Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chamadas para o 17.
Vou poñendo algunha das últimas chamadas para non esquecer a obriga de "Petar na mesa" indo o 17 de maio a Santiago. Coido que nos xogamos moito neste día.

Préstame poñer, para despedir o mes de abril, e comezar o esperanzador mes de maio, o vídeo de loita de Xosé Afonso, na famosa Revolución dos Claveis: "Grándola Vila Morena"

O Presidente da Xunta incita ó incumprimento da Lexislación educativa.

a lingua lixeira, costela dura

Defensem la llengua

Gripe Antigalega

O Galego a nosa columna vertebral..

PP e Política Lingüística.

Unha lingua sentenciada nun país anestesiado!

Iñaqui Gabián

A lingua segundo Feijoo

Unha burrada máis.

Galicia confidencial.

Un Libro: "A decapitación da lingua"

"Un museo para a lingua". Un bo análise de Antón Dobao

Por que non son os exames do MIR en Galego?


Máis, e máis, e máis ...

Que está pasando?

Por que os pais/nais CONFAPA tamén queren o decreto.



Grândola, Vila Morena

Grândola, vila morena
Terra da fraternidade,
O povo é quem mais ordena
Dentro de ti, ó cidade.

Dentro de ti, ó cidade
O povo é quem mais ordena,
Terra da fraternidade
Grândola, vila morena.

Em cada esquina um amigo
Em cada rosto igualdade,
Grândola, vila morena
Terra da fraternidade.

Terra da fraternidade
Grândola, vila morena
Em cada rosto igualdade
O povo é quem mais ordena.

À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade
Jurei ter por companheira
Grândola a tua vontade.

Grândola a tua vontade
Jurei ter por companheira,
À sombra duma azinheira
Que já não sabia a idade.


Categoría: Galego - Publicado o 29-04-2009 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
Manifesto do Correlingua 2009

Manifesto gañador deste ano: Grupo de 4º da ESO do CPI de Panxón ( Nigrán).
"Galicia ten unha lingua propia moi antiga e fermosa, o galego. Debemos falala para así conservala como fixeron os nosos devanceiros que a pasaron de xeración en xeración, ás veces con moitas dificultades porque estivo prohibida nos Séculos Escuros e na posguerra. Afortunadamente mantivérona viva e hoxe temos o deber de mantela viva nós, falándoa en tódolos contextos, na escola, na rúa, no médico, nos fogares, na igrexa, cos amigos, nas discotecas, no noso tempo de lecer (gozando de libros, xornais, música, programas de televisión, documentais, vídeos, películas e obras de teatro en galego), demandando toda esta cultura en galego. De xeito que poidamos transmitírllela logo ós nosos fillos e perdure no tempo moitos séculos máis.

Somos os mozos e as mozas quen temos a obrigación de manter a lingua galega viva e hoxe en día a xuventude non fala moito en galego; xustifícanse dicindo que a súa familia lles fala en castelán e tamén os seus amigos, e que se senten máis cómodos falando en castelán. Mesmo hai rapaces e rapazas que opinan que o galego é unha lingua inferior que non serve para nada, razoamentos totalmente absurdos que se se lles fai caso, rematarán extinguindo a nosa lingua galega e tirarán por terra todo o labor feito polos nosos devanceiros e egrexios escritores e escritoras como Rosalía de Castro, Curros, Pondal, Ramón Cabanillas, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Castelao, Manuel Antonio, Cunqueiro, e outros moitos escritores que fixeron posible que o galego perdure no tempo na escrita. Mais non abonda, ten que perdurar tamén na fala, e ese é un labor noso, da xente nova en especial, pois somos o xerme para os que veñan despois e, se falamos en galego, faremos que se manteña viva a lingua galega nas vindeiras xeracións.

Parece mentira que de ser unha lingua de cultura en que se escribiron as cantigas medievais en toda a Península, aínda haxa xente hoxe que diga que a lingua galega é unha lingua inferior. Se foi unha lingua en que escribiron ata os reis- trobadores Afonso X o Sabio e Don Dinis de Portugal, como é que a historia posterior creou tal complexo de inferioridade nalgúns galegos e galegas, ata rexeitala completamente?. Hai quen non quere que se dean as clases en lingua galega nas áreas que pola Lei de Normalización Lingüística se teñen que dar en galego; que din que se está impoñendo o galego no ensino. Prefiren que os seus fillos e fillas aprendan inglés e non galego. Pódese falar en galego, sen que por iso deixemos de aprender outras linguas. Na actualidade o galego non se impón, mais ben o que se impón é o castelán, pois é a lingua maioritaria. Se non facemos por remedialo, seguirá a mesma situación, ou mesmo empeorará, e cada vez haberá menos número de galegofalantes novos, o que levará consigo que a lingua galega se perda. Está nas nosas mans cambiar a situación. Falemos en galego!."


Páxina web do Correlingua
Categoría: Galego - Publicado o 27-04-2009 23:03
# Ligazón permanente a este artigo
Manifesto da ciencia contra a ofensiva do dogmatismo relixioso
Os abaixo asinantes, pertencentes ás ciencias naturais, ás ciencias sociais e ás ciencias humanas, dende as matemáticas ata a filosofía, pasando entre outras pola física, a bioloxía, a psicoloxía e a socioloxía, queremos manifestar o seguinte.

Cando ao final da idade media, a razón e a ciencia conseguiron desprenderse do dogmatismo da fe co xurdimento da ilustración e da modernidade, a relixión, acantoada pola racionalidade e a ciencia, actuou á defensiva e aceptou certa independencia entre fe e razón para protexer á primeira do descrédito con que a sinalaba a segunda.

Os científicos volveron aos seus quefaceres e esqueceuse a relixión, cuestión que creron definitivamente pechada dada a evidencia da súa falta tanto de base empírica coma de fundamento filosófico.

A relixión, non obstante, nunca aceptou de bo grao a separación entre fe e razón, e intentou sempre que puido someter as evidencias científicas ás súas concepcións dogmáticas. E así asistimos hoxe en día a unha nova cruzada da fe, na que a relixión pretende terxiversar os feitos científicos e invadir o espazo público impoñendo aos demais unhas crenzas que non deberían saír en ningún caso do ámbito privado. Despois de decenios nos que a relixión permanecía en segundo plano debido a certo complexo de inferioridade ante os éxitos dunha ciencia que lle sacaba as cores, hai saída do seu retiro forzado cun entusiasmo tan desbordante como dogmático coa intención de dirixir a sociedade cara a unhas posicións sen fundamento científico, nunha especie de regreso a un pasado medieval.

Sentimos un profundo respecto tanto polos crentes coma polo seu anhelo subxacente de encontrar respostas vitais á pregunta polo sentido da realidade. Non obstante, non podemos aceptar que un tipo de pensamento arcaico como o relixioso que, en moitos aspectos, pode cualificarse de pensamento máxico, pretenda dirixir a sociedade coma se aínda nos achásemos nunha idade media sometida ao fundamentalismo dunhas crenzas alleas á evidencia científica e a un integrismo inmune a calquera razón filosófica.
Da mesma forma que no pasado a relixión atacou á xeoloxía porque as súas datacións estaban en contradicción coas datas que aparecían na Biblia e rexeitou a teoría da evolución das especies por selección natural porque negaba o creacionismo do Génesis, defende agora a ocorrencia do deseño intelixente o mesmo que pretende que creamos que existe unha persoa nun óvulo recén fecundado coma se estivésemos ante algún tipo de suceso máxico repentino, cando todos os datos científicos mostran que a aparición dunha persoa é un proceso gradual a medida que madura o seu sistema nervioso central. As crenzas relixiosas non serían tan criticables se non fose porque pretenden impoñerse aos demais, condicionando cuestións prácticas como, por exemplo, a investigación con células nai, a interrupción voluntaria do embarazo, o dereito a unha morte digna ou os matrimonios entre persoas do mesmo sexo. A súa defensa sen fundamento científico de que existe unha lei natural, un dereito natural, que está por enriba das persoas non é máis que un intento de impoñer os seus dogmas fundamentalistas aos demais.

Acusouse á ciencia de ser só unha crenza máis, pretendendo así poñela á mesma altura que calquera crenza relixiosa. Non obstante, isto non é así dado o carácter autocrítico da ciencia e da razón. A razón foi examinada e criticada exhaustivamente, tanto dende o ámbito filosófico coma dende o científico, e os cambios que se produciron nos dous últimos séculos mostran ata que punto se corrixiu a metodoloxía científica. A razón é inherentemente crítica consigo mesma e sempre se pon en cuestión mentres que a fe só pretende defender o dogma relixioso contra calquera evidencia ou argumento que se lle presente. A ciencia e a razón saben que as súas verdades son sempre provisionais mentres que a relixión se cre en posesión da Verdade absoluta.

Por todo isto, consideramos que, ante esta ofensiva en toda regra do dogmatismo relixioso, a ciencia ten que volver levantar a voz, dende as ciencias naturais ata as ciencias humanas pasando polas ciencias sociais, e deixar claro que a terxiversación á que somete a relixión a evidencia científica e os sofismas nos que enreda os argumentos filosóficos resultan inaceptables en pleno século XXI.
Estamos dispostos a entendernos cos crentes e a comprendelos dende posicións psicolóxicas, sociolóxicas e antropolóxicas, especialmente aos crentes de base que non participan nesta cruzada da relixión institucional e conservadora; pero resulta inadmisible que os dogmáticos pretendan sinalarlles aos demais cara a onde debe camiñar a sociedade e queiran facelo, ademais, cunha suficiencia tan prepotente como fose de lugar, e máis propia dun fundamentalismo medieval que dunha persoa racional e moderna.

Así, pedímoslle á relixión que regrese ao ámbito privado do fogar de cada cual, de onde nunca debeu saír, e aos poderes públicos que defendan á sociedade desta ofensiva integrista trasnoitada que pretende invadir o espazo público substituíndo a racionalidade e a ciencia polo dogmatismo relixioso e retrotraernos a unha época medieval que xa criamos superada.
Adhesiones al Manifiesto (244):
- Roberto Aguirre Guiochín (licenciado y miembro de Consejo Universitario)
- Eugenia Biurrun Arraiza (MBA en mercadotecnia y administración de empresas)
- Juan Antonio Gabaldón Domínguez (licenciado en ciencias químicas, vocal del Consejo Social Universidad de Valencia y ex decano del Ilustre Colegio de Químicos de la Comunidad Valenciana)
- Rosa M. García Lopera (licenciada en química y profesora de la Universidad de Valencia)
- Javier Gimeno Perelló (doctor en filología y lingüística, master en filosofía de la ciencia y director de calidad de la biblioteca de la Universidad Complutense de Madrid)
- Juan Manuel Carrillo García (doctor en medicina)
- Félix Cesáreo Gómez de León e Hijes (ingeniero industrial, doctor y profesor de la Universidad de Murcia)
- Yenissei Hernández Castañeda (ingeniera química y profesora universitaria)
- Alfonso Hernández Lara (doctor en medicina)
- Juan Ernesto Hernández Sandoval (ingeniero y profesor universitario)
- Pilar Iglesias Aparicio (doctora en lengua inglesa y catedrática)
- Luis Manuel Ledo Regal (licenciado en ciencias físicas y en filosofía, DEA en filosofía y redactor del Manifiesto)
- Miguel López Castro (doctor en pedagogía)
- Pedro López López (doctor en psicología, licenciado en ciencias políticas y sociología, exdirector de la Escuela de Biblioteconomía y Documentación de la Universidad Complutense de Madrid)
- Bernardo Máiz Vázquez (doctor en historia contemporánea y catedrático)
- Antonio Martín González (licenciado en psicología y profesor de universidad)
- José Martínez López (doctor en medicina)
- Juan Francisco Menárguez Puche (doctor en medicina y profesor en la Universidad de Murcia)
- Juan José Merino Carrillo (licenciado en ciencias sociales, master en salud pública)
- Hugo Mora Poltronieri (profesor de ciencias y química, profesor de metodología de las ciencias Facultad de Educación)
- Manuel Pulido Mendoza (doctor en filología hispánica)
- Juan Ramirez Puche (doctor en medicina y cristiano de base)
- David Remondo Bueno (doctor en ingeniería electrónica, licenciado en ciencias físicas y profesor universitario)
- Jorge Rinaldi (licenciado en psicología y profesor universitario)
- Luis Rodero Merino (doctor en informática e investigador)
- José Rodríguez Pimentel (licenciado en filosofía, psicología y teología, profesor de la Universidad de Salamanca)
- Felipe Sánchez Martínez (doctor en informática)
- Miguel Sanz Alix (catedrático de matemática aplicada de la Universitat de València)
- María Fernanda Serrano Carrasco (licenciada en pedagogía y psicóloga clínica, profesora de la Universidad de Salamanca)
- José Ramón Soriano Reig (licenciado en teología, en filosofía y en psicología)
- Narcís Subils i Pagès (doctor en ciencias económicas)
- Luis Varela Ortiz (licenciado en derecho y profesor universitario)
- Angel Villagrá Rubio (sociólogo y documentalista científico en ciencias sociales, CSIC)
- Ana Viñuela Rodriguez (licenciada en biologia, master en bioinformática y biologia computacional, doctoranda en genética)
- Mario N. Zonis (ingeniero y profesor universitario)

- José Javier Albor(anestesista)
- Beatriz Alcaide Arenales (licenciada en economía y profesora)
- Albeto Amortegui
- María Jesús Arana Valverde (licenciada en biología y directora de la ONG Zorro Negro)
- Sergio Aranda Klein (licenciado en ingeniería)
- Esther Arbones Fernández-Vega
- Gloria Arbones Fernandez-Vega
- Mª José Arbones Fernández-Vega (diplomada universitaria en enfermeria)
- Fernando Arenas Mena (enfermero)
- Jurgi Areizaga Casares (licenciado en ciencias del mar)
- José Miguel Arranz Sanz (licenciado en filosofía y profesor)
- Luis María Arredondo Díez (administración y dirección de empresas)
- Emiliano Astasio Granado (informática de gestión)
- Eduardo Balanza Martínez
- María Balanza Martínez (licenciada en filosofía y profesora)
- César Barrantes Bolaños (periodista y secretario Asociación Costarricense de Humanistas Seculares)
- Isabel Alejandra Béjar (profesora)
- Araceli Beltrán Cuesta (bibliotecaria)
- Juan José Cartón Villarino (Programa de Convivencia Intergeneracional, Servicio de Asuntos Sociales, Universidad de Salamanca)
- Julio Bautista Liébana (licenciado en matemáticas)
- María Eugenia Bengolea (psicóloga social)
- Yolanda Bernárdez Morales (licenciada en psicología)
- Arnaldo Berrios Matus
- Jeudy Blanco (ingeniero en computación y presidente de la Asociación Costarricense de Humanistas Seculares)
- Jordi Boloix i Romero (ingeniero informático)
- Francisco Boluda Montoyo (ingeniero técnico de obras públicas)
- Marina Boluda Terol (estudiante de ciencias)
- Coral Bravo
- Mª Dolores Bravo Lara (licenciada en geografía e historia)
- Carmen Buiza Sánchez (licenciada en biología y catedrática)
- Norma Beatriz Cajal (profesora de sociologia y psicopedagoga)
- Laura Callizo Villagrasa (estudiante de geología)
- Arnau Cangròs i Alonso (ingeniero de caminos)
- Pablo Carbonell Alonso (arquitecto)
- Álvaro Carretero Luna (ingeniero)
- Pedro Carrillo Rubio
- José Carrión Beltrán
- Mónica Caballo Baldominos (licenciada, bibliotecaria y documentalista)
- Pablo Carrillo Reyes (licenciado en biología y doctorando)
- Santiago José Cartamil Bueno (estudiante de física y de ingeniería electrónica)
- Osvaldo Daniel Del Castello (investigador)
- Jaime Andrés Castro (licenciado en ciencias del mar)
- Jesús Javier Chaves Declara (licenciado en derecho)
- Carlos Cidoncha Rodríguez (aparejador)
- Luis María Cifuentes (catedrático de filosofía)
- Vicent Climent Llorca (licenciado en ciencias químicas y profesor)
- Andrés Correa Casablanca (estudiante de matemáticas e ingeniería informática, soporte a la investigación de CEPHIS)
- Itamar Covarrubias (estudiante de matemáticas)
- Vicente Daniel Crespo Roures (licenciado en biologiay paleontólogo)
- Mónica Laura Creus Ureta (licenciada en psicología y fundadora de A.S.I. NO -Abuso Sexual Infantil NO)
- Adán Cuamatzi Cuamatzi (licenciado en psicología y educador sexual)
- Vicent Cubells Peña (ingeniero técnico en informática de sistemas)
- Daniel de Culla (estudios superiores)
- Juan Antonio Delgado Fernández (ingeniero industrial)
- Carlos Raúl Díaz
- Andrés Manuel Díaz Prieto (licenciado en matemáticas y profesor)
- Josep Maria Encuentra Martínez (licenciado en psicología)
- José María Espada Calpe (antropólogo y coordinador de Heterodoxia, Red de Hombres por la Igualdad)
- Gerardo Cruz Esparza Monsiváis (psicólogo clìnico)
- Antonio Estevez Dieguez (perito químico)
- Samar Fayad Herreras (licenciada en ciencias del mar)
- Elisenda Font Campdelacreu (licenciada en matemáticas y catedrática)
- Albert Febrer Moral
- Borja Fernández Gauna (ingeniero en informática y profesor de la Universidad del País Vasco - EHU)
- Alvaro Fernández Gómez
- Ricardo Forcat González (bachiller superior)
- José Luis Freire (jefe de Servicio de Programación Ministerial)
- María Freyre Sánchez (estudiante de biología)
- Alexander Gamboa Benavides (administrador de proyectos de T.I.)
- Jorge García Gil
- Adriana García Moreno (llicenciada en antroplogía)
- Carlos García Moreno (licenciado en psicología)
- Zeltia Gato Mato (tecnica superior en quimica ambiental)
- Javier de Hoz Monge (estudiante de derecho)
- Oscar Noel Gavira Romero (licenciado en biología)
- José Luis Giménez (diplomado en ciencias empresariales y escritor)
- Carlos Ginés Vázquez (estudiante de biología)
- Aldo Juan Gil Crisóstomo (ingeniero y matemático)
- Mª Virtudes Gil Micó (profesora de inglés)
- Laura Gil de Santos (formación profesional)
- Alejandra Gómez
- Ernesto Gómez (profesor)
- Eusebio Gómez Bautista (bibliotecario)
- Miguel Ángel González Alonso (licenciado en ciencias geológicas)
- Mª Isabel González de Canales Cerisola (profesora de biología)
- Adriana Gonzalez Duran (licenciada en biología)
- Matteo Guainazzi (investigador astrónomo)
- Antonio Guerra Vega (licenciado en filología hispánica y profesor)
- Guillermo Guevara Pardo
- Fernando Gutiérrez (profesor de matemáticas y filosofía)
- Angela Gutiérrez López
- Claudia Y. Gutiérrez Reyes (estudiante)
- David Herrera Fernández (estudiante de informática)
- Antonio Javier Herrera Sánchez (licenciado en traducción e interpretación)
- Fernando a. Huacuja Medina (licenciado en turismo, profesor e investigador)
- Santiago Iglesias Barrenechea (licenciado en ciencias del mar)
- Marco Inghilleri (psicólogo presidente de la Associazione Italiana di Psicologia e Sociologia Interattivo-Costruttivista)
- Rosa Maria Julián Quílez (auxiliar de enfermería)
- Máximo Kinast Avilés (licenciado y vicepresidente de CyberAteos)
- Manuel Roberto Leonís Ruiz (estudios medios tecnológicos y mercadotecnia)
- Jaime Laz Bey (ingeniero técnico)
- Silvia Lázaro Díaz (escritora, ex-docente y editora de Escritoras Andaluzas)
- Ana Lezcano Pastor (licenciada en bellas artes)
- José Joaquín López García (ingeniero técnico de telecomunicaciones y profesor)
- Julio López Guillén (estudiante universitario y presidente de Pecaminata)
- Alberto López Vela
- María Jesús Lozano París (licenciada en psicología y profesora)
- Jossie Malis (realizador e ilustrador)
- Juan Ignacio Manrique Berki (diplomado universitario en trabajo social)
- Rita Mañús Rayos (estudiante de psicología, directora de www.revista-ellas.com, presidenta de la asociación Mujeres para la Libertad y la Vida)
- Mª José Marín Vico (profesora de geografía e historia, asesora de coeducación CEP de Córdoba, Unidad de Violencia sobre la Mujer)
- Francisco Mariño Domínguez (licenciado en ciencias químicas)
- Agustín Martija Marijuan (formación profesional, técnico superior industrial)
- Andrés Martínez García
- Andrea Martínez González (licenciada en psicología)
- Rafael Martínez-Miralles (licenciado en derecho)
- Xavier Martínez y Sánchez de Neyra (licenciado en biología, profesor y director IES)
- Victoria Martínez Sogorb
- Ascensión Matilla Elices
- Pepe Mejía (periodista)
- Francisco Mercader Rubio (licenciado en bellas artes)
- Concha Merchán hernández (profesora)
- Francisco Miñarro
- Juan Molina Porras (catedrático de lengua y literatura, miembro del Proyecto de Investigación I+D+I Plan Nacional 2008-2010)
- Norberto Mollo (profesor de ciencias naturales)
- Carlos Enrique Montoya González (músico)
- Inés María Montoya González
- José Antonio Montoya Sánchez (estudiante de filosofía)
- Eva Moral Cabrero (pedagoga y técnica en discapacidad)
- Ubaldo Morales Álvarez (licenciado en química, profesor)
- Sonia Morales del Valle(escritora, poeta y estudiante de humanidades)
- Alejandro Moreno Sánchez (licenciado en historia)
- Joan Morera Arbones (licenciado en bellas artes)
- Raúl Jimeno Mouzo (ingeniero de telecomunicación)
- Tania Muñoz Navarro (artista e investigadora)
- Ramón Antonio Murillo Alfaro (licenciado en ciencias económicas y sociales)
- Ángel Naranjo del Peso
- Federico Noriega Gonzalez
- Roberto Núñez (estudiante de informática)
- Antonio O. G. (funcionario)
- Isidora Olivera Avezuela (profesora de inglés)
- Pedro F. Orduna Serón (licenciado en ciencias de la educación)
- Ana María Palos de Foronda
- Rafael Pastor Fuster (ingeniero agrónomo y profesor de tecnología)
- Rolando Alonso Peña Casas (ingeniero químico)
- Silvana Perazo Silvani (profesora de educación especial)
- Angel Jesús Pérez Jiménez (licenciado en filosofía y profesor)
- Luis Manuel Pérez Llera (ingeniero)
- Miguel Angel Pineda Jauregui
- Enrique Armando Quisto Rosas (profesor de ciencias)
- José María Ramírez Ortega (ingeniero técnico forestal y profesor)
- Óskar Rómmel Piragaüta Rivera (diseñador gráfico)
- Luis R. Ramos Rodriguez (presidente de la Sociedad de Escépticos de Puerto Rico)
- Francisco Ranea Munill (diplomado universitario en enfermería)
- José Rayos Menárgez
- Alejandro Reina Conde (estudiante de astrofísica)
- Pascuala Reina Garcia (tecnica superiora en educación infantil)
- Ana Maria Requejo (licenciada en derecho y especialista en violencia familiar)
- Emili Ricou Barceló (ingeniero químico y economista)
- Milagros Riera
- Ricardo Rodríguez del Río (licenciado en derecho)
- Adrián G. Rodríguez Solórzano (licenciado en ciencias económicas y sociales)
- Azucena Rodriguez Yebra (estudiante de químicas)
- Beatriz Rojo Sánchez (licenciada en filosofía y profesora)
- Felipe Román Requena (licenciado en ciencias biológicas y profesor)
- Antonio Romero Hernández (técnico documentalista)
- Gabriel Héctor Rubinstein (psicólogo social)
- Pedro Rubio Cruz
- Ignacio Rubio Romero (ingeniero de montes)
- Raquel Ruiz (estudiante de antropología)
- Carlos Ruiz Escudero (ingeniero y coordinador de la Comisión de Servicios Públicos de ATTAC)
- Beatriz Ruiz de Hoyos (ingeniera agrónoma)
- Ricardo Salaya Monsell (licenciado en geografía)
- Emilio Salcedo Martínez
- Silvia San Martín Aparicio (licenciada en ciencias físicas)
- Alejandro Sánchez (ingeniero superior de montes y técnico superior en prevención de riesgos laborales)
- Ricardo F. Sánchez (ingeniero y vicepresidente de Universo Digital - universo.liada.net)
- Francisco Javier Sánchez Conde (licenciado en ciencias biológicas)
- Guadalupe Sánchez Guinart (licenciada en ciencias del trabajo)
- Raúl Sánchez Herranz
- José Manuel Sánchez Mesejo
- Marta Santos Náñez (licenciada en periodismo)
- Carmen Secades (licenciada en psicología y fundadora de la Asociacion Argentina de Sexología y Educación Sexual)
- Sofia Segura Herrera (artista plástica)
- Rose-Marie Serrano (lingüista y profesora)
- Montserrat Sierra Hernández (estudiante de psicología)
- Lízbeth Solano Alpízar (licenciada en psicología)
- Marta Stefanic (psicóloga social)
- María José Teruel López (estudiante de filosofía)
- José Luis Tirado
- Lidia Torres Carmona (educadora social)
- Eduardo Traversa (licenciado en quimica y editor del magazine VIVE TIERRA)
- Claudia Truzzoli (licenciada en psicología)
- Juan Urrios Alonsoe (estudiante de ingeniería técnica)
- Fernando Valdés Muñoz (técnico superior en sanidad ambiental)
- Carmen Valverde Guerrero (administrativa)
- Jean-Claude Vanhille Lite (profesor)
- Montserrat Vargas Urquizu (licenciada en filosofía y en psicología, jefa de departamento de orientación)
- Luis Vega Domingo (ingeniero aeronáutico y presidente de AMAL)
- José Juan Vegá Pérez (estudiante de biología)
- Rodrigo Ventura (estudiante de filosofía)
- Mar Vidal Carreras (estudiante de historia)
- Jordi Vilanova i Torrent (licenciado en economía)
- Antonio Villaescusa Soriano (licenciado en derecho y administración de empresas)
- Álvaro Villoslada Peciña (estudiante de ingeniería técnica industrial
- Gabriela Karina Zanger Rial
- Brahim Zamora Salazar (educador sexual y escritor)
- Dolores Zarza Alabanda (licenciada en filología y profesora)
- José Luis Zerón Huguet (director de la revista Empireuma)
- Antonio Ferrer Moreira (mestre)
- Ana Mª Doporto Framil (farmaceutica)
Categoría: Xeral - Publicado o 26-04-2009 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Cousas do teléfono móvil

O número de emerxencias en todo o mundo é: 112. Este número pode ser marcado anque o teléfono esté bloqueado.


Deixaches as chaves dentro do teu coche e estás lonxe da casa onde tes outro control remoto para abrilo? Pois ben, a solución está en que chames a túa casa e que alguén acerque o mando de apertura ó teléfono. Ti terás que manter o teléfono a aproximadamente 20 cms de distancia da porta do coche. Ó facer isto… Bingo, os seguros saltan! Isto tamén serve para o Maletero.

Esgotouse a batería do teléfono móvil? Tódolos móviles teñen unha reserva de carga nas súas baterías que ó marcar *3370# automáticamente se activa, dándoche ata un 50% de carga adicional. Cando volvas a recargar o teu teléfono, volverá a recargarse automáticamente e terás outra reserva para outra ocasión.

Que facer se che rouban o móvil? Os comerciantes de móviles manteñen oculta esta información para que o ladrón sega utilizando o servizo e consumindo e, ó mesmo tempo , a víctima do roubo compre outro teléfono e sega consumindo tamén.

Necesitas conseguir o número de serie do teu equipo. Para acadar o número de serie marca *#06# SEN CHAMAR, e sen máis, no visor aparece un código. Este código único en todo o mundo é o número de serie do teu equipo. Toma nota do mesmo e consérvao nun lugar seguro. Se che rouban o móvil, avisa ó operador da túa compañía e dalle este código. Isto vai permitir que o móvil sexa bloqueado completamente, anque o ladrón cambie a tarxeta SIM.
Categoría: Informática - Publicado o 25-04-2009 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
A vída das bolsas de plástico
Unha información emitida pola Axencia de Protección dos Estados Unidos, revela que aproximadamente se consume cada ano, arredor do mundo, entre 500 billóns e un trillón de bolsas plásticas.

Menos do 1% das bolsas se recicla. É máis costoso reciclar unha bolsa plástica que producir unha nova.

Un estudo de 1975 demostrou que as embarcacións transoceánicas, arroxaban en conxunto 4 millóns de kilos de plástico ó mar, cada ano. A razón pola cal os vertedoiros
do mundo non estaban inundados de plástico, era porque a súa maioría terminaba no océano.

Se usamos una bolsa de tela, podemos aforrar 6 bolsas por semana. Es decir, 24 bolsas al mes. O sea, 288 bolsas al año. O sea, 22176 bolsas durante una vida promedio.

Se só 1 de cada 5 persoas no noso país fixera isto, aforraríamos 1.330.560.000.000 de bolsas durante nuestras vidas.

Bangladesh prohibíu as bolsas plásticas.

China prohibíu as bolsas plásticas gratuitas.

China aforrará 37 millones de barriles de petróleo cada ano, grazas á prohibición de bolsas plásticas gratuitas.

Irlanda foi o primeiro país en Europa, en poñer impostos sobre as bolsas plásticas en el 2002. Desta forma, reducíu o consumo en un 90%..

En el 2005, Rwanda prohibíu as bolsas plásticas.

Israel, Canadá, India del Oeste, Botswana, Kenya, Tanzanía, África del Sur, Taiwán e Singapur tamén prohibiron, ou están no proceso de prohibir as bolsas plásticas.

O 27 de marzo del 2007, San Francisco convirtéuse na primeira cidade de EE. UU., en prohibir as bolsas plásticas.

Oakland e Boston están considerando la prohibición.

As bolsas plásticas están feitas de polietileno: un termoplástico que se obtén do petróleo.
Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 24-04-2009 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -