Melgaço.
Viaxe dos alumnos de 2º e 3º da ESO a Melgaço.
Comentarios (0) - Categoría: xeral - Publicado o 17-06-2010 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
En galego tamén se fai ciencia.

En galego tamén se fai ciencia from En galego tamén se fai ciencia on Vimeo.


Nela interveñen os investigadores: Xavier Alcalá (Tecnoloxías da información e as comunicacións), Beatriz de Carlos (Física, Universidade de Southampton), Ángel Carracedo (Instituto de Medicina Legal), Domingo Docampo (Teoría do Sinal), Edita de Lorenzo (ETS de Enxeñaría de Telecomunicacións), Marcos Mariño (Física Teórica, Universidde de Xenebra), Jorge Mira (Electromagnetismo, USC) e Elena Vázquez-Cendón (Matemática Aplicada).

En galego taénse fai ciencia.
Comentarios (0) - Categoría: xeral - Publicado o 09-06-2010 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui

Os alumnos de 4º, 5 e 6º de EP fixeron unha pqequena homenaxe a Uxío Novoneyra co motivo das Letras galegas.
Comentarios (0) - Categoría: xeral - Publicado o 27-05-2010 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Celebración das Letras Galegas 2010.

Actucaión do grupo "Ledicia".
Comentarios (0) - Categoría: xeral - Publicado o 17-05-2010 02:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Un gol pola educación.
“Un Gol pola Educación”. Este é o lema da Campaña Mundial pola Educación e respaldada pola FIFA coa que se pretende acadar a escolariación de millóns de nenos e no mundo enteiro. En Ferrol esta campaña foi promivida pola ong Entreculturas en colaboración con "Ayuda e acción".
Un dos actos desta campaña foi a celebración dun partido de fútbol entre o Racing de Ferrol e o Galicia de Caranza. Antes do inicio os alumnos do "Xesús Mestre" presentaron uns balóns nos que se destacan aspectos que favorecen a educación.
Comentarios (0) - Categoría: xeral - Publicado o 29-04-2010 15:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Coñecéronse en Nova York. Ela é galega e el brasileiro e entendéronse perfectamente porque co galego se chega a todo o mundo.

Comentarios (0) - Categoría: xeral - Publicado o 10-03-2010 19:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Martín Rivas, Belén Regueira, Antón Reixa, Susana Seivane, Luís Tosar e María Castro están orgullos@s do galego ao 100%.
Comentarios (0) - Categoría: xeral - Publicado o 03-03-2010 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Poesía e imaxe 2010.
O Concello de Ferrol, a través do Departamento de Normalización Lingüística, en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística, convoca o X Certame de Creación Artística Poesía e Imaxe En galego sen filtro.
O certame vai dirixido a todos os niveis do ensino non universitario
Educación Infantil
1º/2º/3º de Educación Primaria
4º/5º/6º de Educación Primaria
ESO
Bacharelato e Ciclos Formativos

Os orixinais deberán remitirse antes do 14 de abril a:
Equipo de Normalización Lingüística do IES Concepción Arenal
Rúa Cuntis, 1,
15403, Ferrol
Nos seguintes enlaces podénses ver a s bases do concurso e os poemas escollidos nesta edición:
- Bases do certame "Poesía e imaxe 2010" .
- Poemas certame "Poesía e imaxe 2010".
Comentarios (0) - Categoría: xeral - Publicado o 18-02-2010 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Visita ao Museo da Sociedade Galega de Historia Natural.
Visita dos alumnos de 2ºda ESO ao museo da SGHN na clase de Ciencias Naturais. Neste visita poidemos apreciar a gran diversidade da natureza galega, facendo énfase nos mamíferos mariños. Sorprendente, tamén, o exemplar de lura xigante e as lendas sobre este misterioso animal cunha bioloxía case descoñecida. Pese ao gran interese dos seus fondos e a súa cercanía era descoñecido pola maioría dos alumnos.
Comentarios (0) - Categoría: xeral - Publicado o 16-02-2010 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Premios concurso poético Magosto 09.

Galegoman agradece a participación de todos no concurso e saliente a gra calidade dos poemas presentados. Aquí temos os gañadores:

Cando chega o outono
chega o vento
e un magosto facemos
xuntos no colexio.

Francisco López Cenalmor. 1º EP

Eu quero unha castaña
cocida ou asada.
Xogar cos meus amigos
e facer as brasas.

Juan Hernándezde Armijo. 1º EP

Unha tarde de outono
trouxemos castñas
e no patio da escola
comímolas asadas.

Marta Folgueira. 1º EP

O magosto xa chegou
para cpmer as castñas
e divertirnos moito
facendo algunha trastada.

Blanca Filgueira. 1º EP

Benvido sexas magosto
benvido sexas á escola.
Gústanme moito as castañas
e tamén xogar á comba.

Anne Beceiro. 1º EP.

Unha tarde de novembro
todos comimos castañas
cocidiñas e asadiñas
estaban sabrisiñas.

Pablo Nieto. 1º EP

Poesía do outono:

As folliñas caen no chan,
as castaíñas nacen nas árbores,
o outono xa chegou.
Os nenos un magosto farán
e bonitas cantigas cantarán,
e cheo de follas todo está.
No outono as castaíñas
dentro do ourizo están,
e os nenos e as nenas xogando,
co pé as sacarán.

Yaiza. 2º EP

As catañas do magosto
imos todos a comer
o lume prepararei
para as castñas facer.
Zamparemos, bailaremos
cantaremos la, la, la ...
e todos arredos do patio
xogaremos a pillar.
Este ano foi moi bo
o ano que ven...
Que pasará?

Alberto Benedicto. 5º EP.

O magosto é bonito
o magosto é xenial
o magosto me inspira
e me fai suspirar.
Miña neniña! que gusto me deu
zampar as castñas
e que ben o pasei.
Niña neniña! que fermoso é
o lume do magosto
cando o pasas ben.
Niña neniña! coida a tradición
esta do magosto é a mellor.

Inés Yánez. 5º EP

Tempos do magosto
Nos tempos do magosto
todo o mundo sae á rúa.
Nos tempos do magosto
ai miña rula!
Muito frío paso eu
nos meus montes galegos.
É unha terra de meu,
onde cantan os nenos.
Os tempos do magosto
son tempos de Galicia
vide sempre connosco
e sentir ledicia.

Julia prieto. 3º ESO

Cando chega o magosto,
comemos moitas castñas.
Vide celebralo connosco,
e se te tocou podre gañas.
Cando caen da arboriña,
hai que ir a recollelas.
Amoséngase con coidadiño
e cando errefrían: a comelas!
Pero espera un pouquiño.
A ver se non te quiemas!

Marta Lago. 3º ESO

Primeiro magosto: por onde empezar?
Castñas, contos, lendas... e despois a xogar!
De maiores a pequeniños,
e algúns que xa van velliños...
Xogando á corda moi ben o pasamos,
e algúns no chan, sentados quedamos!
Primeiro e último magosto, dáme moita pena...
pero o ano que ven, que volva a verbena.

Amaia Agulló. 4º ESO

CASTAÑAS SON...
No souto escondidas moran
castñas, bolercas, ou crocas.
Baloiramos as castiñeiros
para que caian os ourizos primeiro.
Os ourizos xa están na corripa
para sacarlles as castñas da tripa.
A min gústanme os bullós
porque me saben un pilón;
pero tamén os zonchos temos,
cos que facer colares podemos.

Consuelo Domínguez.


Comentarios (0) - Categoría: xeral - Publicado o 27-12-2009 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2]
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

© by Abertal