Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Máis Grande Manifestación En Prol Da Lingua Galega
Ducias de miles de persoas reclámanlle á nova Xunta do PP que non derrogue o decreto que promove o galego do ensino. Fixérono nunha multitudinaria manifestación que ateigou esta mañá as rúas de Compostela.

"Sempre en Galiza, sempre en galego", "Galiza inda que se molle, o galego non encolle" e " Temos lingua, temos dereito" foron tres dos berros máis coreados nunha protesta que recorreu as rúas entre a choiva e sen incidentes.

Carlos Callón, presidente da Mesa, presumiu de que é "a maior manifestación polo galego da Historia". Proclamouno dende un estrado na Quintana, onde atacou a derrogación do Decreto que promove o galego no ensino, prometida por Alberto Núñez Feixóo.


A gran manifestación noutras ligazóns:

Que ben coxea o galego!

Bos e xenerosos. "Milleiros de persoas ..."

Unha imaxe vale máis que mil palabras.

ceipaseca.com. "Manifestación histórica"

Brotes verdes.

Manifestación histórica (con fotos)
. Vieiros

Coordinadora de Equipas de Normalziación de Ferrol Terra.

Xornal.com. Con Álbum con fotos

Vídeo


Categoría: Galego - Publicado o 17-05-2009 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
O galego que non fala
Aínda que trone non podemos faltar hoxe á manifestación en Santiago. O Galego necesítanos.

"O galego que non fala
Na lingua da súa terra
Non sabe o que ten de seu
Nin é merecente dela"


("Xanelas", Victoriano Taibo)












O rap da lingua. Migallas



Historia da nosa lingua. Quenlla

Categoría: Galego - Publicado o 17-05-2009 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Un xogo de Europa

Clica para xogar. Os Cataláns téñenno máis claro.
Categoría: Galego - Publicado o 16-05-2009 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
Acción conxunta de Blogues pola Lingua
"O galego que non fala
Na lingua da súa terra
Non sabe o que ten de seu
Nin é merecente dela"

("Xanelas", Victoriano Taibo)



Mañá 17 de maio celebraremos o Día das Letras Galegas manifestándonos en Compotela en defensa do noso idioma. Poque o galego é a nosa columna vertebral, o idioma que nos une. Vén cada nós, para expresarmos todas e todos xuntos que queremos vivir en galego.


Adherímonos así mesmo ao "Manifesto pola convivencia lingüística e a igualdade de dereitos para o galego" , promovido por Mesa pola Normalización Lingüística


MAÑÁ VÉMONOS TODOS EN SANTIAGO!!!!




"Nau"


"Nau de vento, nau dos homes
que vogan na inmensidade
somos xente de Galicia
onde a terra bica o mar-e.
Ai la la, ai la la…
Nau de soños, nau de espranzas
nau de infinda veleidade
o esquece as suas raices
perde a súa identidade.
Ai la la, ai la la…"
Categoría: Galego - Publicado o 16-05-2009 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Good bye Spain
Good Bye Spain
Categoría: Opinión - Publicado o 16-05-2009 00:28
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -