GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

RAFAEL DIESTE, ERA UN HOME DA VANGARDAS
Non podemos ignorar que a súa aportación á literatura galega non teña unha intención moi diferente á da Xeración Nós, no referente ao seu interese por modernizar e universalizar a prosa coa súa obra Dos arquivos do trasno, pero certos relatos se sitúan en terreos máis experimentais (xira ao redor das obsesións, intrigas psicolóxicas e as experiencias extraordinarias) que xa se insinuaban aínda que son ben diferentes das que lemos de Risco ou Otero, e por suposto, distintos aos de Castelao, aínda que haxa textos que nos lembran ás Cousas. Lembra un dos relatos máis coñecidos Sobre a morte de Bieito.

Por outra banda, Dieste na súa prosa e no seu teatro tamén, como fixeron as vangardas galegas, non perde nunca a conexión coa terra e co xeito de contar do pobo, cargado de ironía, esa forma de contar na taberna, un espazo habitual a taberna mariñeira.

precisamente un dos seus relatos acabará sendo unha dramática "O drama do cabalo de axedrez" aínda que a súa maior aportación ao teatro é
a súa comedia A fiestra baldeira. Nela tamén experimenta unha reformulación das fórmulas teatrais, digamos tradicionais, con elementos como a introdución dese cadro perturbador que adquire un gran valor simbólico e que é o que fai que se evidencie o conflito, o celme da acción dramática que xira ao redor da identidade individual e colectiva fornta a falsa apariencia. A estrutura é clásica en tres lances.

Lembremos que D. Miguel era un humilde mariñeiro emigrante ao que lle foi ben e quere, de volta en Galicia, colgar na súa casa un retrato que lle lembre o seu pasado...


Comentarios (0) - Categoría: AS VANGARDAS - Publicado o 09-01-2019 21:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal