GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

No 90 aniversario da revista NÓS

O 30 de outubro celebrouse o 90 aniversario da Revista NóS esa creación colectiva da xeración de homes ourensáns e galegos bos e xenerosos como Castelao, Cabanillas ou os irmáns Vilar Ponte.
para saber máis sobre esta revista que situou a Galicia en Europa entre 1920 e 1936 podedes consultar na galipedia
Comentarios (0) - Categoría: Nós - Publicado o 29-10-2010 09:02
# Ligazón permanente a este artigo
Unha nova idea de Galicia: Do Galeguismo ao Nacionalismo
Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 29-10-2010 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
O primeiro galeguismo e o Rexurdimento
Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 29-10-2010 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Os ilustrados e precursores dunha nova etapa
No século XVIII, Galicia, como o resto de Europa, veu xurdir un movemento que representou un novo interese polas ideas e o progreso material, que coñecemos co nome de Ilustración. A chegada da nova dinastía borbónica supuxo ,paradóxicamente, un alivio do longo período de sometemento ao pobo galego. O ilustrado galego por excelencia é Frei Martín Sarmiento, que dada esta situación deuse conta de que debía "dignificar" o galego. Os progresos realizados por Sarmiento fixeron, xa no século XIX, que grupos de persoas (os chamados precursores) reivindicasen os dereitos polo galego e comezasen a escribir obras no noso idioma.

Así, nun momento dun certo auxe económico, alternado de crises terribles coma a de 1768-1879, as boas rentas que percibía o Arcebispado e a multiplicación dos mosteiros son indicios que mostran un novo dinamismo económico e cultural.
Esta época vén xusto despois dos séculos escuros, polo tanto o galego estaba non só mal visto, senón completamente prohibido.
Sarmiento vivía no século XVIII, pero era un adiantado a súa época, implantou o galego nas escolas, creou mosteiros... o exemplo de persoas como esta fixo que no século seguinte aparecesen os precursores, que xa publican obras.
VIQUEIRA MOREIRA, Manuel
Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 29-10-2010 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
Decadencia do XIV -XV e os Séculos Escuros XVI-XVIII
Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 29-10-2010 09:00
# Ligazón permanente a este artigo
O esplendor medieval da nosa literatura
A literatura galego-portuguesa floreceu no occidente da Península Ibérica durante o século XII, coma un movemento poético, sendo a única poesía escrita en lingua romance nos reinos de Galiza, esta literatura inclúe lírica sacra, profana e diferentes tipos de prosa.

Nesta época destacou o trobadorismo, que foi a primeira manifestación literaria da lingua galega. Os seus tipos de cantigas son: no xénero lírico as cantigas de amor e de amigo, e no xénero satírico as de escarnio e maldizer.
QUEIRUGA PORTELA, Miguel
Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 29-10-2010 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
Nacen o Galego e as peregrinacións a Compostela
Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 29-10-2010 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
GALLAECIA: O primeiro Reino medieval de Europa
Estes días estáse a desenvolver o Congreso internacional "1600 anos do reino Suevo de Galicia" no Pazo da Cultura de Pontevedra organizado pola Universidade de Santiago. Un evento importante para a nosa cultura.

Á par da xestación deste reino a mans dos Suevos, estábase a dar o que segundo X.Eduardo López Pereira podemos denominar o 1º Espertar cultural de Galicia.

CUESTIÓNS:
1- Quen son os principais protagonistas e cales os prinvcipais fitos deste 1º espertar cultural de Galicia?

2- Que aportaron os Suevos á Historia da nosa Lingua? Redacta unha redacción de non menos de 25 liñas sobre este tema na que procures aportar algún dato relevante sobre a influencia dos Suevos no superestrato lingüístico do galego.(Podes facer unha pequena consulta na páxina do Colexio en departamento didácticos, no Departamento de Galego na entrada titulada Historia da Lingua onde atoparás algo máis de información sobre a pegada dos Suevos na Lingua).

3- Observando o mapa dinámico do territorio do Reino de Galicia dende a época romana ano 19 ata o século XIX, comenta cada unha das etapas e estensión do seu territorio.

No 409 establecéronse no noroeste da Península Ibérica os suevos, pero non impuxeron a súa lingua, polo contrario tiveron que adoptar a lingua materna dos galaicos, o latín vulgar. Pouco despois incorporáronse os visigodos, que tampouco impuxeron a súa lingua debido á acción da corte de Toledo.

As aportacións deixadas polos pobos xermánicos que se superpuxeron ao latín galaico, o superestrato, son:
*Léxico de procedencia sueva: laverca, lobio, britar, feltro...
*Topónimos acabados en -riz(=que ten autoridade): Guitiriz, Allariz, MOndariz, Arxeriz...
*Topónimos finalizados en -mil, -mir, -miro (=famoso): Castromil, Samil, Boimil, Valdomir, Valdomiro...
*Topónimos acabados en -monde, -munde, mondi, -mundi (=protección): Baamonde, Rocamonde, Taramundi, EXtramundi...
*Topónimos coa terminación -ar (=exército) e -mar (=cabalo): Baltar, Gondar, Tosar, Remesar...; Gondomar, Ansemar...
*Topónimos que acaban en -ulfe, -olfe, -ufe (=lobo): Frexulfe, Randulfe, Trasulfe, Gondufe...
*Topónimos coas palabras godo ou suevos: Godas, Godón, A Gudiña, Vilagude, Suevos, Suegos...
*Lexico militar e político xudicial: elmo, guerra, frecha, espiar, dardo, gañar, vasalo, feudo...
*Outros verbos e adxectivos: morno, rico, danzar, esmagar, guiar, branco, gris, escarnecer, tripar, arranxar...
*Antropónimos: Adela, Afonso, Álvaro, Bertnardo, Carlos, Elvira, Fernando, Henrique, Leonardo, Luís, Matilde, Ricardo, Rodrigo, Xerardo...
*A terminación -iz, -is, -ez e -es dos apelidos (=que significa fillo de): Mauriz, Fernández ou Fernandes, Pais, Méndez ou Mendes, López ou Lopes, Pérez ou Peres, etc.
*Das vagas celtas procedentes de Bretaña, establecidas na diocese de Britonia, consérvanse poucas palabras: os topónimos de Bretoña (A Pastoriza), Bretoña (Barro), Bretonía, Bertoña... e o mome Maeloc.

Gabriel Martínez Loveira
Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 05-10-2010 18:17
# Ligazón permanente a este artigo
Antes do Galego, GALLAECIA ROMANA:
Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 05-10-2010 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
As raíces da nosa lingua
Aquí explicaremos as Orixes da Nosa Lingua No Preindoeuropeo e O Indoeuropeo,Os distintos Povos e as Pabras que obtemos daquela Época.

Os primeiros habitantes de Galicia eran de orixe preindoeuropea e ao igual que os indoeuropeos deixaron a súa pegada na lingua galega.O Substratos preindoeuropeos cronoloxicamente, están situados na Idade de Pedra, e fórmanos distintas etnias convivindo no noroeste da península Ibérica.O Substrato indoeuropeo desprázase até a península e se superpoñe ás etnias anteriores.

Distintas Etnias Preindoeuropeas:

* Euroafricano ou mediterráneo (desde o Norte de África ata os Alpes),nos deixou palabras como cosco, mata, quiroga e variantes (queiroga, queiruga, queiroa...), carqueixa, carrabouxo, carrasco...
* Hispano-caucásico (desde o Atlántico ao Cáucaso, na Europa meridional), con voces como coto, amorodo e variantes, sobaco, gorro ...
* Tirrénico (no Mediterráneo), do cal xurdiron touza, morea, petouto, lastra, barro, cama, veiga, varcia, gándara...

Linguas Indoeuropeas:
Linguas Protoceltas:Algúns dos restos que deixaron no galego son os topónimos co sufixo -asc- e -usc- (Viascón, Tarascón, Velasco, Ledusco...), xunto con cabana, canastro, cabazo, cabaceira, páramo...

Linguas Celtas:As palabras tomáronse ás veces directamente do celta, como foron beizo, laxe,lousa, lama, boroa, croio / coio, bico, berro, bosta, billa, berce, bugallo, centola, seara, bágoa, vasoira, colmo (=palla), gancho, braña, virar, alpendre, touciño, tona... Noutras ocasións, debido ao duradeiro contacto entre celtas e romanos, incorporáronse ao latín: camisa, braga, cabalo, carro, cervexa... E tamén foi na toponimia onde temos herdanza léxica deixada polos celtas: a terminación -obre ou -robe (Landrove, Lestrobe, O Grove, Barallobre, Illobre, Anzobre, Callobre, Canzobre, Montrobe, Tiobre, Pantiñobre...), o sufixo -brica ou -briga, que significa fortaleza (Brigantium, Bergantiños, Coimbra...)

GONZÁLEZ FREIRE, Gabriel
Comentarios (0) - Categoría: HISTORIA DA LINGUA - Publicado o 05-10-2010 18:11
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal