Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O novo trilingüísmo

Este novo invento chámanlle "trilingüísmo". Catro días de castelán, 1 de galego e 45 minutos de inglés tódolos días.

Este é o futuro do galego?

Este é o equilibrio cordial?

E aínda así tiña gañas de escoitar iso de todo un día en galego.

Este recorte saqueino hoxe do Diario de Pontevedra. Aínda se soltan un pouco ó dicir predominantemente.

E que lle falarán nos recreos?
Categoría: Galego - Publicado o 24-09-2010 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
Unha “Pax lingüística”
As formas non serven de nada coa mentira como aliada. Porque a verdade –concreta– é, sinxelamente que o decreto do plurilingüismo fai fraco favor ao plurilingüismo, relegando a lingua galega a unha posición de marxinalidade e guetto. Verdade –concreta–é, tamén, que a legalidade de tal decreto é ilegal e inxusta. Verdade –concreta– é, si, que este decreto é un acto de incívica imposición. E verdade –concreta– é, por suposto, que o uso da desobediencia civil por parte dos profesores que fan obxección de conciencia a este decreto, é moralmente lexítimo. Punto, e seguido...

Ver todo
Categoría: Opinión - Publicado o 20-09-2010 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
Eu camiño pola lingua. E ti?


Baixo o lema Eu camiño pola LINGUA, e ti? a plataforma QUEREMOS GALEGO! de Ourense, a Asociación Xuvenil Amencer e a Concellaría de Voluntariado do Concello de Ourense organizan un Camiño de Santiago de reivindicación e fomento do galego.
Este é o texto explicativo da actividade:

Somos un grupo de persoas de todas as idades, profesións, intereses, afeccións… que temos unha cousa en común: queremos galego nas aulas, na administración, nas empresas, nos xulgados, nos medios de comunicación; cos pais, cos fillos, cos amigos, cos compañeiros de traballo; para vivir, para sentir, para soñar…
E, neste ano xacobeo, tamén queremos que o galego estea no Camiño de Santiago. Por este motivo imos facer o Camiño pola lingua.
Acompáñanos. Camiñaremos pola Vía da Prata, ruta mozárabe, os días 10, 17, 24 e 31 de outubro. Se non podes vir ás catro xornadas apúntate para as que poidas.
Ao rematar cada etapa plantaremos unha árbore cunha mensaxe que sexa testemuño da nosa peregrinaxe e leremos un manifesto en catro partes, que se completará ao chegar a Compostela.

Primeira etapa. Domingo 10 de outubro
Ourense-Tamallancos-Cea. 24 km (aprox.)
Saímos camiñando ás 8:00 da mañá da parada de autobuses do Parque de San Lázaro de Ourense. Ao chegar xantaremos en Cea e, arredor das 17:00 h, un autobús traeranos de volta a Ourense.

Segunda etapa. Domingo 17 de outubro
Cea-Castro Dozón-Botos (Lalín). 26 km (aprox.)
Un autobús sae ás 8:00 da parada de autobuses do Parque de San Lázaro (Ourense) para levarnos a Cea. Desde alí, continuaremos o camiño ata chegar a Lalín. Ao rematar de xantar volvemos a Ourense en autobús.

Terceira etapa. Domingo 24 de outubro
Lalín-Silleda-Bandeira-Ponte Ulla. 24 km (aprox.)
Un autobús sae ás 8:00 da parada de autobuses do Parque de San Lázaro (Ourense) para levarnos a Lalín e, ao rematar o xantar, recolleranos en Ponte Ulla para volver a Ourense.

Cuarta etapa. Domingo 31 de outubro
Ponte Ulla-Lestedo-Santiago. 24 km (aprox.)
O autobús que nos levará a Ponte Ulla sae ás 8:00 da parada de autobuses do Parque de San Lázaro (Ourense) e, ao xantar, recolleranos en Santiago.

Inscrición
Podes inscribirte para cada etapa ata a mañá do venres anterior a cada unha, nos números de teléfono: 988 218 123 begin_of_the_skype_highlighting 988 218 123 end_of_the_skype_highlighting ou 639 519 242 ou ben na dirección electrónica amencer@amencer.org
O prezo de inscrición son 5 euros e inclúe todas as etapas. Para estudantes e parad@s é de balde.
Trae a túa equipación e o teu xantar e bebida. A equipación axeitada é a seguinte: calzado cómodo (o ideal é de goretex) que non sexa novo (pódese levar calzado de reposto por se manca), dobre calcetín, roupa cómoda, gorra (non viseira), chuvasqueiro por se chove. Nunha mochila pequena cómpre meter o xantar e bebida. Todo isto debe estar dentro dunha bolsa de plástico por se a mochila non é impermeable. Tampouco esquezas a protección para o sol.

Ver nova no bogue Medramos en Galego.

Categoría: Galego - Publicado o 18-09-2010 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Os filósofos de PP


Escoita e aprenderás Filosofía pura e dura.

"Os problemas que tivemos os galegos durante séculos foron por culpa do galego.......".



Jaime Pita - Todo un exconselleiro


Haber ainos, o carallo e atopar con eles.
Categoría: Arroutadas - Publicado o 18-09-2010 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia Bilingüe contraataca
Todo aquel que faga algo por defender o galego pasará a ser un herexe na filofía deste grupo salvapatrias. A min paréceme que "Mexan fora do testo".

Categoría: Opinión - Publicado o 15-09-2010 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -