Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Liberdade e imposición ?
No epígrafe "La hegemonia y sus síntomas" que inicia o libro de Slavoj Žižek En defensa de la intolerancia (Sequitur, 2009) podemos ler algunhas reflexións que nos han ser útiles. A primeira delas expón de xeito teórico o fenómeno de substitución ao que me refería máis arriba: «Cualquier concepto ideológico de apariencia o alcance universal puede ser hegemonizado por un contenido específico que acaba “ocupando” esa universalidad y sosteniendo su eficacia». Para explicalo, Žižek recurre á figura construída pola dereita norteamericana da “Raiña da beneficiencia”. O goberno Reagan utilizou esta caricatura —a nai solteira, negra e de clase baixa que, en lugar de loitar por mellorar a súa posición, se aproveitaba dos servizos sociais pagados polos sufridos contribuíntes americanos— para xustificar as políticas de supresión do Estado Social. Aproveitando unha serie de asociacións nada inocentes (nai solteira=conducta desordenada; recepción de subsidios=nugalla; impostos=fraude aos traballadores honrados) e engadindo estas aos prexuízos raciais que a maioría branca dese país sempre padeceu, conseguiuse crear unha ficción ideolóxica eficaz «para traducir la abstracta y vacía noción universal en una noción que queda reflejada en, y puede aplicarse directamente a, nuestra “experiencia concreta”»; isto é, Reagan encheu o concepto abstracto e comunicativamente disfuncional de Derroche [do Welfarestate] co moi concreto contido da afroamericana parasita vaga e irresponsable que o seu electorado podía imaxinar —e despois transmitir— de forma moito máis nítida.
«La lucha por la hegemonía ideológico-política —continúa Žižek— es, por tanto, siempre unha lucha por la apropiación de aquellos conceptos que son vividos “espontáneamente” como “apolíticos”, porque trascienden los confines de la política”». No noso caso: cando a ultradereita española teima coa liberdade e a imposición está a empregar dous conceptos que non só son vividos coma non-ideolóxicos —no sentido de non parciais, de universais— senón que ambos ("Liberdade" e "Non Imposición" son expresión do que Žižek chama «aspiracións utópicas» positivas inscritas no imaxinario da xente. Valéndose delas —pois as «ideas dominantes no son nunca directamente las ideas de la clase dominante»— conseguen inocularlles, até lograr facelas indistinguibles, o contido específico, este si ideolóxico, de liberdade en tanto que “liberdade-do-neno-de pais-demócratas-e-cosmopolitas-que-buscan-afanosamente-o-mellor-para-o-seu-fillo” e de imposición en tanto que “imposición-dos-ubicuos-nacionalistas-minoritarios-antidemocráticos-esencialistas-e-pailáns-cuxo-poder-de-influencia-é-excesivo-en-relación-aos-seus-votos”. Que estas narracións imaxinarias do neno castelán-falante indefenso ante unha lingua inservible e opresora e a do funcionario ao servizo dunha minoría radical teñan calado tanto non é un asunto menor, xa que «esta concrección fantasmática —e aquí Žižek revela unha verdade importante— no es mera ilustración o anecdótica ejemplificación: es nada menos que el proceso mediante el cual un contenido particular acaba revistiendo el valor de lo “típico”: el proceso en el que se ganan, o pierden, las batallas ideológicas». E tanto ten que a situación de marxinación do castelán sexa falsa, tanto ten que a práctica totalidade dos medios de comunicación estean escritos naquela lingua, tanto ten que os datos sociolingüísticos estean denunciando invariablemente o esmorecemento do número de galegofalantes, tanto ten que a inmensa maioría dos funcionarios deste país atendan, nunha porcentaxe esmagante, en castelán; en definitiva, tanto teñen as razóns obxectivas que poidamos argumentar porque cando nos movemos no mundo da fantasía, a realidade é secundaria. Así, mentres sigamos utilizando unicamente as armas do discurso abstracto-racional (pois o relato dos galegófobos é xa hexemónico) as nosas teses nunca van avanzar.
E como consegue un contido particular desprazar a outro contido até ocupar o seu lugar? A esta pregunta responde Žižek botando man da idea de “Lexibilidade”. Así, o concepto ou grupo de conceptos que ha trunfar na loita será aquel que mellor saiba plasmar nun discurso coherente as experiencias de vida da xente (Un exemplo? Nos anos trinta o discurso do nazismo gañou a batalla ao da esquerda á hora de dar unha saída ás lóxicas preocupacións económicas das persoas creando un chibo expiatorio, o do xudeu-capitalista). E ademais, dinos Žižek, «la “legibilidad” no implica sólo una relación entre una infinidad de narraciones y/o descripciones en conflicto con una realidad extra-discursiva, relación en la que se acaba imponiendo la narración que mejor “se ajuste” a la realidad, sino que la relación es circular y autoreferencial: la narración pre-determina nuestra percepción de la realidad». O que quere dicir que non hai unha realidade fixa e inamovible que deba ser desvelada polas narracións en litixio, senón que a propia presenza destas narracións —debido ao seu caracter performativo— muda a visión da propia realidade.
Que facer, en definitiva, para podermos construír un discurso lingüístico alternativo ao hexemónico? Desde logo, cumpriría non gastar os nosos esforzos en denunciar todos e cada un dos ámbitos sociais nos que —a priori e sen aclarar onde, como, cando e contra quen— se conculca un dereito abstracto a empregar o galego cunha normalidade abstracta e a un falante abstracto. Dediquémonos mellor á denuncia de casos concretos protagonizados por persoas concretas até conseguir introducir no imaxinario colectivo un perfil facilmente identificable —e trasnmisible— do oprimido e do opresor lingüístico. Procuremos que se nos identifique con «aspiracións utópicas» como a do Dereito ao Recoñecemento, o Respecto, a Xustiza, ou calquera outra que se nos ocorra, e fagamos por asociar aos nosos adversarios con aquelas ideas (Desprezo pola cultura, Prepotencia, Chulería, Elitismo, etc.) que o común das persoas penaliza inconscientemente. Iso si, que cada unha destas ideas apareza sempre vencellada a un caso preciso. A unha narración. Porque nós, a diferenza deles, non necesitamos mentir, temos milleiros de historias verdadeiras extraídas directamente da rúa que contar. Deamos a coñecer as historias, os rostros e os nomes que se agachan detrás de cada marxinación até que algún deses nomes, deses rostros e desas historias sexa quen de activar o dispositivo que as transforme en metáfora de tódalas demais. Entón axitémola sen acougo, exhibámola até o aburrimento, fagamos dela un símbolo. Machaconamente. Sistematicamente. Disciplinadamente. Sexamos entón inflexibles. E Intolerantes. Coma propón Žižek.

Sacado do bloque "O Fuco"
Categoría: Opinión - Publicado o 24-05-2009 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Himno de Poio
Aquí tedes a música e a letra do Himno de Poio. Concello este de Pontevedra, no corazón das Rías Baixas. Temos tamén a versión do himno cantada polos nen@s do Ceip da Seca, Isidora Riestra, na parroquia de San Xoán.



HIMNO DE POIO


Miña nai, miña terra, o meu fogar,
iso é todo o que eu máis quero
se non estás preto estráñote,
se me falta a túa calor cántoche, Poio

Por ti van as nosas voces, Poio,
terra que invitas a todos a amar,
todo o que de ti recibimos
sempre cho quixeramos dar.

Somos un gran pobo aberto
que diferentes épocas forxou,
entre nós perduran os vestixios
das culturas coas que se formou.

Polo mar gloriosas xestas
que marcan toda unha tradición,
non se pode aínda dubidar
que desta terra sexa Colón.

Miña nai, miña terra, o meu fogar,
iso é todo o que eu máis quero
se non estás preto estráñote,
se me falta a túa calor cántoche, Poio

A beleza de campos e praias
que cara á illa de Tambo están;
compréndese a mística lembranza
de Santa Trahamunda por San Xoán.

Levamos unha gran bandeira
en toda a nosa vida cultural,
e hoxe temos por todo o mundo
un renome sen igual.

Miña nai, miña terra, o meu fogar,
iso é todo o que eu máis quero
se non estás preto estráñote,
se me falta a túa calor cántoche, Poio.


Máis información.
Categoría: Galego - Publicado o 23-05-2009 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Poden elixir os pais a lingua no ensino?
Luís Villares, xuíz e coautor do Estatuto xurídico da lingua galega, cuestiona desde diferentes puntos os plans da Xunta. En 1994 o Tribunal Constitucional pronunciouse sobre a lei de normalización lingüística de Cataluña e deixou claro -resalta- que os pais non teñen dereito a elexir a lingua do ensino.

"Esa facultade correspóndelle só ao poder público". O feito de que quixese descargar nos pais a responsabilidade de determinar cal é a lingua vehicular do ensino sería unha abdicación dunha función que lle corresponde legal e constitucionalmente, e xa que logo, sería ilexítimo"

O xuíz é crítico ademai co modo en que se está emplegando o término libertade en todo este asunto. "Para que haxa liberdade de escolla ten que haber igualdade de condicións das linguas, e esa non é a situación que temos hoxe. E o que ten que facer a escola é precisamente prepararte para poder escoller"..

Ese papel obriga o Governo a unha protección especial do galego, engade. É así porque ten a obriga de fomentar a lingua que está en condicións sociolingüísticas desfavorables, tal e como contempla a Lei de Normalización Lingüística (1983), que é en sí unha asunción do poder lexislativo de que o galego está en desventaxa.

A obriga tamén reside no artígo 9.2 da Carta Magna, que lle obriga a promover as condicións para que "a libertade e a igualdade do individuo e dos grupos" sexan reais.

Máis do 50%, é lícito

Por iso -valora- a posibilidad de que máis de 50% do currículo se imparta en galego que recolle o decreto do bipartito é lícita, dacordo col principio da discriminación positiva para alcanzar a igualdade efectiva: "Para interpretar correctamente a lei temos que ter en conta os datos sociolingüísticos, que revelan unha perda progresiva de falantes e un ámbito raquítico no que o galego está normalizado. Todo o entramado social e desgaleguizador, e a única maneira que ten o poder público de neutralizalo é garantindo que no ensino se adquira unha maior competencia en galego".

O Tribunal Constitucional determinou ademais nos 80 que as leis de normalización deben ser de aplicación gradual e progresiva. "E iso obriga a que se vaia de menos a máis, e cun horizonte definido, nunca unha política de normalización regresiva", recalca el experto.

Facer o contrario, como parece agora pretender a Xunta de Galicia, iría en contra "da letra e o espírito" da Lei de Normalización, pero tamén da Carta Europea das Linguas Minoritarias, un tratado internacional que España debe cumprir, e que reza que a ensino terá que ser vehiculizado na lingua minorizada.

Ver nova na prensa.
Categoría: Opinión - Publicado o 22-05-2009 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
Mayumana
Isto non o fai calquera.

Categoría: Música instrumental - Publicado o 21-05-2009 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
“A educación en galego, ó cen por cen, é o único que pode salvar o idioma”
Luísa Castro (Foz, 1966) escribe tanto en galego como en castelán. Como novelista, a súa traxectoria é unha das máis sólidas das desenvolvidas en España nos últimos anos. Como poeta, o seu libro galego Baleas e baleas é todo un referente da lírica dos anos oitenta. Recentemente, tamén en galego, Melancolía de sofá


“A educación en galego, ó cen por cen, é o único que pode salvar o idioma”
Categoría: Opinión - Publicado o 18-05-2009 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -