GALEGOXXI



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Un par de reportaxes sobre Celso Emilio Ferreiro
Eran tempos de guerra e ditadura e a través veremos como se vai posicionando, como vai conformando unha esperanza de liberdade.

Vida e compromiso:


Obra cantada de Celso Emilio:
Comentarios (0) - Categoría: CELSO EMILIO FERREIRO - Publicado o 16-03-2015 06:32
# Ligazón permanente a este artigo
Outros poemas de Celso Emilio


Teño o corazón senlleiro
e orfo na noite fría.

Non importa, agardarei
polo albor do novo día.

Teño lobos, teño sombras,
teño a sorte fuxidía.

Non importa, agardarei
polo albor do novo día.

Está mudo o reixiñol
que outrora cantar solía.

Non importa, agardarei
polo albor do novo día.

Que está comigo a esperanza,
fiando, fía que fía…

Ela fía i eu confío
no albor do novo día.

Cuestións:POEMAS E LIÑAS TEMÁTICAS EN CELSO EMILIO

1- Que recursos literarios atopas no poema? Localízaos e intenta explicar o seu sentido.


MORAIMA

Cando quero vivir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.

Digo Moraima
e ponse azul a alba.
Cando quero soñar
digo Moraima.

Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.
Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.

Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.

Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima.


Onde o mundo se chama celanova
Un poema do amor da súa vida


2- Neste poema, ben distinto do anterior, tamén debemos localizar recursos e poñelos en relación co tema.
Comentarios (0) - Categoría: CELSO EMILIO FERREIRO - Publicado o 27-02-2015 06:46
# Ligazón permanente a este artigo
Documental sobre Celso Emilio na CRTVG
Podedes ver este traballo documental sobre a figura de Celso Emilio que programou a CRTVG de gran interese no ano do seu centenario. Ademais de por ser un autor dos que está incluído no apartado de literatura de 4º da ESO.
Este é o poeta da Longa noite de pedra o poeta da antropoética, o home é a base de toda formulación poética. El dicía que "social era toda a poesía, porque se fai para a sociedade para o hoem que vive en sociedade".



Un poema do amor da súa vida: Moraima
Comentarios (0) - Categoría: CELSO EMILIO FERREIRO - Publicado o 19-03-2012 06:22
# Ligazón permanente a este artigo
Un par de textos para o día da non violencia
"Digo bomba de fósforo.
Apenas digo nada.
Digo lombriga e larva de carne podrecida.

Digo nenos de napal,
terror de noite e de selva,
fedor de cidade e cloaca.
Fame, suor, aldraxe,
pugas de aceiro, antropofaxia.

Digo guerra bestial,
tremos de terra, crime, lume, lava,
estoupido, verdugo
e mortandade en masa.

Digo gas abafante.
Apenas digo nada.

Digo yanqui invasor,
depredador de patrias.

Digo plutonio, pentágono,
esterco bursátil, palanca,
Presidente, gadoupa,
chuvia, amargura, baba.

Digo petróleo, ferro,
Mineral, trampa,
lobo, caimán, polaris, cóbrega,
miseria, diplomacia.

Digo devastación que USA, usa.
Apenas digo nada.

Digo Vietnam i está xa dito todo
cunha soa palabra.
Pra abranguer a vergonza do mundo,
digo Vietnam e basta."


Celso Emilio Ferreiro no ano do seu centenario.
unha versión recitada aquí




Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero tí, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmáu che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmáu che falo.

Celso Emilio Ferreiro no ano do seu centenario.
Comentarios (0) - Categoría: CELSO EMILIO FERREIRO - Publicado o 28-01-2012 07:18
# Ligazón permanente a este artigo
COMEZA O CURSO: RESPECTO Á DIFERENZA, DEREITO Á IDENTIDADE

Limiar ao curso 2010/2011

RESPECTO Á DIFERENZA, DEREITO Á IDENTIDADE
IGUAIS en dignidade, DiFeReNTeS en cultura,
FALAMOS GALEGO!


A defensa da lingua propia non converte as alleas en inimigos porque o respecto que demandamos para a nosa convértenos en respectuosos e solidarios con todas as demais; ao cabo, a palabra é a produción máis especificamente humana, e mal se pode ser respectuoso co home sen selo coa lingua que fala.

Velaí, logo, que a tolerancia debe ser emblema dos loitadores pola dignificación da lingua, e nunca deben facer súas as actitudes de desprezo das que outros fan uso. Tolerantes, que non febles, nesa loita esperanzada pola dignificación da nosa lingua, é dicir, pola nosa dignificación. Orgullos@s e conscientes da nosa diferenza, esa que nos fai orixinais ante o mundo.



Comentarios (0) - Categoría: CELSO EMILIO FERREIRO - Publicado o 19-09-2010 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
MEMORIA DA LONGA NOITE DE PEDRA
Celso Emilio é o poeta da denuncia e uns dos primeiros en facer da memoria unha bandeira de liberdade.
Un dos seus grandes poemas segue soando nas gorzas dos máis novos e seguindo o ritmo dos aires máis modernos , mais segue a ser ese poema útil coa intención de ser ferramenta crítica e válida á sociedade. Escoitemos a versión de García M.C. do poema de Celso Emilio: Deitado fronte ao mar...



Efectivamente Celso Emilio é un poeta que soubo dicir ante a inxustiza e a desigualdade "non".




Estes días estamos traballando cun fermoso libro que contén dous CD con arquivos audio onde se pode escoitar recitar poemas e comentar aspectos da súa obra polo propio Celso Emilio: Fotobiografía de Celso Emilio da Editorial Ouvirmos. Precisamente podemos escoitar múltiples versións musiadas de poemas de celso Emilio. Aquí deixamos unha mostra: Longa noite de pedra
Comentarios (0) - Categoría: CELSO EMILIO FERREIRO - Publicado o 20-04-2010 18:01
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal