GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Lírica entre o 1936-76
Escolle un poeta para navegar por este período. Realizar unha pequena reseña da vida e obra do autor escollido, o seu contexto literario e comentar tres poemas, para logo expoñelo na aula.

A lírica en Galicia nos anos inmediatos á guerra civil practicamente desapareceu. Unha década na que non houbo publicacións, algunha reedición de Rosalía durante os anos 40. Temos que esperar aos anos 50 para ver editados novos títulos e experimentar unha difícil e lenta recuperación en plena ditadura.

A tres liñas que habitualmente describen esta etapa son:
Xeración de 1936: Poetas nados ente 1910 e 1920. moitos publicaran antes da guerra, pero despois do 36 serán máis coñecidos: Celso Emilio Ferreiro, Aquilino Iglesia Alvaríño, María Mariño, Ricardo Carballo Calero...

Promoción de enlace: Poetas nados entre o 1920-1930: Antón Tovar, Luz Pozo Garza...son a ponte para unha nova xeración de poetas posteriores.

Xeración das Festas Minervais: Poetas naods entre o 1930 e 1940. Coinciden na universidade e participan nos certames poéticos denominados "Festas Minervais": X.L. Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra, Manuel María, Bernardino Graña...

Neste período podemos observar dúas liñas poéticas:
Liña intimistas ou existencialista (máis frecuente nos primeiros anos como consecuencia do padecemento da represión e da amarga experiencia da guerra.

Liña social e reivindicativa (máis común nas últimas décadas) denuncia da falta de liberdade, as inxustizas, a marxinación da nosa lingua.

Podedes indagar na rede sobre os principais autores: Celso Emilio

Prazo de entrega da presentación sobre un autor/a, dos tres poemas comentados e o vídeopoema: xoves 15 de febreiro ou martes 22 de febreiro.
Comentarios (0) - Categoría: A Lírica entre o 1936-76 - Publicado o 26-01-2018 06:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal