GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Para COMENTAR textos de COUSAS de Castelao.
QUE É COMENTAR UN TEXTO?

Identificar un tema central ou idea que pretende comunicar un autor e argumentar cos recursos significativos do texto esa idea escollida.
Identificar o autor con respecto a un texto polo seu estilo e temática.

Un exemplo:

1-Identificar cal é o tema central dun texto
- Os recursos máis significativos que na primeira lectura nos chaman á atención, axúdannos:

"Chámanlle a "Marquesiña" e os seus peíños endexamais se calzaron. Vai á fonte, depelica patacas e chámanlle a "Marquesiña". Non foi á escola por non ter chambra que pór e chámanlle a "Marquesiña". Non probou máis lambetadas que unha pedra de zucre e chámanlle a "Marquesiña".
A súa nai é tan probe que traballa de xornaleira na casa do Marqués.

¡E aínda lle chaman a "Marquesiña"!


Argumentos: Neste texto o contraste entre a palabra Marquesa e todo o que non ten (antítese e ironía) esa meniña - iña, un personaxe central pobre e inocente/ indefenso, destacado polo diminutivo.
Tema : a inxusta división social.

2-Na procura da identificación do autor texto anterior reparamos na temática e no estilo:

A temática: A preocupación polos problemas das clases humildes e co contexto galego (conflito de clase entre a fidalguía e labregos-mariñeiros de 1º terzo do século XX).
O estilo: O lirismo e humorismo no tratamento dos personaxes para retratar a Galicia real da súa época. Prosa sinxela sen adornos,pero coidados finais.

Trátase dunha Cousa de Castelao.



CALES SON AS PARTES DUN COMENTARIO?

1-Lectura e información (se é preciso consultar palabras no dicionario)

2-Localización (xénero, autor, obra, data e contexto social e literario do texto a comentar)

3-Interpretación ou núcleo (o máis importante do comentario, mellor seguir esta orde):
a) Asunto ou resumo, tema central e punto de vista (lírico ou narrativo)
b) Estrutura (partes, relacións e elementos que as vertebran. Na narrativa: personaxes, espazo, tempo e discurso)
c) Linguaxe (por niveis: o semántico: o ton/ contido, o morfosintáctico: o ritmo/ forma e, no caso de ser poesía, o fónico: rima/sonoro)

4-Valoración (Reunir todos os argumentos e conclusións).

Exemplo de Comentario do texto: Chamámbanlle a Marquesiña.

I-LOCALIZACIÓN
Trátase dun relato de Cousas de Castelao, un conxunto de ilustracións e textos que procuran reflectir dun xeito entre realista e crítico a Galicia de comezos do XX. Atopamos temas como o mundo labrego, mariñeiro e o da emigración, tamén o da fidalguía.
O contexto literario das Irmandades da Fala e a Xeración Nós que traballan arreo polo desenvolvemento da prosa e da narrativa en galego.

II-INTERPRETACIÓN
a)Asunto:(resumo)Retrato da desigualdade imperante a través dunha meniña pobre á que chaman ?a Marquesiña? porque axuda a súa nai que traballa na casa do Marqués.
Tema: a inxusta división social da
Galicia do 1900.
Punto de vista: Un narrador en 3ª persoa omnisciente.

b)Estrutura (partes e elementos do texto):
Introdución: (L.1) o contraste rotundo entre o nome e andar descalza
Nó:Descrición selecticva da vida da meniña pobre.
Desenlace: Descúbrese o motivo do nome co que se coñece a rapaciña. Engádese un epifonema exclamativo

Personaxes: Protagonista a Marquesiña (antagonista o Marqués, secundario a nai da rapaciña).
Espazo: A Galicia de comezos do XX na praza dunha vila.
Tempo Relatado: Momentos precisos da infancia da Marquesiña.
Tempo do Discurso: Visión non lineal retrospectiva e volta ao presente.

c) A Linguaxe:(É este o apartado máis importante onde debemos non só citar recursos existentes,senón tamén argumentar a súa función no texto con respecto ao tema).
Nivel semántico ou de contido:
- Cadeas léxicas: Insistente Marques-iña (idea de meniña) fronte léxico e accións negadas por adverbios que evidencian pobreza, a escaseza aínda máis inxusta e cruel ao tratarse dunha persoa non adulta. pode enterderse incluso que a marquesiña é unha filla non recoñecida polo marqués, froito dunha relación forzada de abuso de poder (violencia de xénero).
-Recursos: Contraposición ou antíteses (rico/ pobre), Enumeración, diminutivos (debilidade e inocencia do protagonista), epíteto (probe) epifonema (ironía tráxica)
Do que deducimos ou argumentamos o seu ton crítico e emotivo para provocar un sentimento solidario cos que sofren a inxustiza.

Nivel morfosintáctico ou de forma:
- Recursos: Repetición como se dun paralelismo, anáfora se tratase ?chámanlle marquesiña? intensificación por repetición. Polisíndeton.
Do que deducimos e argumentamos un ritmo lento que incide na mirada sobre a pobre e inocente rapaza que sofre unha inxusta situación.

III- VALORACIÓN:
Trátase dun texto narrativo da prosa galeguista de comezos do XX, neste caso de corte realista e crítico, cun fondo humorismo emotivo, denuncia da desigualdade social, un dos problemas socias da Galicia que Castelao retrata colocándose ao carón dos humildes.

Trátase dun texto de Cousas, cuxo estilo une maxistralmente unha ilustración a un texto de curta extensión, cargado de lirismo e intención cunha narrativa sinxela, estrutura coidada, moi característica e persoal.


Comentarios (6) - Categoría: COMENTANDO TEXTOS - Publicado o 19-11-2013 23:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 traballos contrasta co#blgtk08#a tenrura e delicadeza
Comentario por louis vuitton replica handbags (09-05-2017 09:37)
2 fufujh jhhjkhkh bhgiguigyguyyi 2y895yyv
ewpituoiuoula leis de w hwrehrhhhhijh
kfhkhkc erhlkio lwrjlhnefr khwfk#blgtk08#hh3y rtwiuergwr ioworohouwefhdjkfsdksdf sdfhsdkfsdf idfuwehtkwhfe sdfhkwhhfekjf dfkwhfkwjhfhwfwh oihwefhwkfhwkf khrekwhfkwrkg
Comentario por hjuyghj (25-04-2020 19:57)
3 Eu sempre o interpretei como que a nena era filla i#blgtk08#lexítima do marqués froito do abuso de poder del.
Comentario por Alba (27-05-2020 22:26)
4 #blgtk08#
Comentario por jesulin (30-05-2020 20:21)
5 concordo #blgtk08#con Alba
Comentario por Nuria (19-01-2023 18:14)
6 #blgtk08#
Comentario por Certamente se lle pode dar esa interpretación. (05-02-2023 14:00)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0