GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ACHEGÁNDONOS A UXÍO NOVONEYRA
COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home...




1-Os poemas escollidos por esta montaxe, a que libro de Uxío Novoneyra cres que corresponden?

O tema complementario a desenvolver por mor do Día das Letras Galegas 2010 debería ter os seguintes puntos:

UXÍO NOVONEYRA: POETA DO COUREL, POETA DE COMPOSTELA, POETA DO MUNDO.

Uxío Novoneyra(1930-1999) é o poeta do Courel, mais tamén de Compostela, é dicir de Galicia. Esta duplicidade faino poeta do rural e da paisaxe, pero tamén poeta social e urbano, cunha tendencia ineludible cara ao universal, pois como o camiño a Compostela, o poeta síntese no camiño do humanidade, poeta social por compromiso coa lingua propia, co home coa liberdade.

COUREL dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home…
Os Eidos.

1- Un home do COUREL (Biografía).
2- Poeta consagrado: Os EIDOS e a poesía da metapaisaxe.
3- Poeta social: Do COUREL a COMPOSTELA.
4- Poeta da Fala oriental. O compromiso coa Lingua.
5- Poeta existencial.
6- Poesía intimista.
7- Poeta innovador e outras producións.
8- O camiño do soños do poeta.
9- Novoneyra na literatura galega.


Seguindo coas cuestións e os textos:

2- En cal das temáticas os encadrarías todos eles, agás o último?

3- Que significa soñar para o poeta? Se non o sabes consulta estoutro enlace de 2ºda ESO.

4- Cal é a temática do poema recitado polo propio Uxío Novoneyra titulado Letanía de Galicia?





5- Escoita o seguinte poema VIETNAM CANTO, tamén na voz do poeta cal cres que é a súa temática e en cal dos seus libros se atopa?



Fíxate agora neste texto de Luís Seoane do seu libro Na brétema, Sant-iago:

ORACIÓN DO ARTISTA QUE VOLTA

Queremos cos ósos da nosa testa
crocar na túa testa de pedra,
Mestre Mateo.
Andivemos polo mundo con medo.
Aínda temos medo.
Medo a todo.
Coma ti, Mestre Mateo,
quixeramos perder ese medo
aos homes, aos deuses, ás cousas,
a todo o que non sabemos.
Solicitar perdón pola nosa obra
non sabemos a quen.
Cecais
aos deuses, aos homes, ás cousas.

Dende moi lonxe vimos camiñando
pra atopar cos ollos
esta terra nosa.
Túa e nosa, Mestre Mateo.
Pra dar coa nosa testa de ósos,
na túa testa de pedra,
e decir a esta terra:
Témoste levado sempre connosco
ao través da mar e do deserto
antre homes cobizosos e vagamundos,
temendo perdernos.

Agora que estamos soios i é tarde
vimos dende moi lonxe.
dende as sombras,
coma tantos outros viñeron denantes
a oferecerte unicamente,
terra:
A nosa morte.

Amén

Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 10-05-2010 07:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal