GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

ANTÓN FRAGUAS, LETRAS GALEGAS 2019


BIOGRAFÍA NA RAG.

Outra biografía ilustrada (Seminario Galán)

EXPOSICIÓN: INSUELA

GUÍA DIDÁCTICA E ACTIVIDADES DA EXPOSICIÓN:

Léxico: Os seres máxicos do universo de Fraguas







Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 07-05-2019 21:52
# Ligazón permanente a este artigo
MARÍA VICTORIA MORENO: LETRAS GALEGAS 2018


Un par de exposicións:
Paisaxes e personaxes

Exposición Secundaria: Letras Galegas 2018
Guía didáctica
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 10-05-2018 19:03
# Ligazón permanente a este artigo
LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES


O colecionista de historias é o título da Exposición que instalamos nos centro sobre Carlos Casares o autor homenaxeado con gallo do Día das Letras deste 2017 e que tamén podes consultar e ver no seguinte enlace: CARLOS CASARES: O colecionista de historias.



Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 09-05-2017 07:05
# Ligazón permanente a este artigo
PRACTICAMOS MANUEL MARÍA
EXPOSICIÓN SECUNDARIA
"Eu son esta terra e esta auga"

CUESTIONARIO DA EXPOSICIÓN:
1. Que libros le Manuel María que atopaba na biblioteca do seu pai?
Panel Resposta:
2. Cita tres autores que coñeza en Lugo na súa mocidade.
Panel Resposta:
3. Cita tres autores que coñeza en Compostela na súa mocidade.
Panel Resposta:
4. Que dous grupos de persoas se reunían nos faladoiros antifranquistas?
Panel Resposta:
5. Cal é o seu primeiro libro? Que característica posúe esta obra?
Panel Resposta:
6. Cal é a súa primeira obra de teatro?
Panel Resposta:
7. De que tipo é a poesía inicial do autor? En que grupo se encadra?
Panel Resposta:
8. Que libro marca un cambio na súa poesía? Que pasa a retratar agora o poeta?
Panel Resposta:
9. Por que el e outros autores non podían publicar en Galicia as súas obras?
Panel Resposta:
10. Que funda en 1967? Para que?
Panel Resposta:
11. Para que abren Saleta e mais Manuel María a libraría Xistral?
Panel Resposta:
12. Cal é o seu poemario infantil de máis éxito?
Panel Resposta:
13. Que outro poemario centra o destinatario nos nenos da cidade? Que pretende?
Panel Resposta:
14. Cal era o principal propósito de Manuel María? Que fixo para conseguilo?
Panel Resposta:
15. Cita dúas obras de denuncia social.
Panel Resposta:
16. Indica catro temáticas presentes na obra poética de Manuel María.
Panel Resposta:
17. Segundo o autor, que dúas obrigas temos nós coa lingua?
Panel Resposta:
18. Cal é o xénero literario que máis o define como autor? Que outros xéneros cultivou?
Panel Resposta:
19. En que institución entra en 2003? A que lle dedica o seu discurso de ingreso?
Panel Resposta:
20. Despois de teres visitado a exposición, con que tres ideas definirías a figura de Manuel
María?
Panel Resposta:
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 18-05-2016 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Imos aproximándonos á figura de Manuel María


Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 17-04-2016 22:39
# Ligazón permanente a este artigo
No 2015 Filgueira Valverde.


Xosé Filgueira Valverde algúns datos.

17 de maio
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 15-05-2015 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
Díaz Castro, Letras galegas 2014
Na semana que lle dedicaremos a este autor ademais repararemos na situación actual do galego contextualizando así a celebración do Día das Letras como homenaxe literaria á vez de reflexión sobre o vigor da nosa lingua.

O autor Xosé María Díaz Castro

Información traballada na aula Exposición Díaz Castro

Para comprender o seu poema Penélope recomendamos visualizar este enlace antes de comentar o texto.
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 13-05-2014 07:14
# Ligazón permanente a este artigo
Xa podemos ver o vídeo da aula de teatro
Se queredes ver o vídeo da obra "A ópera de a patacón" na versión que fixemos na Aula de Teatro da adaptación que no seu día representara Vidal Bolaño, non tedes máis que ir á portada da páxina do centro e buscar a Revista Dixital Chan do Monte 2013.
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 30-07-2013 07:26
# Ligazón permanente a este artigo
A ÓPERA DE A PATACÓN NA NOSA VERSIÓN

A ÓPERA DE A PATACÓN, de Roberto Vidal Bolaño. Adaptación dunha obra de Bertold Brecht, coa que homenaxea ao dramaturgo e poeta alemán. Mais a obra orixinal era a ópera dos mendigos dun autor inglés do século XVIII, polo que a acción se sitúa en Londres.



AULA DE TEATRO SAN NARCISO
ACTÚAN:
Mackie: Ángel Area.
Jenny: Cristina García.
Tigre Brown: Jorge Pazos.
Policía: Miguel A. Pazos.
Conciencia-Narradora: Lucía Pereira.
Celia Peachum: Ana Pérez.
Narradora-Redactora: María É. Portabales.
Doutor Neil: Pablo Quiroga.
Soldado: Sergio Recuero.
Polly Peachum: Carla Rodríguez.
J.J. Peachum: Juan Rosales.
M. Blake: Diego Sobral.
Mary Tailer: Andrea Venn.

Músicos: Javi Bueno e Fernando Pardavila.

Luz e Son: Adrián Pazos e Omar Tilve.
Decorados: Darío Suárez e Teresa González.
Dirección: Héctor Silveiro.

CUESTIONARIO DO ESPECTADOR:
Para unha reflexión e comprensión da representación.

Características do xénero teatral
O espírito educativo e didáctico do xénero dramático que xa o tiña cando naceu na Grecia Antiga do século V a. C. é unha das principais características deste xénero literario onde o texto convértese a través da representación nunha busca da verdade, a través dunha confrontación de ideas, un conflito.
Toda obra de teatro procura provocar un conflito ao público, unha forte controversia sobre a que o espectador vai ter que reflexionar.
Os actores son os portadores dunha conduta do ser humano que é a que promove esa reflexión ese xuízo ao que o contempla.

CUESTIONARIO:
1-Cal é o conflito, a reflexión central á que nos quere levar esta obra da Ópera de a patacón?
2-Un dos recursos esenciais desta obra é o continuo intento dos actores de que coa súa conduta quede en evidencia o dobre sentido, realizan afirmacións contundentes que teñen unha dobre interpretación ou ironía. Indica tres exemplos de ironías claras ou dobres sentidos que lembres da representación:
3- Os estudosos da obra de Roberto Vidal Bolaño din que é un autor que presenta con frecuencia os denominados personaxes da derrota, que son vítimas dun fracaso dunha sociedade en crise. Que personaxes desta obra que viches cres que responden a esta descrición?
4- O tipo de personaxes que aparecen axúdanos tamén a saber o subxénero teatral no que se encadra esta obra :
Traxedia: Obra na que os personaxes que interveñen acaban enfrontadas e na que a trama remata nun desenlace fatal.
Comedia: Caracterízase por manter un ton optimista, cun final feliz e sobre todo por ter elementos de humor ou de ironía
Farsa: Procura unha acumulación esquemática de situacións caricaturescas (personaxes tipo ou pouco definidos) ó redor dun enredo cotiá onde abondan enganos.
5- Cres que a situación que se presenta pode ter algo que ver coa sociedade na que vivimos? Razoa a resposta con argumentos que remitan á obra á que asistimos.
Comentarios (1) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 03-06-2013 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
A nosa versión de Vidal Bolaño
Os alumnos/as de 4º da ESO B preparamos unha versión especial do texto do dramaturgo galego homenaxeado este a ano con motivo do Día das Letras, un traballo de adaptación de "A ópera de a patacón" no que o propio Roberto Vidal Bolaño traballaou sobre unha vella peza inglesa rescatada polo gran mestre do teatro europeo Beltolt Brecht.

Está sendo unha forma distinta de coñecer a Vidal Bolaño, de saber o que é o teatro, do traballo que está detrás dunha obra dramática, das dificultades do proceso de representación dunha obra. Levamos meses traballando e para moitos de nós é a primeira representación deste estilo que realizamos. Todo un reto que esperamos poder contar con máis detalle. Agora estamos en plenos ensaios porque pensamos estrear próximo 3 de xuño, polo que de momento non imos colgar máis que este anuncio, pero esperamos poder amosar algunha foto ou vídeo da representación.
Comentarios (0) - Categoría: LETRAS GALEGAS - Publicado o 30-05-2013 07:10
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal