que nos lembra a unha especie de "anáfora" no corazón do texto que se aprecia na repetición da palabra-símbolo "ichaviño" coma se fose un latexar constante da morriña no peito do Bieito.
No ritmo do texto tamén hai un xogo de contrastes para conducir ao lector cara esta contraposición de espazos e deterse máis nos sentimentos de Bieito. É o intre no que se para a pensar no seu pasado no que se minora o ritmo do texto que transcorría con frases breves, áxiles imaxes que parten da infancia e chegan case á vellez de Bieito, casado e con fillos, o que fai ás persoas botan raíces, como dixemos. E despois da reflexión recréase na súa volta á Terra, ese latexar constante na conciencia do emigrado.



A modo de conclusión indicar que Castelao constrúe un personaxe simbólico dun tipo de emigrante que aparentemente e despois de grandes dificultades superadas non é quen de esquecer a súa Terra e utilizando unha alegoría singular, a do ichaviño vai reconstruíndo as reflexións internas que o levan a desexar ver de novo o seu país e a telo sempre moi presente preto do seu corazón. Ton emotivo, sentimentos contrapostos e a felicidade frustrada en parte por non poder vivir no país que o veu nacer, de aí ese final de apenas dúas liñas que contrasta cun parágrafo moito máis extenso referido ao reencontro coa súa Terra. Un final sempre tan coidado por Castelao no que quere deixar claro que do corazón dun emigrante, por ben que lle vaia, sempre quedará pendurado o ichaviño da morriña do seu. A emigración ese problema social da Galicia na que vive Castelao e que é un dos temas recorrentes do libro de Cousas. Cousas son retratos cargados de humanismo dos galegos seu tempo, da Galicia sobre a que reflexiona, pola que viviu e loitou e que ilustra con palabras e debuxos intimamente imbricados.

Comentarios (0) - Categoría: COMENTANDO TEXTOS - Publicado o 25-11-2009 19:27
# Ligazón permanente a este artigo
AS IRMANDADES DA FALA (1916)
AS IRMANDADES DA FALA (1916)
“A nosa lingua é o camiño de ouro da nosa redención e do noso progreso: sen a lingua morreremos como pobo, e nada significaremos endexamais na cultura universal. [...] Eu penso que as únicas setas que van sempre rectas a furar o branco do futuro son aquelas que se lanzan valéndose do arco da nosa lingua, xa que só entón nos mostramos orixinais. Eses que viven de costas ás orixes dificilmente poderán redimirse da servidume do mimetismo. ¿Que cousa máis orixinal que a lingua dun pobo, xerada por accións e reaccións seculares entre o home e a Natureza, para facelo diverso no universo?”
—Nacionalismo gallego. Nuestra afirmación regional (1916), por Antón Villar Ponte[1].

Esta institución comezou grazas a Antón Vilar Ponte. O seu obxectivo principal reivindicar a cultura galega. A este movemento uníronse moitos galegos, entre eles escritores como Cabanillas ou Otero Pedrayo. Fixeron a primeira Asemblea Nacionalista coa que decidiron os seus principais obxectivos como: .

• Cooficialidade entre o galego e o castelán
• Crear unha institución para solucionar os problemas de Galicia
• Fomentar o ensino e a cultura do pobo galego…

As Irmandades fomentaban a participación na política e na cultura. Esta última liderada por Vicente Risco.

O traballo cultural das Irmandades dividiuse en varias direccións.
• Centráronse no traballo a prol do emprego da lingua en distintas institucións como: o ensino, actos culturais, etc.
• Co xornal A Nosa Terra axudaron a potenciar a actividade editorial. Fundaron editoriais como Céltiga, Lar ou Nós. Nestas promóvense a narrativa breve e de carácter popular.
• Funda conservatorios e escolas de actores.
• Un universitario crea o Seminario de Estudos Galegos para investigar e interpretar a realidade de Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 23-11-2009 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
camiño longo (ramón cabanillas)
Camiño, camiño longo,
camiño da miña vida,
escuro e triste de noite,
triste e escuro de día...
¡camiño longo
da miña vida !
Verea, verea torta
en duras laxes aberta,
arrodeada de toxos,
crebada polas lameiras...
¡verea torta, ti onde me levas!
Camiño, camiño longo.
A choiva, a neve e as silvas
enchéronme de friaxe,
cubríronme de feridas...
¡camiño longo da miña vida !
Verea, verea fonda
de fontes tristes, sen auga;
sen carballos que dean sombra,
nin chozas que dean pousada..
¡verea fonda, ti cando acabas!


manel
Comentarios (0) - Categoría: OUTONO - Publicado o 23-11-2009 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Arbore solitaria no outonoOUTONO:


- 3 poemas sobre o outono:



Chega o outono
Caen as follas
Chove de carallo
Na nosa filla ( Galiza)


Os dias grises
Co ceo morto
Pasan as aves
Con moito devagar.



O ocaso aproximase
As nubes resoan
Os que non corren
Voan.





- Texto descriptivo sobre o tema do outono:

Nunca tarde gris triste con moitos chubascos as arbores non ten cores coas suas follas caidas polo chan mustias esperando a vexetacion volver espirse de verde na primaveira.

vídeo
Comentarios (0) - Categoría: OUTONO - Publicado o 23-11-2009 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
O OTONO de Ana
O outono é unha das máis fermosas estacións do ano. É cando as follas son pintadas de marróns e ocres e caen ao chan, coa axuda do forte vento do outono que cubre os parques e as rúas dun manto de follas.

Hai algúns días de moito frío, chuviosos, pesados e máis escuros, nos que todo o que podes facer é estar detrás da ventá mirando as gotas de choiva golpeándoa e observando os paraugas de cores brilantes das diferentes persoas que os empregan para protexerse da forte e fría choiva.
Comentarios (0) - Categoría: OUTONO - Publicado o 23-11-2009 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
O outono en Galicia
A imaxe está composta por un chan cheo de follasO outono é a terceira estación do ano e é a etapa pola cal os árbores van perdendo paseniño as súas follas. É unha época de ledicia, caracterizada pola presenza de tempo cambiante. No outono comezan as clases, polo tanto é unha época de amargura. Pola ventá pódese observar unha imaxe que se fai sentir un algo no meu interior, un sentimento no cal se pode expresar algo de tristeza. A imaxe está composta por un chan cheo de follas de cores cálidas, coma marróns de distintos tons e algún amarelo. As árbores son frondosas e o ceo pode ser agrisado acompañado por un soliño. Unha paisaxe marcada pola ilusión da sociedade galega facendo referencia á tradición do Magosto, co seu característico arrecendo nos montes desta Galicia, cubertos co manto dos castiñeiros…
Comentarios (0) - Categoría: OUTONO - Publicado o 23-11-2009 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
Benvida ó outono

Ven onda nós outono
Dacabalo do aire;
Nos camiños da fraga
Os ourizos a abren.
síntoo cegar contento
da eterna viaxe
enredando entra as follas,
estreando friaxe

Jaime Villamil
Comentarios (0) - Categoría: OUTONO - Publicado o 23-11-2009 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
amencer de outono (Antonio Machado)
Unha longa estrada
Entre grises peníscalos,
E algunha humilde pradería
Onde pacen negros toros,zarazas,malezas,xaral-es.
Está a terra mollada
Polas gotas do recío,
E a alameda dourada,
cara a curva do río.
Tras os montes de violeta
Quebrado o primeiro albor
Ás costas a escopeta,
Entre os seus galgos agudos,
Camiñando un cazador.


cristian
Comentarios (0) - Categoría: OUTONO - Publicado o 23-11-2009 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
O OUTONO de Sara Otero
Mirando pola fiestra nun da seco e frío principalmente por ser outono , todo se vía cuberto d follas secas e ramas . Eran as seis da tarde e os nenos recollíanse xa que en outono a esa hora case non hai luz. O tempo outonal fai se mais curto xa que non é tan chuvioso como o inverno.
A vista dende un banco pola tarde era a caída das follas secas e as árbores espidas. É unha gran época para andar polos sendeiros cheos de follas. Que bonito é o outono
Comentarios (0) - Categoría: OUTONO - Publicado o 23-11-2009 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
En outono

Galicia e un Outono puro e bon,
Un río que decorre mansamente,
Lume abrasador, fértil semente,
Futuro presentido e en sazón.


E foi labrando o tempo-luz-paixón,
O seu ser escuro e transcendente,
Luíndo o corazón de toda a xente
E conformando a terra e o terrón.


Galicia é unha agarda moi madura
Que non permite prazos, dilacións,
Estancadamente, freo ou cortadura.


¡ Abonda xa de laios e cancións!
¡Non queremos ser ríos de tristura
Correndo pola vida a tropezóns!


O idioma somos nós , pobo común,
Vencello que nos xungue e ten en pé,
Herdanza secular de cada un ,
Fogar no que arde acesa a nosa fe.







Autor: Anónimo
Seleccionados por : María e Noelia
Comentarios (0) - Categoría: OUTONO - Publicado o 23-11-2009 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal