Imos silandeiros orela do vado
Pra ver o silandeiro afogado
Imos silandeiros veiriña do ar
Antes que ise río o leve pró mar
Súa ialma choraba, ferida e pequena
Embaixo os arumes de pinos e de herbas
Ágoa despenada baixaba da lúa
Cobrindo de lirios a montana núa
O vento deixaba camelias de soma
Na lumieira murcha da súa triste boca
¡vinde, mozos loiros do monte e do prado
Pra ver o adoescente afogado!
¡vinde, xente escura do cume e do val
Antes que ise río o leve pró mar!
O leve pró mar de curtiñas brancas
Onde van e vén vellos bois de ágoa
O vento deixaba camelias de soma
Na lumieira murcha da súa triste boca
¡vinde, mozos loiros do monte e do prado
Pra ver o adoescente afogado!
¡ai, cómo cantaban os albres do sil
Sobre a verde lúa, coma un tamboril!
¡mozos, imos, vinde, aixiña, chegar
Porque xa ise río mo leva pró mar!
¡ai, cómo cantaban os albres do sil
Sobre a verde lúa, coma un tamboril!
*Un fermoso poema que parte dunha impresionante e dramática experiencia que Lorca viviu no Bierzo na porta de Galicia coa Barraca e que segundo parece González-Alegre, poeta galego-berciano como nos conta o cantautor Amancio Prada, deixou documentada para a posteridade.
Actividades: Localiza e fai un breve comentantario de dous ou tres poemas máis dos que Lorca escribiu en galego.