Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Elnosa a debate
Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 25-09-2011 21:47
# Ligazón permanente a este artigo
Nin lóxico ni legal
Un xove estudante de Dereito, suspende o exame final, e por elo interpela ao seu rudo catedrático - de gran sona pola súa aguda mente xurídica - e pregúntalle:
- Profesor, entende Vd. realmente todo o referente á súa materia?
- Creo que si: doutro xeito non sería catedrático . Non lle parece?
- "Moi ben.  Entón gustaríame formularlle unha pregunta. Se pode darme a resposta correcta, aceptarei gustosamente o seu suspenso. Pola contra, tería que darme Matrícula de Honra...? 
- Cal é a súa pregunta?
- "Moi sinxelo: Que é
* LEGAL pero non LÓXICO
* LÓXICO, pero non LEGAL;
* E nin LÓXICO nin LEGAL?"

 
Por moito que o profesor se escudriña a súa prestixiosa mente xurídica, non consegue dar coa resposta acertada. Así que se dá por vencido, e cambia o suspenso por unha matrícula.
Durante o resto do día, o profesor segue rompendo os miolos coa maldita pregunta. Ao día seguinte convoca aos estudantes máis brillantes da súa clase, e anúncialles que ten unha pregunta moi difícil:
- Que é LEGAL pero non LÓXICO, LÓXICO pero non LEGAL, e nin LÓXICO nin LEGAL?
Para a súa sorpresa e vergoña, todos os estudantes alzan a man.

- Está ben!? di o profesor, pedindo a resposta ao seu estudante favorito. 
- ¡É moi fácil, profesor!:
* Vd. ten 70 anos e está casado cunha muller de 25, o cal é LEGAL, pero non LÓXICO.
* A súa muller ten un amante de 22 anos, o cal é LÓXICO, pero non LEGAL.
* E o amante da súa muller suspendeu o exame e vd. acáballe de dar Matrícula de Honra, o cal non é nin LÓXICO nin LEGAL...?
Categoría: Humor - Publicado o 25-09-2011 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
O rap de Esperanza Aguirre
Categoría: Humor - Publicado o 24-09-2011 15:47
# Ligazón permanente a este artigo
Non os recortes ó ensino público


Hoxe, 21 de setembro, organizouse unha manifestación contra os recortes ó ensino público.

Que están a facer:

- Máis horas de traballo: seica temos que ter as 23 horas co alumnado e 2 de garda. Eles din que son só 2 horas máis e isto é mentira. Son como mínimo 4 ou máis (depende dos casos) que eran as que tiñamos, xunto coas que traballamos na casa, para preparar moitas das cousas que paso a numerar:

Cando se corrixen os exames?, Cando se preparan as clases?, Cando se fala cos compañeiros para dinamizar as clases, o colexio, os proxectos ...? Cando se organiza, actualiza e dinamiza a biblioteca ? Cando se publica nos blogues? Cando se coordina e traballa coas TIC (Novas tecnoloxías). Cando se prepara o Día da Paz, O Magosto, A Semana das Letras Galegas, Os encontros, o Salón do Libro (Pontevedra), os festivais, as saídas educativas...

- Menos profesores e máis burocracia: máis papeleo para os equipos directivos, máis PCC, PEC, máis funcións que nunca foron a nosa obriga (transporte público).

- Habilitacións para todos (todos valemos para todo, se estudas e aprobas por infantil pode que che toque dar clases de música, se estudas educación física podes traballar en PT (pedagoxía terapéutica)... En secundaria as materias afíns son un montón.

- Máis recortes nos libros de texto.

- Máis conflictos.

Están crispando ó ambiente escolar.

- Menos cultura galega

Menos, prensa en galego.

E despois teñen a cara de dicir que o que se está a facer vai en pro da calidade de ensino.

E tamén, que volvemos a estar como no ano 2007.

-
Categoría: Ensino - Publicado o 21-09-2011 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
Poxa
Categoría: Humor - Publicado o 07-09-2011 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -