GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Contidos da proba de xaneiro
Castelao: vida e obra.
Característica da súa prosa.
Temáticas de Cousas.

Manuel Antonio; Vida e obra.
Características da súa poesía.


Comentario de textos: sobre Cousas de Castelao que no libro de texto aparece un exemplo nas páxinas 89-90-91, o manifesta Máis alá e poemas do libro De catro a catro de Manuel Antonio.

No libro de texto podes consultar as páxinas: Manuel Antonio 27, Castelao 71
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-01-2015 06:49
# Ligazón permanente a este artigo
Manuel Antonio e as vangardas

BIOGRAFÍA:
Manuel Antonio naceu 12 de xullo de 1900 en Riaxo no seo dunha familia conservadora, Aos dous anos foi vivir a Padrón por causa da tuberculose que padecía seu pai, e da que morrería cando Manuel Antonio só tiña catro anos. Viviu primeiro na casa da avoa materna e despois co seu tío crego José Sánchez Vázquez, sochantre na igrexa de Iria Flavia.
As primeiras ensinanzas recibiunas neste ambiente dominado polo conservadorismo e a relixiosidade, contra o que xa dende ben novo combatería o seu espírito inquedo. En 1919, Rafael Dieste e Manuel Antonio escribíronlle a Castelao para que actuase como intermediario entre eles e Vicente Risco. No ano 1919, seguindo os consellos do seu curmán Roxelio, comezou os seus estudos de náutica en Vigo, nesta cidade onde terá ocasión de participar na II Asemblea Nacionalista (celebrada en 1921) e de coñecer persoalmente os membros máis sobranceiros do galeguismo
A partir de 1921 Manuel Antonio comezou unha intensa actividade literaria. Colaborou en revistas (entre elas Alfar, da Coruña, na que participan importantes vangardistas da literatura española) e xornais, e mesmo formou parte do consello de redacción dunha delas, Ronsel, de Lugo. En 1922 publicou, xunto o debutante Álvaro Cebreiro, o manifesto ¡Máis alá!,
Entre 1926 e 1927 fixo as prácticas de piloto da mariña mercante a bordo do pailebote Constantino Candeira, do que é capitán Augusto Lustres Rivas, a quen lle dedica De catro a catro, o poemario concibido durante as travesías nese barco. Na publicación do libro participaron Dieste, xestionando as cuestións editoriais, e mais Maside, que o ilustraría. Nos anos 1928 e 1929 fixo tres viaxes a América a bordo do buque holandés Gelria e en 1929 desembarcou en Cádiz por mor do agravamento da tuberculose que padecía, e da que só sabían uns poucos amigos. O 28 de xaneiro do 1930 faleceu na aldea de Asados (Rianxo).
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1979. En 2011 inaugurouse a súa casa-museo en Rianxo.

AS VARGARDAS
Estudaremos o contexto polo que trae no propio libro sobre as vangardas, pero tamén podemos facelo a través dun vídeo:



logo consultaremos un blog, finalmente podemos comentar os seus poemas.
Comentarios (0) - Categoría: AS VANGARDAS - Publicado o 09-01-2015 07:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal