Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Outras contas
Categoría: Xeral - Publicado o 31-08-2009 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Calendario escolar 09-10

Na ligazón do ceipaseca.com podedes descargar en word este calendario e amoldalo ó vosa zona, xa que aquí están dous festivos locais (de Poio).
Categoría: Xeral - Publicado o 31-08-2009 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
As cancións do Apologhit
Aquí tedes a canción gañadora do Apologhit deste ano 2009.



Morreume a vella da casa
Deixome un gran caudal
Vendín montes, vendín leiras
Acabouse o comer mal

Puxen tetas, merquei trapos,
Lighei cun da capital
Conduzo un "descapotable"
E paguei todo na man

Pasaron un par de anos
De vivir a todo tren
Un día chegha un fulano
Co aboghado e cun papel

Era un fillo da María
Que quería o seu pastel
Aghora non teño cartos
Non sei que lle vou facer

Cagho no demo da vella
Agora como vou paghar
Quen sabía que de solteira
Tivera un fillo da mar

Quitoume a casa
Quitoume o coche
Quitoume as tetas e algo máis
Aghora non teño nada
So me queda traballar


Categoría: Música da lusofonía - Publicado o 31-08-2009 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Pregón de Sechu Sende
Parte do pregón de Sechu Sende nunhas festas en Vila de Cruces:

"...... Como professor umha das cousas mais satisfactórias é achegar ás aulas a música que hoje se está a fazer no país, por todo o país e de todos os estilos.
A história da literatura tamém se escrebe nos Cds de hip hop ou rock.
E a história da língua esta a se escreber tamém enriba dos escenários.
O Novo Cruceiro Rock é um pulo moderno, actual e vivo ao idioma: Graças pola Festa!

Dim que este ano moita gente vamos enfermar de gripe porcina.
Mais hai outra doença que corre o risco de se extender por Galiza.
É a galego-fóbia.
O outro dia estava a minha companheira Rocio com a nossa nena em Santiago e veu umha senhora e perguntou: Y luego como se llama? Chama-se Estrela, dixo a mai. E a senhora: Hola, Estrella, Ola, Estrellita... Nom, chama-se Estrela, repetiu a mai. E a senhora dixo: Ui, es que a mi el gallego no me sale.

Hai mais gente do que parece enferminha de galego-fóbia, como essa outra senhora que dixo que Las matemáticas no se pueden dar en gallego. Tres al cubo que seria, tres al caldeiro?

O pior é que a doença chegou ás altas esferas.
E que as primeiras decisons galego-fóbicas forom contra o rock´n roll: eliminar os dous programas que na rádio e na tele nos informavam sobre rock, ska, hip hop, reggea... E nom estou a falar de Luar.

Aberto por reformas e Onda Curta.

Por arte de mágia fixerom desaparecer a música galega mais moderna, actual e innovadora dos medios de comunicaçom públicos.

Assi que já sabemos que aos galego-fóbicos nom lhes gusta que a gente nova fale galego e escoite ou faga rock.

E aqui gusta-vos o rock?
E aqui falades galego?

Aqui falam galego os rios, os sprays, a rapaza da cámara de vídeo na mao, as guitarras eléctricas e a distorsiom, os tractores, os guerreiros do espaço japoneses, os blogs, os teléfonos móbiles, as baleas que sonhamos e 15 mil gaiteiros.

Graças a gente como vós, a gente que em Vila de Cruzes, geraçom tras geraçom, falades galego, a nossa língua está aqui hoje. Viva! E esse é um dos maiores valores deste concelho, que o saibades.

Porque a língua é a nossa maior riqueza cultural, social e económica como povo. Porque é parte da nossa identidade. E o mais valioso que tem cada um, cada umha de vós, e os povos do mundo, é a sua forma de ser.

Pero olho, o galego é património de todos e todas, sejamos da aldeia, da vila ou da cidade, de direitas ou de esquerdas, de folkies, roqueiras e djs, de nenos, nenas e maiores, de trabalhadores e empresárias... Porque a língua une-nos a todas e todos os galegos.

E quando a gente se une que passa: Hai Festa!

Em Galiza sabemos muito de festas. O veram enche-se de festas Gastronómicas. Quase que cada parróquia tem a sua: do percebe, da nécora, do carneiro ao espeto... Só falta a Festa Gastronómica da Lata de Conservas.

Mais o veram tamém se enche de festivais Musicais e Vila de Cruzes une-se esta note á Irmandade dos Festivais galegos. Em cada festival lateja o nosso idioma e a festa enche-nos o peito:

Festival de Vilaseco, Antros Pinos de Rianxo, Ortigueira Rock, Sen un Can do Carvalhinho, Desconcerto de Betanços, Castelo Rock de Muros, Brincaeira de Ordes, Irmandinho de Moeche, Festidoiro de Cuntis, Festival da Poesia do Condado, Festival Troula na Banda, Vigourban, e mais...

E agora, outra vez despois de tantos anos, o Cruceiro Rock de Vila de Cruces!

Sabedes que o concerto de Bruce Springsteen começou com a Rianxeira? Pois hoje nós vamos cantar umha rancheira.

Porque o humor e a festa nom estám renhidos com a cultura, hoje vamos cantar umha cançom mui epsecial, e de passo -quem nom a saiba- pode ir aprendendo a letra.

A música, a de Allá en el Rancho Grande. A letra, a original do mariachi Eduardo Pondal. Com todos os respeitos, desculpade a minha afonia e a falta de oído...

Aí vai

Que din os rumorosos
Na costa verdecente,
Ó rayo trasparente,
Do prácido luar...?"
Categoría: Galego - Publicado o 25-08-2009 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
100 razóns para non ser español
Categoría: Opinión - Publicado o 24-08-2009 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -