GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O AGRARISMO DO 1/3 DO XX

Como xa explicamos tres grandes movementos transforman a Galicia rural e da fidalguía que dende o século XVI viñera evolucionando paseniño.

A GALICIA DO 1900:
O 10% da poboación urbana.
0 90% da poboación era labrega ou mariñeira.
O galego era a lingua do 85% da poboación.

DE QUEN É A TERRA?
Non era dos labregos. Antes eran dos mosteiros e nobres, agora está na man dos Fidalgos que esixen un pago (foro) para poder traballar nas súas propiedades.

QUEN TRABALLA NO MAR?
Os mariñeiros, pero comezan as conserveiras e condicionan o mundo da pesca.

POR QUE EMIGRAN MOITOS GALEGOS?
Moitas familias humildes emigran porque as condicións de vida non son boas e intentan melloralas fóra de Galicia.

Tres grandes procesos transformarán Galicia:
AGRARISMO: un cambio na Galicia rural.Movemento de carácter reivindicativo que pretendía rematar co sistema dos foros e planificar unha reforma agraria). Agrúpanse distintas asociacións e sindicatos (Solidaridad Gallega, Acción Gallega).Logra a desaparición dos foros o que provoca a desaparición da fidalguía.

INDUSTRIALIZACIÓN E URBANISMO: Nace a Galicia de cidades e vilas grandes.A industrialización emerxe na costa da man dunha burguesía catalá nas conservas e asteleiros.
A Galicia urbana comeza a desenvolverse (Vigo, Ferrol, Coruña e un bo número de vilas.



NOVOS MOVEMENTOS: SINDICALISMO OBREIRO E GALEGUISMO. Nestas cidades e vilas medran novos movementos: Os Sindicatos obreiros comezan a súa actividade, pero tamén o tránsito do XIX ao XX correspóndese cunha época de carencia de organizacións sociais galeguistas que irá cambiando coas Irmandades da Fala e a aparición do NACIONALISMO, movemento político que se basea no carácter diferencial de Galicia a nivel económico, social, lingüístico e xeográfico. Ten as súas orixes na conciencia lingüística que agroma coa Ilustración (Martín Sarmiento), e logo se desenvolve no XIX co Provincialismo, o Rexurdimento e o Rexionalismo. Así no XX nacerá o Partido Galeguista.

Unha Galicia nova, base da Galicia actual emerxe co novo século e que podemos definir atendendo a tres cambios básicos:
1-Da Galicia rural e fidalga á dos labregos: Agrarismo

2- Da Galicia dos Séculos Escuros á Galicia con conciencia galeguista: Galeguismo

Da Galicia rural á Galicia urbana onde comezan conflitos entre burgueses e proletarios:Sindicalismo obreiro
Comentarios (0) - Categoría: TEMPO DE IRMANDADES - Publicado o 09-11-2014 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal