GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A ÓPERA DE A PATACÓN NA NOSA VERSIÓN

A ÓPERA DE A PATACÓN, de Roberto Vidal Bolaño. Adaptación dunha obra de Bertold Brecht, coa que homenaxea ao dramaturgo e poeta alemán. Mais a obra orixinal era a ópera dos mendigos dun autor inglés do século XVIII, polo que a acción se sitúa en Londres.



AULA DE TEATRO SAN NARCISO
ACTÚAN:
Mackie: Ángel Area.
Jenny: Cristina García.
Tigre Brown: Jorge Pazos.
Policía: Miguel A. Pazos.
Conciencia-Narradora: Lucía Pereira.
Celia Peachum: Ana Pérez.
Narradora-Redactora: María É. Portabales.
Doutor Neil: Pablo Quiroga.
Soldado: Sergio Recuero.
Polly Peachum: Carla Rodríguez.
J.J. Peachum: Juan Rosales.
M. Blake: Diego Sobral.
Mary Tailer: Andrea Venn.

Músicos: Javi Bueno e Fernando Pardavila.

Luz e Son: Adrián Pazos e Omar Tilve.
Decorados: Darío Suárez e Teresa González.
Dirección: Héctor Silveiro.

CUESTIONARIO DO ESPECTADOR:
Para unha reflexión e comprensión da representación.

Características do xénero teatral
O espírito educativo e didáctico do xénero dramático que xa o tiña cando naceu na Grecia Antiga do século V a. C. é unha das principais características deste xénero literario onde o texto convértese a través da representación nunha busca da verdade, a través dunha confrontación de ideas, un conflito.
Toda obra de teatro procura provocar un conflito ao público, unha forte controversia sobre a que o espectador vai ter que reflexionar.
Os actores son os portadores dunha conduta do ser humano que é a que promove esa reflexión ese xuízo ao que o contempla.

CUESTIONARIO:
1-Cal é o conflito, a reflexión central á que nos quere levar esta obra da Ópera de a patacón?
2-Un dos recursos esenciais desta obra é o continuo intento dos actores de que coa súa conduta quede en evidencia o dobre sentido, realizan afirmacións contundentes que teñen unha dobre interpretación ou ironía. Indica tres exemplos de ironías claras ou dobres sentidos que lembres da representación:
3- Os estudosos da obra de Roberto Vidal Bolaño din que é un autor que presenta con frecuencia os denominados personaxes da derrota, que son vítimas dun fracaso dunha sociedade en crise. Que personaxes desta obra que viches cres que responden a esta descrición?
4- O tipo de personaxes que aparecen axúdanos tamén a saber o subxénero teatral no que se encadra esta obra :
Traxedia: Obra na que os personaxes que interveñen acaban enfrontadas e na que a trama remata nun desenlace fatal.
Comedia: Caracterízase por manter un ton optimista, cun final feliz e sobre todo por ter elementos de humor ou de ironía
Farsa: Procura unha acumulación esquemática de situacións caricaturescas (personaxes tipo ou pouco definidos) ó redor dun enredo cotiá onde abondan enganos.
5- Cres que a situación que se presenta pode ter algo que ver coa sociedade na que vivimos? Razoa a resposta con argumentos que remitan á obra á que asistimos.
Comentarios (1) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 03-06-2013 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Tes que subir o video#blgtk08# enteiro da obra :)
Comentario por Andrea Venn (14-06-2013 21:59)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal