Para comprendermos mellor o aporte do grupo Nós á hora de recuperar a identidade cultural e política a través da súa actividade literaria por exemplo indo na procura de mitos que compensaran a alineación cultural do país, é dicir, en palabras de Castelao unha "cultura esterilizada que nos fan mamar por biberón" Risco será un deses autores que procuran na súa escrita cousas como:
- Mitos de orixe celta.
- Exaltación do medievo ( a época anterior ao sometemento político e cultural de Galicia).
- Valoración do natural e rural fronte ao urbano e burgués.
Vicente Risco desbota a razón ou a ciencia como fonte de coñecemento real,estas levan ao esmorecemento do espírito, exalta o sentimento como facultade cognoscitiva, que permite saber e indagar na esencia das cousas (isto explica a súa fascinación polo mito a as culturas orientais). Os mitos permiten reconstruír o corpo da cultura galega, o seu espiritualismo céltico e atlántico fronte o pensamento filosófico mediterráneo.
O sentimento da Terra é esencial para definir ao home galego. A emoción dos labregos apegados á Terra, o sentimento da Natureza e da paisaxe, unha perfecta simbiose coa Terra onde se sitúa o coñecido sentimento da saudade: "adoración da terra e procura do alén"
A fala que modela o pensamento é tamén un elemento fundamental do soporte cultural propio, calquera ataque, ou mesmo, o seu abandono levará á dexeneración do espírito do noso pobo. |