GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Probas modelo para setembro
1ª Avaliación

1-COMPRENSIÓN LECTORA/ LITERATURA: Le o seguinte texto de Vicente Risco e define brevemente os trazos vitais, a evolución e os principios ideolóxicos da Xeración Nós usando especialmente as afirmacións do texto:“Eu caracterizaría os homes de meu tempo preocupados polas cousas do espírito, dicindo que eramos- e somos-individualistas, inadaptados, antisociais, antigregarios, introvertidos... os auténticos vencidos da vida…vencidos por inadaptados…Efectivamente: introvertidos fomos ata non chegar a nós o galeguismo. Os inadaptados son por definición os insatisfeitos do mundo sensible, os inimigos da realidade cotiá, os que procuran fuxir do medio que os rodea… Peregrinamos polas cosmogonías, metafísicas e estéticas, despois de moitas viaxes polo mundo ,despois de tantas voltas e reviravoltas e trasvoltas polas lonxanías do espazo e do tempo, en procura de algo inédito que nos salvara do habitual e vulgar, viñemos dar na sorprendente descuberta de Galicia, a nosa Terra oculta ao noso ollar por un espeso estrato de cultura allea, falsa e ruín, vulgar e filistea, ofrecíanos un mundo tan extenso, tan novo, tan inédito, tan descoñecido, como os que andabamos a procurar por aí adiante…”
2- Utiliza o texto para exemplificar a importancia de certos trazos na narrativa da xeración Nós:
“Mira o que fas, Trasno. Ti naciches na aldea, ti andaches nos piñeirais, nos soutos e nas fragas; ti aínda levas na cachola un pucho de lá, e nos pés unha chancas de pao de amieiro. Qué vas facer entre homes e mulleres que están tan afastados de todo o que é propio da túa natureza; qué vas facer á beira dos sabios dunhas ciencias que non son as túas bibliotecas, duns mozos e dunha mozas que nin sequera ouviron falar de ti. Vaite; pretiño de ti están Mourente, Salcedo, Marcón, Bora; en calquera destes lugares poida que aínda quede xente da túa xente da que sabe mirar para a terra e para o ceo, e que vai vivindo agarrada ao rabo do sol e ao rabo da lúa. Se te quedaras, deixarías de ser quen es, porque aínda que rebuliras e correras non habían dar tino de ti, e toda a túa arte tería que empregarse nas sesións dos espiritistas.Vaite Trasno, vaite. Que ti non tes ocupación nestes sitios en que a xente á forza de querer ver claro se volveu cega".
( Prosas galegas, F.L.Cuevillas)
Que medo ten o autor na parte final do texto? Por que cres que se di "qué vas facer entre homes e mulleres que están tan afastados de todo o que é propio da túa natureza"?
Por que cres que di "poida que aínda quede xente da que sabe mirar para a terra e para o ceo"...? Onde vive esa xente, a quen fai referencia?
3- Enumera os títulos máis destacados da obra narrativa, ensaística e teatral de Otero Pedrayo.
4- Valores e obra de Vicente Risco.
5-HISTORIA DA LINGUA: Que sabes das Irmandades da Fala? Que sabes sobre Ramón Cabanillas?

6-Cal é a importancia do Grupo Nós para a cultura galega? Responde esquematicamente.
7-LÉXICO : Define e identifica as distintas linguas de substrato e superestrato do galego:
8- ORTOGRAFÍA:Distingue valor/balor, habano/abano e logo escribe con B/ V ou N/ -/Ñ :
Dé_eda, co_arde, mara_illa, a_elá, _asoira, _arrer, a_re_iatura, mó_il, mo_ilidade, gra_ar, a_ó,_ o_ina(fío), _o_ina(vaca), _aleirar, re_olta, e_olución, sa_er, mo_er.
Gasoli_a,estra_o, abando_ar, orde_ar, ame_azar, conde_ar, esce_a, do_ar, da_ar, enga_ar, mari_a,ni_o,espi_a, esqui_a
9-A LINGUA POR DENTRO: Define e pon exemplos dunha palabra simple, composta, derivada e parasintéticas.
Analiza as oracións seguintes (identificando o tipo de complementos):
A miña filla prestáballe a vida pracenteira. / O pai de Migueliño era un home de cera.


10-Escribimos ben: Explica nun texto breve e coherente as transformacións sociais, económicas e ideolóxicas e culturais que sofre Galicia neste 1º terzo de século.

2ª Avaliación


1- LITERATURA. Da narrativa do relato curto de Castelao á Nova narrativa galega.
2- Autores narrativos a escoller: A) Anxel Fole e Cunqueiro/ B) Blanco Amor e Neira Vilas.
3- A Lírica do 1936 ao 1976 (citar as catro liñas temáticas)
4- CELSO EMILIO FERREIRO: Vida e Obra.
5- LÉXICO E EXPRESIÓN: 5 Sinónimos e 5 antónimos da palabra paz.
Explica a orixe da palabra Entroido e Carnaval.
Cales son algunhas das manifestacións e características orixinais do noso Entroido
6- ORTOGRAFÍA:Distingue esterno/ externo, mixto/ misto, testo/texto. Logo escribe con S/ S: gra_a, pele_a, o_í_eno, solfe_o, e_tenderse, e_tran_eiro, e _a_erar, e_presión, e_ame, _ordeira, en_alzar, en_e_ar, pai_ón, _astre, ta_a, en_iva, e_i_ir, via_ar,_ e_ualidade, e_perimentar, e_clusivo, e_cravo, fu_ir.
Escribe con X LL ou i: in_ección, e_acular, cón_uxe, ce__a, _acer, abo_ar, burbu__a, coe__o, sa_a,pele_a,pra_a. Distingue faia/ falla, oio/ollo, valla/vaia.
7- GRAMÁTICA: Identifica nas seguintes oracións as funcións sintácticas:
8- LINGUA E SOCIEDADE: A variedade xeográfica do bloque central características.
Ergueuse cansa pola mañá. Non durmira nada.

As botas foron feitas polos zapateiros.

Parecía un home novo.

Aldara léullelo onte.

Arrepentiuse de todos os pecados.

Deixou o cómic acabado.

9 e 10 TEXTOS Dos seguintes poemas
indica autor, tema e principais recursos:

Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.

Digo Moraima
e ponse azul a alba.
Cando quero soñar
digo Moraima.

Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.
Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.

Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.

Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima.




Teño o corazón senlleiro
e orfo na noite fría.

Non importa, agardarei
polo albor do novo día.

Teño lobos, teño sombras,
teño a sorte fuxidía.

Non importa, agardarei
polo albor do novo día.

Está mudo o reixiñol
que outrora cantar solía.

Non importa, agardarei
polo albor do novo día.

Que está comigo a esperanza,
fiando, fía que fía…

Ela fía i eu confío
no albor do novo día.

3ª Avaliación


1. GRAMÁTICA: Clasifica as oracións seguintes en transitivas ( reflexiva ou non, recíproca) intransitivas, atributivas e pasivas:
André xoga no Celta.
A alcaldesa foi apupada polos cidadáns.
A moura peiteábase na fonte.
Danse bicos os paxaros.
Fora o máis aplicado de todos os alumnos.
Rebelouse contra o sistema.


2. Tipos de suxeito: expreso, elidido, impersoal, sen suxeito:
Estes días fñalase moito dos beneficios da reciclaxe.
Hoxe, as empresas precisan bos empresarios e mellores traballadores.
Utilizamos os teus exemplos na clase de lingua.
Ao lado da farmacia construise un edificio novo con sete andares.
Deixa a festa para calquera outro día.
Correron todos cara a casa de Xoán.

3. LÉXICO: Escribe un exemplo de cada antónimo: gradual, complementario e recíproco.
Explica usando a copla os distintos nomes dos días da semana en galego:
Hoxe é luns, mañá é martes,
corta feira logo vén,
de mañá en oito días
éche a semana que vén.

4. LÉXICO Emparella os adverbios e as locucións adverbiais que teñan o mesmo significado.
A. quizais B. amodo C. gratis D. axiña E. tarde
F. abofé G. moito


5. ESCRIBIR BEN: Coloca grupos consonánticos ou non:
di__ionario, obxe__ión, conce__to, ado__ción, ecli__se
descri_ción, ___eumático, a___ión, olfa__to, confli__to, di__tado, produ__ión, produ__to, a__ome, su__miso, di__tongo // c_ avo, dob_ar, p_aza, b_ancura, f_ouxo, c_aro, esc_avo, p_uma,

6. LITERATURA: Expresión 20 liñas: LETRAS GALEGAS 2015.
7. LITERATURA: A NARRATIVA ACTUAL
8. LITERATURA: A POESÍA ACTUAL ( a escoller: define os trazos da xeración dos 80 ou dos 90)
9. LITERATURA: O GRUPO ABRENTE Como xurdiu, que aporta ao teatro actual? Autores?
10. SOCIOLINGÜÍSTICA: Comenta os gráficos referidos ao uso da lingua nas últimas décdas en función dos lugares máis ou menos poboados de Galicia e das idades dos falantes.












Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-07-2015 06:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal