GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

UN MAPA DA POESÍA GALEGA MÁIS RECENTE


Despois de Poetízate aparece Poética de Fran Alonso. POÉTICA

De Manuel Rivas, poeta a Yolanda Castaño, poeta.




Comentarios (0) - Categoría: POETÍZATE - Publicado o 22-03-2015 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
AS CINCUENTA SOMBRAS DE ROSALÍA
Imos lembrar a Rosalía, especialmente na súa condición de muller, dende este 24 de febreiro no que naceu ata o día 8 de marzo, día da muller traballadora.

Rosalía cantou a sombra coma ningunha outra muller o fixo nos seus tempos nos que a condición da muller era de total subordinación e dpendencia. Canta a unha sombra simbólica e plurisignificativa que nos fai reflexionar sobre moi diversos aspectos da existencia humana. a negra sombra:

Comentarios (0) - Categoría: POETÍZATE - Publicado o 24-02-2015 06:56
# Ligazón permanente a este artigo
Co día da poesía
"Excítanme eses días
de flores sen alcance...
e marzo que aínda insiste
en debuxar con xiz as ameixeiras"

Manuel Álvarez Torneiro, Os ángulos da brasa

Poetizarmos é un proceso de sensibilización, de seren capaces de ver con outros ollos, con ollos de poeta o mundo e de coñecérmonos a nos mesmos.

Celso Emilio Ferreiro:

Outro enlace para Celso Emilio

Manuel María

Federico García Lorca, tamén en galego:

Comentarios (0) - Categoría: POETÍZATE - Publicado o 21-03-2014 06:47
# Ligazón permanente a este artigo
Unha alborada para Galicia
Rosalía de Castro naceu un 24 de febreiro de 1837. Hoxe celebramos ese día lendo e traballando o seu poema ALBORADA co que Rosalía incorpora esoutra mirada sobre Galicia.

Este é o poema co que pecha simbólicamente o seu libro Cantares Gallegos:

Vaite, noi-
te,—vai fuxin-
do.—Vente auro-
ra,—vente abrin-
do,—co teu ros-
tro,—que, sorrin-
do,—¡¡¡a sombra espanta!!!

¡Canta,
paxariño, can-
ta—de ponliña en pon-
la,—que o sol se levan-
ta—polo monte ver-
de,—polo verde mon-
te,—alegrando as her-
bas,—alegrando as fon-
tes!...

¡Canta, paxariño alegre,
canta!
¡Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.

Noite escura
logo ven
e moito dura
co seu manto
de tristura.
Con meigallos
e temores,
agoreira
de dolores,
agarimo
de pesares,
cubridora
en todo mal.
¡Sal...!

Que a auroriña
o ceu colora
cuns arbores
que namora,
cun sembrante
de ouro e prata
teñidiño
de escalrata.
Cuns vestidos
de diamante
que lle borda
o sol amante
antre as ondas
de cristal.

¡Sal...!
señora en todo mal,
que o sol
xa brila
nas cunchiñas do areal;
que a luz
do día
viste a terra de alegría;
que o sol
derrete con amor a escarcha fría.

II

Branca auro- ra
ven chegan- do
i ás porti- ñas
vai chaman- do
dos que dor- men
esperan- do
¡o teu folgor!...
Cor...
de alba hermosa
lles estende
nos vidriños cariñosa,
donde o sol tamén suspende,
cando aló no mar se tende
de fogax larada viva,
dempois leve, fuxitiva,
triste, vago resprandor.
Noite escura
logo ven,
e moito dura
co seu manto
de tristura,
con meigallos
e temores,
agoreira
de dolores,
agarimo
de pesares,
cubridora
en todo mal,
¡sal!...
¡Sal!
Señora en todo mal,
que o sol
xa brila
nas cunchiñas do areal,
que a luz
do día
viste a terra de alegría,
que o sol
derrete con amor a escarcha fría.
¡Arriba
todas, rapaciñas do lugar!,
que o sol
i a aurora xa vos vén a dispertar.
¡Arriba!
¡Arriba, toleirona mocidad!,
que atru-
xaremos-cantaremos o ¡¡¡ala...lá!!!...









Comentarios (0) - Categoría: POETÍZATE - Publicado o 25-02-2014 07:32
# Ligazón permanente a este artigo
Comezamos con Rosalía

A poesía contemporánea non se entende sen Rosalía, é o comezo da lírica moderna, ademais está de aniversario, o día 24 de febreiro naceu Rosalía en Compostela, este ano celébranse os 150 da publicació n do seu primeiro libro en galego, Cantares Gallegos.

Imos escoller un texto de Rosalía e dos seus cantares por ver como se le a súa poesía dende o século XXI, imos ver como soa e que cousas nos transmite.

Escollemos un poema moi coñecido:






Castellanos de Castilla.

Castellanos de Castilla,
Tratade ben ós gallegos;
Cando van, van como rosas,
Cando vên, vên como negros.

—Cando foi, iba sorrindo;
Cando veu, viña morrendo;
A luciña d'os meus ollos,
O amantiño do meu peito.

Aquel máis que neve branco,
Aquel de doçuras cheyo,
Aquel por quen eu vivia
E sin quen vivir non quero.

Foi à Castilla por pan,
E saramagos Ile deron,
Déronlle fel, por bebida,
Peniñas por alimento.

Déronlle en fin, canto amargo
Tén a vida no seu seo...
¡Castellanos, Castellanos!
Tendes corazon de ferro.

Ay! no meu corazonciño,
Xa non pode haber contento,
Qu' está de dolor ferido,
Qu' está de loito cuberto.

Morreu aquel qu' eu queria,
E, para min, n' hai consuelo,
Sólo hai para min, Castilla,
A mala lei que che teño.

Premita Dios, Castellanos,
Castellanos que aborreço,
Qu' ántes os gallegos morran,
Qu' ir a pedirvos sustento.

Póis tan mal corazon tendes
Secos fillos do deserto,
Que si amargo pan vos ganan
Dádesllo envolto en veneno.

Aló van, mal pocadiños,
Todos d'esperanzas cheyos,
E volven ay! sin ventura,
Con un caudal de despreços.

Van probes, e tornan probes,
Van sans, e tornan enfermos,
Qu' anq' eles son como rosas,
Tratádelos coma negros.

¡Castellanos de Castilla.
Tendes corazon d' aceiro,
Alma como as penas dura,
E sin entrañas o peito!

En trós de palla sentados,
Sin fundamentos, soberbos,
Pensás qu' os nosos filliños,
Para servirvos naceron.

E nunca tan torpe idea,
Tan criminal pensamento
Coupo en máis fátuas cabezas
Ni en máis fátuos sentimentos.

Que Castilla e Castellanos,
Todos nun monton, a eito,
Non valen o que un-ha herbiña
D'estes nosos campos frescos.

Solo peçoñosas charcas
Detidas no ardente suelo,
Tès Castilla que humedezan
Esos teos labios sedentos.

Que o mar deixoute olvidada
E longe de ti correron,
As brandas auguas que traen,
De prantas cen semilleiros.

Nin arbres que che den sombra,
Nin sombra que preste alento...
Llanura e sempre llanura,
Deserto e sempre deserto...

Esto che tocou coitada,
Por herencia no universo,
¡Miserable fanfarrona!...
Triste herencia foi por certo.

En verdad non hay, Castilla,
Nada como ti tan feyo,
Qu' ainda mellor que Castilla,
Valera decir inferno.

¿Por que aló foches, meu ben?
Nunca tal houberas feito,
Trocar campiños frolidos
Por tristes campos sin règo.

Trocar tan craras fontiñas,
Rios tan murmuradeiros,
Por seco polvo que nunca,
Mollan as bágoas do ceo.

Mas ay! d' onde a min te foches
Sin dor meu sentimento,
y aló á vida che quitaron,
Aló a mortiña che deron.

Morreches, meu quiridiño,
E para min n' hay consuelo,
Qu' ond' ántes te via, agora
Ja sólo un-ha tomba vexo.

Triste com' a mesma noite,
Farto de dolor o peito,
Pídolle á Dios que me mate,
Por que xá vivir non quero.
.
Mais en tanto no me mata,
Castellanos qu' aborreço,
Hei, para vergonza vosa,
Héivos de cantar gemendo.

¡Castellanos de Castilla

Tratade ben ôs gallegos;
Cando van, van como rosas
Cando vên, vên como negros!




Pero debemos saber que este poema está escrito no XIX nun contexto no que Galicia viña sendo maltratada mesmo na literatura como evidencian a selección de textos como:

"Los gallegos vinieron al mundo para descanso de los animales" (Tirso de Molina)

, "Bien es que seas gallega/ Como sardina arencada…/ Y tienes tan grande gala/ En el mal, que no se iguala/ Ninguna en tus malas tretas" (Jaime Orts 1594)

"Hay gallega, rolliza como un nabo/ entre puerca y mujer, que baja al río/ y lava más gualdrapas que un esclavo/ cantando como un carro en el estío" (Lope de Vega)



Comentarios (0) - Categoría: POETÍZATE - Publicado o 19-02-2013 07:00
# Ligazón permanente a este artigo
O PLAN LECTOR COA POESíA EN GALEGO
Este mes de abril estamos traballando co libro POETÍZATE, unha seleción particular do tamén poeta Fran Alonso, que co pretexto de ler poesía está amosándonos que a poesía pode resultar unha lectura amena, atractiva e interesante. Estamos lendo este libro cadaquen como quere, procurando, iso si, poñer en común na aula, cada día, por vontade propia ou por invitación do profesor por veces. Na posta en común xorden cousas moi curiosas, lecturas diversas e achegamentos a poetas e temas insospeitados. Mesmo andamos a construír poemas de cando en vez e descubrimos que na clase, entre os nosos compañeiros/as hai tamén poetas e poetisas. O outro día sen ir máis lonxe leron na clase dous poemas imitando a técnica da "Letanía de Galicia" de Novoneyra, realmente sentidos e bonitos. Se os autores queren colgaremos algunha destas creacións aquí. Mentres tanto seguimos poetizándonos.
Comentarios (0) - Categoría: POETÍZATE - Publicado o 22-04-2012 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Poesía con Rosalía
Escollemos, para ser orixinais, un poema de Rosalía para celebrar o Día Internacional da Poesía. Seleccionamos un poema titulado "Campanas de Bastabales" e falamos un tanto antes dos "Cantares Gallegos" como libro no que a poetisa cede a voz a galegos e galegas sempre. Ademais de lembrar o emigrante de "adios, ríos, adios fontes..." e a súa despredida da Terra, puxemos outro pequeno e breve exemplo:

-Teño tres pitas brancas
e un galo negro,
que han de poñer bos ovos
andando o tempo;
i hei de vendelos caros
polo xaneiro;
i hei de xuntalos cartos
para un mantelo;
i heino de levar posto
no casamento;
i hei... -Pois mira, Marica,
vai por un neto*,
que antramentres non quitas
eses cerellos**,
i as pitas van medrando co galo negro,
para poñelos ovos
e todo aquilo
do xaneiro, dos cartos
e o casamento,
miña prenda da ialma,
vamos bebendo!



Neste poema vimos unha estrutura dialogada, no que ademais de mellorar o coñecemento de léxico hoxe en desuso como "neto*: vaso de viño" e "cerellos**:farrapos, roupa vella" lembramos o conto da leiteira e o cántaro que racha cos soños dunha rapaza, que no caso do poema son desexos de casamento dos que outra personaxe intenta desenganar con certa ironía "antramentres non quitas eses cerellos" para rematar nun carpe diem!, é dicir, "vamos bebendo!".
Mais o poema ao que nos interesaba chegar é dos poucos que presenta un "eu lírico" que se identifica co íntimo de Rosalía, aínda que o eu realmente diríxese a un ti (apóstrofe):

Campanas de Bastabales,
cando vos oio tocar,
mórrome de soidades.

Cando vos oio tocar,
campaniñas, campaniñas,
sen querer torno a chorar.

Cando de lonxe vos oio,
penso que por min chamades
e das entrañas me doio.

Dóiome de dor ferida,
que antes tiña vida enteira,
agora teño media vida.

Soio media me deixaron,
os que de aló metrouxeron,
os que de aló me roubaron.

Non me roubaron, traidores,
ai!, uns amores toliños,
ai!,uns toliños amores.
Que os amores xa fuxiron,
as soidades viñeron...
de pena me consumiro
n.


E por que nos interesaba chegar a este poema? Para falar da saudades e das soidades. Fixemos varias preguntas para comprensión do poema como:
1- Que recurso literario se asocia ás campás na primeira estrofa?
Falando da personificación das campás as intervencións dos alumnos/as leváronnos a metáfora continuada ao longo do poema das campás como símbolo da morte.
2-Que figura se agocha nos versos: " mórrome de soidades" ou " sen querer torno a chorar"? Unha hipérbole ou esaxeración que souberon axiña identificar, así como tamén os diminutivos afectivos das "campaniñas".
3- De que se doe Rosalía neste poema? Relemos as estrofas terceira e cuarta. pero se cadra antes habería que preguntarse cal é o termo real que agocha o termo "aló" nese paralelismo da quita estrofa. Hai unha palabra galega que é o Alén que seguro nos axuda a entender esta metáfora.
4-Outra cuestión que debemos desentrañar e explicar a antítese que hai entre amores e soidades. Por certo os amores son calificados de traidores (epíteto)e de "toliños" outra vez un diminitivo, e, por outro lado, as "soidades" aparecen tamén nun plural poético.


Comentarios (0) - Categoría: POETÍZATE - Publicado o 21-03-2012 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
O día 24 de febreiro comezamos
Ese día 24 de febreiro comezamos a traballar coa poesía e o primeiro paso debe ser o que vén da man da tradición oral referencia esencial para calquera dos momentos claves da poesía en galego. Na Idade Media as cantigas dos trobadore souberon beber da fonte da tradición, e cando os Séculos Escuros agostaron a nos aliteratura escrita e culta volveu a agromar a auga desta fonte inesgotable e Sarmiento e Pintos e Rosalía beberon de novo para crear os seus textos escritos e comezar así o Rexurdimento.

Comentarios (0) - Categoría: POETÍZATE - Publicado o 28-02-2012 07:52
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal