Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xa non me sorprende nada
Categoría: Música non lusófona - Publicado o 25-06-2011 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
O decretazo viaxa por outras terras.
O noso glorioso Decretazo da lingua viaxa por outras latitudes desta querida España, a seguinte comunidade é a Valenciana.

Por alí vendeuse "este modélico" decretazo como algo necesario para "defender lingua de tódolos españois", pois para moitos é perigoso que as linguas que foron marxinadas recuperen o seu estatus.

Ver nova na prensa
Categoría: Opinión - Publicado o 19-06-2011 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Muíño en Taboadelo-Pontevedra
Categoría: Xeral - Publicado o 15-06-2011 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
Exames para rir un pouco
Estes "chistes" traducinos eu ó galego. Xa levan tempo pola rede. Parece ser que son unha selección de respostas en castelán a exames publicado nun informe escolar.

Música

P.- A orquestra: Definición, esquema de distribución dos instrumentos e criterio de colocación destes instrumentos.

R.- A orquestra é cando se guntan moita xente que toca, e toca a música. Os instrumentos colócanse uns diante e detrás e iso depende do tamaño, por exemplo a gaita colócase sempre diante.

P.- Características xerais da música barroca.

R.- Creo que ai un descoido na pregunta, paréceme que é a música marroca. Vou contestar isto. A música marroca é a dos mouros de Marrocos que é moi importante porque a tocaban os mouros cando ían ás batallas de conquista.

P.- Beethoven.

R.- Este era un señor xordo que compuxo a letra de Miguel Rios ou sexa o Himno da alegría. Pero cando o fixo non era de rocks.
Daba moitos concertos na época de Franco e fixo tamén "Para Luisa" que non ten paranjon na historia da música.

-Vocabulario musical (define):

Barítono: é o que leva a bariña ou sexa o que dirixe aos outros

Tenor: é un cantante como Plácido Domingo

Soprano: isto non o sei

Panxoliña: é o que se canta en Nadal cerca da árbore.

Sinfonía: é o que tocan as orquestras

Movemento adaxio: iso non o trae o meu libro

Movemento allegro: que o cantan os músicos cando
estan contentos.

Nota: Este alumno foi a protestar porque o suspenderon.

Lingua e Literatura

P.- Medir o segundo verso escrito na lousa.

R.- Na lousa, uns 75 centímetros , no papel máis ou menos unha cuarta (dígoo aproximado porque non me trouxen o metro).

Ciencias e xeografía

P.- Movementos do corazón.

R.- O corazón sempre está en movemento, só está parado nos cadáveres.

P..- Movementos do corazón (outra resposta).

R.- De rotación ao redor de si mesmo e de translación ao redor do corpo.

P.- Ósos da pantorrilla.

R.- Está formado polo óso máis longo do corpo, que é o fémur, que vai desde o omoplato ata a rótula.

P.- O cerebro.

R..- As ideas, logo de falar, vanse ao cerebro..

P..- Exemplo de parásito interno .

R.- >As vísceras.

P.- Un parásito interno do home.

R..- O lagostino.

P...- Músculos do pescozo.

R.- Electrocleidomésticos.

P.- Capacidade pulmonar.

R.- É duns cinco mil litros.

P..- Reprodución sexual.

R.- Para que se provoque a FERMENTACIÓN , teñen que estar o órgano masculino dentro do feminino.

P.- Dimorfismo sexual.

R.- O macho diferénciase da femia por unha prolongación máis ou menos longa.

P.- Antibióticos.

R.- O alcol, algodón e auga oxigenada.

P.- Estimulantes do sistema nervioso.

R.- O café, o tabaco e as mulleres

P.- Odontólogo.

R.- Carnívoro que se alimenta de presas vivas.

P.- Pediatra.

R.- Médico de pés.

P.- Definición de rumiantes.

R.- Son os que eruptan ao comer.

P.- Marsupiales.

R.- Os animais que levan as tetas nunha bolsa.

P.- Aves prensoras..

R.- Son as aves que viven nas "prensas", sitos onde hai moita auga.

P.- Aves prensoras (outra boa).

R.- Teñen bonitos coloridos, como o corvo..

P.- Exemplos de nematoceros (mosquitos).

R.- O "bufo", o "bufo real" e o moucho.

P.- O alantoides.

R.- É unha especie de rabo que ten o polo para respirar.

P.- Réptiles.

R.- Son animais que se disolven na auga.

P.- Exemplo de réptil.

R..- A serpe Putón

P.- Anfibios.

R.- A ra ten unha hendidura cloacal, pola cal lanza o típico son "cloac, cloac".

P.- Moluscos.

R.- Son eses animais que ven nos bares, por exemplo o cangrexo.


P.- División dos moluscos.

R.- Gasterópodos, bivalvos e simios.

P.- Partes do insecto.

R.- Son tres: in-sec-to

P.- A abella.

R.- Divídese en raíña, obreiras e "zagales".

P.- Coñeces algún vexetal sen flores?

R.- Se, coñezo algúns.

P.- As algas.

R.- Son animais con carácteres de vexetais.

P.- Fases da Lúa.

R.- Lúa chea, lúa nova e menos cuarto.

P.- Formación das cordilleiras.

R.- As montañas non se forman nun ou dous días, tardan moito tempo en formarse.

P.- Que río pasa por Viena?

R.- O Vesubio azul.

P.- Afluentes do Douro pola dereita.

R.- Son os mesmos que pola esquerda.

P.- Glaciares

R.- Poden ser por erosión e por defunción.

P.- Volcáns.

R.- En Mallorca está o Teide. A auga de mar se solidifica e sae polo cráter.

P..- Produtos volcánicos.

R.- As bombas atómicas.

P.- Como se chaman os habitantes de Ceuta.

R..- Centauros..

Xeografía

P.- Característica de Holanda.

R.- En Holanda, de cada catro habitantes, un é vaca.

P.- Países que forman o Benelux .

R.- Bélxica, Luxemburgo e Neardental

P.- Países produtores de mel.

R.- La Granja de San Francisco

P.- Depuración da auga.

R.- Faise polos raios ultraviolentos.

P.- O sal común.

R.- Ten un curioso sabor salgado.

P.- Brisa do mar.

R.- É unha brisa húmida e seca.

P.- O mendelismo.

R.- Mendel traballou moito axudado por caracois.

Matemáticas e Física

P.- Polígono.

R.- Home con moitas mulleres.

P.- Círculo

R.- É unha liña pegada polos dous extremos formando un redondel.

P.- Pescudar o número primo 2639.

R.- Para min que este número non é primo porque non hai ningún número que dividido por este número que é 2639 nos de exacto. Se vostede ve que está mal corrijalo


P.- Traballo e enerxía.

R.- Traballo é se collemos unha cadeira e pómola noutro sitio, enerxía é cando a cadeira levántase soa..

P.- Palabra derivada de luz.

R.- Lámpada.

Historia e relixión

P.- O home primitivo.

R.- Vestíase de peles e refuxiábase nas tabernas.

P.- Etapas máis importantes na evolución do home.
R.- Sobre o ano 570 crese na primeira aparición do Homo sapiens. A partir do 570 e ata o 1200 o Homohabilis. A partir do 1200 e ata aproximadamente o 1701 o Homohabilis e despois, homes normais.

P.- Comentar algo do 2 de maio.

R.- De que ano?

P.- A arte grega.

R.- Facían botixos

P.- O Cid.

R.- Quixo armarse cabaleiro e buscouse a un aldeán chamado Sancho Bandullo e foise por eses mundos...

P-A catedral de León.

R.- Foi construída polos romanos grazas a un arquitecto americano.

P.- A soberbia.

R..- É un apetito desordenado para comer e beber, que se corrixe practicando a luxuria.

P.- Moisés e os israelitas.

R.- Os israelitas no deserto alimentábanse de patriarcas.

P..- A Fe.

R.- É o que nos dá Deus para poder entender aos curas.
Categoría: Humor - Publicado o 02-06-2011 21:22
# Ligazón permanente a este artigo
Españistán
Categoría: Política - Publicado o 01-06-2011 19:57
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -