 Ramón Cabanillas, din os críticos que é a ponte entre o Rexurdimento e o século XX porque "recolle e peneira a inquedanza rosaliana, o celtismo de Pondal e a ira de Curros" os tres grandes autores do Rexurdimento galego, anovando o discurso literario a comezos do XX. Ademais adoita considerar como aporte o achegar a literatura galega ás vangardas por introducir a estética modernista que se pode sintetizar na evocación de espazos e tempos remotos (mitos artúricos) a introdución de novos ritmos (alexandrinos)e recursos novidosos (sensacións lumínicas e a sinestesia).
Saber de tres obras:
-Vento mareiro (Explicar a renovación literaria e modernista que emprende o poeta).
-Da terra asoballada (Apuntar a conciencia cívica co que se converte no poeta das reivindicacións do 1º terzo do século XX).
-Na noite estrelecida (Analizar o simbolismo da temática artúrica).
Tradicionalmente divídense as súas obras en dous grandes grupos:
I) Poesía lírica que ten tres direccións das que participa Vento mareiro
a)Poesía social e combativa de carácter
agrarista. (No desterro, Da Terra asoballada)
b)Poesía intimista que pode lembrar a Rosalía.
(A rosa de cen follas)
c)Poesía costumista con pegadas modernistas
II) Poesía narrativa (épica): Na noite estrelecida.
Cabanillas colabora co líder das Irmandades da Fala Antón Vilar Ponte na elaboración de dúas obras teatrais moi singular: A man da santiña e O Mariscal |