GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Nós, os inadaptados
Leria, que inicialmente foi o título dunha sección periodística, recolle unha serie de ensaios e pequenas colaboracións de prensa que o propio Risco seleccionou para formar con eles este volume aparecido por primeira vez no ano 1961. Figuran nel, desde ensaios fundamentais para coñecer a evolución dos homes da xeración da que formou parte, como o titulado Nós, os inadaptados, ata relatos como A Coutado ou Dedalus en Compostela, ademais dunha breve escolma de artículos publicados na prensa antes da guerra civil.



“Eu caracterizaría os homes de meu tempo preocupados polas cousas do espírito, dicindo que eramos- e somos- os auténticos vencidos da vida…vencidos por inadaptados…Efectivamente: introvertidos fomos ata non chegar a nós o galeguismo. Os inadaptados son por definición os insatisfeitos do mundo sensible, os inimigos da realidade cotiá, os que procuran fuxir do medio que os rodea…

Despois de tantas voltas e reviravoltas polas lonxanías do espazo e do tempo, en procura de algo inédito que nos salvara do habitual e vulgar, viñemos dar na sorprendente descuberta de Galicia, a nosa Terra oculta ao noso ollar por un espeso estrato de cultura allea, falsa e ruín, vulgar e filistea, ofrecíanos un mundo tan extenso, tan novo, tan inédito, tan descoñecido, como os que andabamos a procurar por aí adiante…”

Vicente Risco

Para saber máis grazas aos traballos da Fundación que leva o nome do autos do texto anterior (contén unha unidade didáctica e un cómic da obra de Risco " A velliña, vella) este enlace onde podemos atopar máis información. E mesmo textos como " a trabe de ouro e a trabe de alquitrán
Comentarios (0) - Categoría: Nós - Publicado o 04-11-2011 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal