GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O MAGOSTO ARQUEOLÓXICO de 4º ESO B

Comentarios (0) - Categoría: OUTONO - Publicado o 17-11-2013 22:52
# Ligazón permanente a este artigo
camiño longo (ramón cabanillas)
Camiño, camiño longo,
camiño da miña vida,
escuro e triste de noite,
triste e escuro de día...
¡camiño longo
da miña vida !
Verea, verea torta
en duras laxes aberta,
arrodeada de toxos,
crebada polas lameiras...
¡verea torta, ti onde me levas!
Camiño, camiño longo.
A choiva, a neve e as silvas
enchéronme de friaxe,
cubríronme de feridas...
¡camiño longo da miña vida !
Verea, verea fonda
de fontes tristes, sen auga;
sen carballos que dean sombra,
nin chozas que dean pousada..
¡verea fonda, ti cando acabas!


manel
Comentarios (0) - Categoría: OUTONO - Publicado o 23-11-2009 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Arbore solitaria no outonoOUTONO:


- 3 poemas sobre o outono:



Chega o outono
Caen as follas
Chove de carallo
Na nosa filla ( Galiza)


Os dias grises
Co ceo morto
Pasan as aves
Con moito devagar.



O ocaso aproximase
As nubes resoan
Os que non corren
Voan.





- Texto descriptivo sobre o tema do outono:

Nunca tarde gris triste con moitos chubascos as arbores non ten cores coas suas follas caidas polo chan mustias esperando a vexetacion volver espirse de verde na primaveira.

vídeo
Comentarios (0) - Categoría: OUTONO - Publicado o 23-11-2009 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
O OTONO de Ana
O outono é unha das máis fermosas estacións do ano. É cando as follas son pintadas de marróns e ocres e caen ao chan, coa axuda do forte vento do outono que cubre os parques e as rúas dun manto de follas.

Hai algúns días de moito frío, chuviosos, pesados e máis escuros, nos que todo o que podes facer é estar detrás da ventá mirando as gotas de choiva golpeándoa e observando os paraugas de cores brilantes das diferentes persoas que os empregan para protexerse da forte e fría choiva.
Comentarios (0) - Categoría: OUTONO - Publicado o 23-11-2009 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
O outono en Galicia
A imaxe está composta por un chan cheo de follasO outono é a terceira estación do ano e é a etapa pola cal os árbores van perdendo paseniño as súas follas. É unha época de ledicia, caracterizada pola presenza de tempo cambiante. No outono comezan as clases, polo tanto é unha época de amargura. Pola ventá pódese observar unha imaxe que se fai sentir un algo no meu interior, un sentimento no cal se pode expresar algo de tristeza. A imaxe está composta por un chan cheo de follas de cores cálidas, coma marróns de distintos tons e algún amarelo. As árbores son frondosas e o ceo pode ser agrisado acompañado por un soliño. Unha paisaxe marcada pola ilusión da sociedade galega facendo referencia á tradición do Magosto, co seu característico arrecendo nos montes desta Galicia, cubertos co manto dos castiñeiros…
Comentarios (0) - Categoría: OUTONO - Publicado o 23-11-2009 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
Benvida ó outono

Ven onda nós outono
Dacabalo do aire;
Nos camiños da fraga
Os ourizos a abren.
síntoo cegar contento
da eterna viaxe
enredando entra as follas,
estreando friaxe

Jaime Villamil
Comentarios (0) - Categoría: OUTONO - Publicado o 23-11-2009 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
amencer de outono (Antonio Machado)
Unha longa estrada
Entre grises peníscalos,
E algunha humilde pradería
Onde pacen negros toros,zarazas,malezas,xaral-es.
Está a terra mollada
Polas gotas do recío,
E a alameda dourada,
cara a curva do río.
Tras os montes de violeta
Quebrado o primeiro albor
Ás costas a escopeta,
Entre os seus galgos agudos,
Camiñando un cazador.


cristian
Comentarios (0) - Categoría: OUTONO - Publicado o 23-11-2009 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
O OUTONO de Sara Otero
Mirando pola fiestra nun da seco e frío principalmente por ser outono , todo se vía cuberto d follas secas e ramas . Eran as seis da tarde e os nenos recollíanse xa que en outono a esa hora case non hai luz. O tempo outonal fai se mais curto xa que non é tan chuvioso como o inverno.
A vista dende un banco pola tarde era a caída das follas secas e as árbores espidas. É unha gran época para andar polos sendeiros cheos de follas. Que bonito é o outono
Comentarios (0) - Categoría: OUTONO - Publicado o 23-11-2009 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
En outono

Galicia e un Outono puro e bon,
Un río que decorre mansamente,
Lume abrasador, fértil semente,
Futuro presentido e en sazón.


E foi labrando o tempo-luz-paixón,
O seu ser escuro e transcendente,
Luíndo o corazón de toda a xente
E conformando a terra e o terrón.


Galicia é unha agarda moi madura
Que non permite prazos, dilacións,
Estancadamente, freo ou cortadura.


¡ Abonda xa de laios e cancións!
¡Non queremos ser ríos de tristura
Correndo pola vida a tropezóns!


O idioma somos nós , pobo común,
Vencello que nos xungue e ten en pé,
Herdanza secular de cada un ,
Fogar no que arde acesa a nosa fe.







Autor: Anónimo
Seleccionados por : María e Noelia
Comentarios (0) - Categoría: OUTONO - Publicado o 23-11-2009 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Outono, doente e murcho.
Outono, doente e murcho
Aínda és bonito e saudoso.
Adoro a túa dozura,
Como de viño que tivese as acedías
Dun morrer desexado.

Dóenme na ialma
As notas dos teus cantos sin esprendores,
Tuas froitas e froits aínda brilantes,
E teus árbores xa nus de follas.

Outono, que me deixas dormir
Riba da herba seca
Con soños de amores tardíos.
Eu che agradezo
Poder dar a esquezimentos
As agruras do vivir,
Os pensamentos mordentes, os remorsos;
Os probiños de Deus que ninguén ampara,
Os mandados inúteis
As autoridais que nos asoballan,
Os ires para algures e voltar de ningures,
As parvas axitacións e as ilusións mermas,
As rábeas dos povos aos tiráns trementes
Os rapaciños famentos,
O porvir se espranzas...

¡Outono, carabel deitado
Ao vidro cantareiro dunha fonte!
Outono, doente e murcho,
Choremos xuntos.
Polos que morren, polos que matan,
Polas notas lontanas dunha gaita infinda,
Polas follas dos árbores axitadas no vento.
Polos corpos que baixan á terra,
Polas almas qu se van e non voltan,
E por nós, sombras de ren,
E de ninguén,
Que de ninguén esperan ren.

Castelao

Comentarios (0) - Categoría: OUTONO - Publicado o 23-11-2009 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal