GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Da Nova Narrativa Galega e a narrativa do 80




Podemos mellorar estes traballos?
- Colocar algún texto e exemplos prácticos das técnicas e do estilo das autores da Nova Narrativa como:
a inversión do heroe...
uso do monólogo interior...
espazos sórdidos...
Comentarios (0) - Categoría: MÉNDEZ FERRÍN - Publicado o 26-04-2013 06:45
# Ligazón permanente a este artigo
O narrador de Tagen Ata e o poeta da pólvora e as magnolias.
O Ferrín polifacético:
(texto adaptado do comentariao sobre a súa obra de Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco)

A súa obra abrangue poesía, narrativa breve e novela,crítica literaria e teatro. Mais manifesta unha clara unidade na súa obra aberta a claras influencias e evolución que todo autor presenta.

A unidade venlle dada por unha forte personalidade e pola actitude cultural do escritor cultista, universalista e nacionalista. Disposto a apertura cara a Europa e ao mundo, pero fiel a nosa tradición literaria e cultural(o eco de cancioneiros medievais na poesía ou de o universalismo e o atlantismo na prosa seguindo ao grupo Nós, o celtismo de Pondal ou a recuperación doa autores das vangardas como a de Manuel Antonio). Unidade que tamén se percibe na utilización dunha riqueza léxica e de temáticas que o caracterizan, marcada por opostos: opresión e liberdade, fugacidade do tempo e nostalxia(saudade); desamor e amor, ou soidade e solidariedade. Unidade mesmo no interese pola recreación do obras e das tradicións literarias máis variadas para integralas no seu propio mundo.

Evolución en tres etapas:

1ª Ligada a Xeración das Festas Minervais ( Voce na néboa resposta a moda existencial dos anos cincuenta).

2ª Ligada a moda social dos 60 iniciada en Galicia por Celso Emilio Ferreiro e anticipada por Luis Seoane, Emilio Pita ou Lorenzo Varela (Poesía enteira de Heriberto Bens, iso si apártase un tanto desta corrente social-realista para facer un canto épico do pasado mítico da Galicia rebelde e coidar a linguaxe moi da estética formalista de Pondal)

3ª etapa anos 70 e 80. Con pólvora e magnolias. Coincide coa ruptura que o propio autor provoca na poesía galega caracterizado pola apertura temática e estilista, aínda que permanecen contidos existenciais e políticos sofren estes unha gran carga culturalista (entendido como multitude de referencias míticas, históricas, literarias ou artísticas de carácter variado e universal).

O mundo narrativo de Ferrín é aínda máis coherente pois crea un cosmos ou universo propio cunha gran fondura tanto na forma como nos contidos o seu mundo xira arredor do país Tagen Ata, modelo de nación oprimida que é a imaxe nostálxica de Galicia, pero tamén do mundo.

Constatar tres etapas tamén na narrativa:
1ªanos 1958-1964 coincidindo coa Nova Narrativa Galega relatos cheos de misterio e fantasía como Percival e outras historias, relatos de terror e cru naturismo de O crepúsculo e as formigas ou a novela obxectalista Arrabaldo do norte. O absurdo e o sentido da vida (existencialismo).






2ª Etapa dos 70 maior riqueza temática e omnipresencia da preocupación política Retorno a Tagen Ata, unha especie de xénero de politica-ficción e relatos coninfluencias de Cortazar e Borges Elipsis e outras sombras e Crónica de Nós. Súmase unha novela paralelística Antón e os inocentes ( a Galicia da posguerra e a guerra de Indochina)
3ª etapa anos 80 volta á fantasía e ás recreacións míticas: Amor de Artur, Arnoia, Arnoia e Bretaña, Esmeraldina.







ESQUEMA DO FERRÍN REPRESENTANTE DA NOVA NARRATIVA GALEGA
CONTIDO: tres liñas temáticas:
-exploración da angustia humana e o sometemento ao ambiente opresor.
-contidos socio-políticos simbólico (Retorno a Tagen Ata) realista ( No ventre do Silencio)
- reelaboración da Materia de Bretaña e relatos fantásticos.
FORMA:apertura e exploración:
-léxico moi rico
-Técnicas do monólogo interior
-Pluriperspectivismo ou relato epistolar…


O FERRÍN DE Con pólvora e magnolias (1975)

Non se entendería a poesía de Ferrín neste libro sen saber que supón unha clara renovación da poesía inmediatamente anterior a socialrealista de Celso Emilio.
-Descubrimento da linguaxe: indagar as posibilidades expresivas e estéticas.
-Apertura temática e estilística: no libro conviven múltiples contidos e formas dende a reivindicación política á intimidade cargada de lembranzas e unha nostalxia pesimista pola presenza da morte. A incorporación do erotismo vén da man do afán por experimentar, o versolibrismo, dicción entrecortada, o collage ( usando versos de diversas procedencias)…
Referencias culturais: O culturalismo referencia da mitoloxía, historia e literatura cultivando un universo que vai dende a cultura grecolatina ao mundo filosófico e literario europeo do século XX, inclusión de anglicismos, citas en francés ou italiano. Reflicte tamén o impacto dos medios de comunicación de masas na cultura.

INFLUENCIAS
-Ecos do celtismo de Pondal ou Cunqueiro.
-O substrato medieval dos cancioneiros galaico-portugueses e provenzais.
-O simbolismo francés do XIX discípulo de Pound.
-A recuperación das vangardas como o futurismo, o movemento beat, entrecortados versos, mesmo dos autores da vangarda galega pois é unha poesía que ten moi presentes os modelos dos autores clásicos da literatura galega. Cunqueiro, Otero Pedrayo…
Estrutura e temas:
A estrutura:
1ª parte 16 poemas.
2ª parte serie de Triste Stephen.
3ª un só poema a modo de epílogo “Reclamo a libertade pró meu pobo”.

Teñen todas un ton elexíaco, marcado pola “tristura do mundo” , un sentimento que está ligado á “visión tráxica do tempo” e a súa vinculación coa “morte”, unha idea existencialista do ser humano fronte o que aparece “o amor”( a dialéctica de eros e tánatos) que non consegue vencela, polo que se apodera da nostalxia, unha procura do tempo perdido nas lembranzas do pasado persoal e colectivo. A evidencia do fracaso pois a recuperación do pasado é imposible procura a decadencia, ese sentimento de derrota , naufraxio e derrube.
O epílogo evidencia que a derrota e o fracaso non só debe lerse en clave persoal ou existencial, senón tamén política. A pólvora, dinamita, fouce, puño, ferro, son constantes fronte a dalias, xacintos e camelias. Unha vivencia íntima do problema político onde se identifican as dimensións persoal e social. Unha visión optimista da historia que contrasta co pesimismo do problema existencial. O tema da liberación nacional e humana, unha visión revolucionaria e de ilusión renovada.


FERRÍN POETA

LiBROS e TEMÁTICAS
Voce na néboa (1957) ( temática existencial pesisimo cara o futuro de Galicia e a vida, propia do Brais Pinto
Con pólvora e magnolias ( 1975) e Esfinxe(1994) ruptua coa etapa social realista prima a experimentación seb deixar o contido social patriótico ( pólvora) e novas temáticas amor – erotismo ( magnolias)
Poesía enteira de Heriberto Bens (1980) E Contra Maquieiro (2005) temática social e de denuncia.

FORMA:
-Riqueza léxica
-ruptura sintáctica e verso libre.
-abundancia de recursos ( antíteses, sinestesias).

Algúns textos:

De Poesía enteira de Heriberto Bens:

" Terra de proseguir e non dar nada,
despaciosa Galicia que nos levas
acochados en tí!. Lento veleno
que pon nos ollos unha cousa verde!.

Língoa que me enche a boca enteiramente
e coma un río interno me asolaga.
Quero decir teu nome e digo apenas
xente de terra, homes lentamente
ún por ún devecendo e sendo nada.

Galicia coma un rio que se estiña,
terra de esmorecer, patria do vento!.

Quero decir teu nome e digo dorna
valeira, mergullada dorna negra,
grande arado sen bois, feira sen xente,
noite que ven, enorme noite fria...

Quixera alzar meu canto coma un puño
e pór na miña voz teu nome ergueito
pero non hai ninguén para escoitarme. "




Con pólvora e magnolias
(fragmento)



Sentarame ben chorar nesta noite

porei irlanda vilanova dos infantes dúas rosas no ferrol de ferro

e os teus ollos infideles no gume do crepúsculo

intentarei porme diantre de min por unha vez

e deixar nas portas bandeiras esfarrapadas pimentel e sirgos rotos

sentarame moi ben chorar e unha paipa

darame ese ton o'casey cuando fillos de carne miña e non de pedra pómez

desfanse en abalorios antre os deos

[...]

sentarame moi ben un descarregar horror e certa insania

porque teño un cabalo que nunca tiven a este crepúsculo

sentaranme moi ben diante dos ollos cóbregas e detalles de acibeche

que digan son eu só pérdome cinza desesperado vento foula

sentarame chorar polo meu pasado eu coma alabastro

ergueito nos abrentes illa loubada de cristal cunqueiro

[...]

digo que irmáns non teño nesta noite

digo que estou a chorar só coma quen canta

e cego o canto contra o gran silencio que estala e trae un tiro no bandullo.

Podería chamar agora
por Kerouac
porque antre os dous hai un río
de tristísimo outono
pro
prefiro contemplar
as criaturas preciosas
- xa sabedes: pérolas, ouro,
cando non cristal lucente e mármore –
de Bembo
e miro atentamente
o máis estéril
- xema, libro, lámpada –
que denote as propias
bases ou pes de barro
do meu verbo
e agoire fremosamente
a cousa a cousa
a cousa inerte
na que me vou erixindo cuidadosa e artificiosa-

mente

podería chamar agora

por Kerouac

ou mocedade perdida

porque antre os dous escoa o río

da morte.

Xosé Luis Méndez Ferrín
Comentarios (1) - Categoría: MÉNDEZ FERRÍN - Publicado o 31-05-2010 22:38
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal