Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A primeira víctima dunha guerra é a verdade
Categoría: Política - Publicado o 28-08-2011 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
Nabucco de Giuseppe Verdi


O último 12 de marzo, Silvio Berlusconi debeu enfrontar a realidade. Italia festexaba o 150 aniversario da súa creación e nesta ocasión deuse na ópera de Roma Nabucco de Giuseppe Verdi, dirixida polo mestre Ricardo Muti. Nabucco é unha obra tanto musical como política: evoca o episodio da escravitude dos xudeus en Babilonia, e o famoso canto "Vai pensiero" é o canto do Coro de escravos oprimidos. En Italia, este canto é símbolo da procura de liberdade do pobo, que nos anos 80 -época en que se escribiu a ópera - estaba oprimido polo imperio Habsburgo, e que combateu ata a ceación da Italia unificada. Antes da representación, Gianni Alemanno, alcalde Roma, subiu ao escenario para pronunciar un discurso denunciando os recortes ao orzamento de cultura que fixo o goberno, sendo que Alemanno é membro do partido gobernante e vello ministro de Berlusconi. Esta intervención política, nun momento cultural dos máis simbólicos para Ialia, produciría un efecto inesperado, sendo que Berlusconi en persoa asistira á representación.

Relatado logo polo Estafes, Ricardo Muti, director da orquestra, contou que foi unha verdadeira velada de revolución: "Ao principio, houbo unha gran ovación no público. Logo comezamos coa ópera. Desenvolveuse moi ben ata que chegamos ao famoso canto Vai pensiero.
Inmediatamente sentín que a atmosfera se tensába no público. Hai cousas que non se poden describir, pero un sénteas. Era o silencio do público que se facía sentir. Pero no momento en que a xente se deu conta que empezaba o VAI Pensiero, o silencio encheuse de verdadeiro fervor. Podíase sentir a reacción visceral do público ante o queixume dos escravos que cantan:

"Oh patria miña, tan bela e perdida."

Cando o coro chegaba ao seu fin, xa se oían no público varios Bis.
O público comezou a gritar: "Viva Italia" e "Viva Verdi"

Xente no galiñeiro comezaron a arroxar papeis cheos de mensaxes patrióticos.

Aínda cando xa nunha única ocasión aceptara facer un Bis para o Vai Pensiero na Scala de Milan en 1986, dado que para Muti a ópera debe ir de principio a fin. "Eu non quería só facer un bis.
Tiña qaue haber unha intención especial para facelo.", relata. Pero o público xa espertara o seu sentimento patriótico. Nun xesto teatral, Muti deuse volta e mirou ao público e a Berlusconi á vez, e produciuse o seguinte:
>> :
> [Logo de que calasen os chamados a un Bis para o Vai Pensiero, no público oíuse o Longa Vida a Italia !"]
O director de orquestra Ricardo Muti :

> Si, estou de acordo con isto. "Longa vida a Italia"
> pero...
> [aplausos]
>
> Muti : Xa teño máis de 30 anos e vivín a miña vida, pero en tanto que italiano percorrín moito o mundo , e hoxe teño vergoña do que sucede no meu país. Entón accedo ao voso pedido dun bis para o Vai Pensiero novamente. Non é só pola dita patriótica que sinto, senón perque esta noite, cando dirixía ao Coro que cantou "Ai o meu país, belo e perdido" , pensei que se seguimos así imos matar a cultura sobre a cal construír a historia de Italia. En tal caso, a nosa patria, estaría en verdade "bela e perdida".
> [Aplausos , incluídos dos artistas en escena]

>
> Muti : Sendo que reina acá un clima italiano, eu, Muti, calei a boca moitos anos. Quixese agora...teriamos que darlle sentido a este canto; estamos na nosa casa, o teatro de Roma, e cun coro que cantou magníficamente ben e que acompañö espléndidamente, se queren, propóñolles unirse a nós para que cantemos todos xuntos.
Categoría: Ópera - Publicado o 15-08-2011 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Vocapeople
Categoría: Música non lusófona - Publicado o 15-08-2011 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Odio as matemáticas - 1
Neste e noutros que están na páxina de Paul Boróns podes aprender algo das curiosas "matemáticas" que se producen no noso "mercado especulativo". É, a lo menos curioso, e está ben explicado como un queda preso nas gadoupas dos banqueiros e demais especuladores.



Ver todos os capítulos.
Categoría: Política - Publicado o 11-08-2011 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -