GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Rematamos cun filme galego
Visualizamos unha produción galega recente que sirva de exemplo da cración cinematográfica propia e evidencie por unha banda o bon facer e pola outra os esforzos que neste terreo se están facendo para que a industria do cine na nosa lingua sexa unha realidade.

A película escollida é Pradolongo un filme de Ignacio Villar do ano 2008 da que realizaremos finalmente un comentario (especie de cine club)despois do seu pase. A idea é analizar a comprensión do visionado e o espírito crítico que como espectadores poden desenvolver pois a película trata varios problemas de actualidade e de interese, dende a relación cotiá dos adolescentes, ás diferenzas sociais entre as familias que se retratan no filme, os contrastres da Galicia Interior e a súa problemática,os problemas da minería a ceo aberto,... tamén a experiencia de establecer un contacto coa variante lingüística do galego oriental viva.
Comentarios (1) - Categoría: LINGUA E SOCIEDADE - Publicado o 19-06-2013 06:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Pero sube o vi#blgtk08#deo da obra :(
Comentario por Andrea Venn (19-06-2013 22:09)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal