GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Para a celebración do día do Teatro
Uf é un texto de Sechu Sende que dá moito xogo...

UF
Entrou na cafetería, prendeuse naqueles ollos, asombrouse e soubo que atopara algo… Fixo uf e comezou a…, mirouna outra vez e comezou a amala, a querela, pensou, e sentou á mesa máis achegada á cafeteira e sentiu…, uf, que comezaba a…
—Ola —dixo ela—, que queres?
—Quero… macela.

Ao día seguinte entrou á mesma hora e ela seguía alí e sentiu que, uf, que a quería, en serio, pensou. —Ola —dixo ela—, que queres?
—Quero… tila.

Ao terceiro día continuaba queréndoa e comezou a imaxinar e a necesitar, ao mesmo tempo, que ela estaba, que ela estivese, comezando a sentir iso tamén, uf.
—Ola, que queres?
—Quero… menta.

Ao cuarto día sentiu que xa non podía máis, que tiña que dicirllo. Teño que dicirllo, pensou, uf.
—Ola, que queres? -dixo ela.
—Quero... te —dixo el.

Ela abriu os ollos preguntando Como? e el dixo outra vez en baixiño Quero… te. E dixo Quero… te ao día seguinte e Quero… te ao seguinte e ao cuarto día tamén dixo Quero te e entón ela díxolle cos ollos Eu tamén.

PARA COMENTAR: Uf!, unha das claves, e a outra o xogo de palabras: Quero té ou quérote ...

Comentarios (0) - Categoría: CREACIÓNS - Publicado o 03-04-2019 20:04
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal