GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A LITERATURA GALEGA DENDE O 1976

Imos analizar a Lírica, a Narrativa e o Teatro galegos dende a morte de Franco, a evolución das últimas décadas, as tendencias que se poden observar, ademais de coñecer algúns autores e autoras máis destacados e as súas obras.

A LÍRICA DOS ÚLTIMOS TEMPOS
A lírica galega podemos que experimenta un antes e un despois da publicación do libro de Méndez Ferrín Con pólvora e magnolias(1976) Podemos dicir que con este libro comeza a apertura temática e outras tendencias como son as seguintes usadas por distintos poetas posteriores que seguen vixentes, en gran medida, ata hoxe:
Culturalismo:Tendencia a incluír referencias literarias, filosóficas, pictóricas, mitolóxicas de diferentes lugares e épocas poñendo en relación a nosa cultura con outras.
Experimentalismo:Hai un interese por experimentar coa formas e ritmos nos poemas.
Apertura estética: Sen abandonar os temas sociais recuperan espazo o amor, o erorismo, a paisaxe o paso do tempo, nunha perspectiva máis aberta e directa.
Po outra banda, autoras da mesma xeración que Ferrín, Mª Xosé Queizán ou Xohana Torres podemos situalas como precedente inmediato do Protagonismo feminino:Xorden un gran número de poetas creadoras que abordan unha óptica feminista: Chus Pato, Luisa Villalta, Olga Novo, Ana Romaní, Marta Dacosta, Lupe Gómez, María do Cebreiro, Yolanda Castaño...

Poetas e obras:
Lois Pereiro: poesía marcada pola lembranzas das viaxes e a actitude radical ante a vida, cara á marxinalidade e unha morte precoz. Poesía última de amor e enfermidade

Manuel Rivas, que logo veremos na narrativa.

Ana Romaní: Coa idea de habitar ás marxes, fo´ra do pensamento único, unha poesía protagonizada por mulleres que se rebelan conta a historia Das últimas mareas


A NARRATIVA GALEGA ANTE O CAMBIO DE MILENIO

Coa Democracia e a introdución do galego nos centros de ensino o mundo editorial galego vai experimental un revulsivo que se notará claramente no incremento de textos narrativos.

As tendencias que se seguen son as seguintes:
- Non hai ruptura coas xeracións anteriores. Coexisten cos novos autores os xa citados Ferrín ou Mª Xosé Queizán.
- Nacen coleccións de novos xéneros de inspiración urbana: novela policial, de reportaxe, histórica, fantástica, erótica...nas que destacan autores como Suso de Toro ou Manuel Rivas.
-Multiplícanse as editoriais e os premios literarios que alentan a creación.
-Autores que comezan sendo poetas pasan logo á narrativa diminuindo a temática rural e realista como Manuel Rivas.
- Aumentan os autores da literatura infantil e xuvenil como Agustín Fernández Paz, Marilar Alexandre.
-Increméntase tamén a literatura escrita por mulleres e de temática feminina e feminista como por exemplo Anxos Sumai, Rosa Aneiros, Teresa Moure.


O TEATRO GALEGO CONSOLIDANDO A SÚA PROFESIONALIZACIÓN

A importancia do Teatro independente e dos Festivais de Teatro para a profesionalización progresiva do sector con autores destacados como:

Roberto Vidal Bolaño: Teatro social antifranquista Laudamuco, señor de ningures ou Saxo tenor.
Manuel Lourenzo: Fedra (recreación do tema mítico), Veladas indecentes (teatro experimental).

Comeza tamén un labor no teatro dirixido ao público infantil e xuvenil.
Comentarios (0) - Categoría: O MUNDO LITERARIO GALEGO NA ACTUALIDADE - Publicado o 27-05-2019 06:41
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal