Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Aplicacións dos blogs
En castelán

Categoría: Informática - Publicado o 23-03-2011 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
Multas
Sabías que te poden multar por recoller a un autoestradista. Ou por non indicar á DXT que cambiaches de domicilio. Debaixo temos un montón de multas, as primeiras son multas que máis ou menos todos coñecemos, pero logo veñen outras máis descoñecidas. Están telas a man para recordalas de cando en vez.

O exceso de velocidade, falar polo móbil, deixar o coche en dobre fila, circular sen o cinto, conducir bebido ou non manter a distancia de seguridade adecuada co vehículo que nos precede, son algunhas das multas máis habituais. Pero, ollo, porque en 2011 a estas sancións sumaranse outras máis curiosas, que che poden sorprender. E é que, para manter os mesmos ingresos por multas de tráfico que en 2010, os concellos e a DXT necesitarán incrementar o número de sancións interpostas. A razón: A nova normativa sancionadora -en vigor desde maio de 2010-, pola cal se unha multa se pága, sen recorrer, nun prazo de 20 días desde que cha notifican, só abonas o 50% do seu custo. Iso implica que se recade menos por este concepto.

Descoidos que che sairán caros
:

-Non indicar á DXT que che cambiaches de domicilio: 80 €
-Ir co carné caducado: 200 €
-Non pasar a ITV: 200 €
... e conducir sen ter carné: 500 € -sen puntos-. -Se conduces e non tes carné porque a DXT ou un xuíz cho retirou cometes un delito castigado con tres a seis meses de prisión e unha multa de ata 12 meses. Se tes carné, e o esqueces na casa e conduces sen levalo, a multa é de 10 €.

Como peón, tamén te multarán:

- Atravesar a calzada extremadamente amodo -aínda que sexa por un paso de peóns- sen razón xustificada: 80 € - cruzar por un lugar indebido ou camiñar pola estrada teñen igual multa-.
- Cruzar co semáforo para peóns en vermello -e, ata, cando xa está en ámbar-: 200 €
- Provocar un accidente por camiñar pola calzada dunha estrada -dá igual se vas bebido ou non-: 200 €
-Camiñar por un carril-bus -o BUS VAO- ou para bicis: 200 €.

Trucos que che custarán moito
:

-Circular pola beiravía sen un causa xustificada -por exemplo, para ir máis rápido nun atasco-: 200 €
-Coarse nun carril de alta ocupación indo ti só no coche -como mínimo, deben ir dúas persoas-: 200 €
-Dar unha freada sen razón xustificada, por ex., porque viches un radar e freas bruscamente para evitar a multa por ir a máis velocidade da permitida: 200 € -se os axentes consideran que a túa manobra foi temeraria, 500 € e 6 puntos-.

Non te arrisques:

- Circular cun vehículo sen paragolpes: 200 €
- Circular coas rodas en mal estado: 200 ?
-Circular co teu coche? despois de que che denegaron a ITV: 500 €
-Circular coa matrícula en mal estado ou cun tamaño non homologado: 80 €
- Pór adornos, debuxos ou publicidade na matrícula: 80 €
-Tirar obxectos -panos, bolsas, papeis- á estrada: 200 €
-Iniciar a marcha facendo patinar a rodas á mantenta: 100 €
-Arroxar unha cabicha ou vidro que poidan causar incendios: 200 €
- Usar ao volante obxectos que che distraian da estrada -manipular o GPS-: 200 €
-Conducir con cascos de audio postos -dun Mp3 por ex.-: 200 €
Está prohibido e é perigoso
- Circular detrás dun coche sen deixar a distancia mínima de seguridade -70 metros-: 200 € e catro puntos.
- Organizar ou participar en carreiras de coches ilegais:  500 €
- Non ceder o paso a outro vehículo canto este último teña preferencia: 200 € e 4 puntos
- Dar marcha atrás sen que estea permitido -na estrada, por ter pasado un desvío-: 200 € e 4 puntos
- Adiantar a un vehículo pegándoche moito a el cando che colocas diante: 200 €
- Aumentar a velocidade cando che van a adiantar: 200 €
- Deixar o coche en dobre fila: 200 €
-Circular en bicicleta sen levar o alumado, en situacións de baixa visibilidade: 80 €
-Non activar as luces do coche cando non hai boa visibilidade: 200 €
- Non levar iluminada a matrícula posterior: 200 €
- Usar o claxon sen motivo que o xustifique: 80 €
- Subirse co coche á beirarrúa ou deixalo aparcado nela: 200 €.
Categoría: Curiosidades - Publicado o 23-03-2011 17:05
# Ligazón permanente a este artigo
A Traviata nun supermercado


En
Alma Carioca atoparás un montón de boa musica.
Categoría: Ópera - Publicado o 22-03-2011 22:32
# Ligazón permanente a este artigo
Día da muller



Máis
Categoría: Xeral - Publicado o 08-03-2011 10:44
# Ligazón permanente a este artigo
Los suaves
Que facer cando os soños marchan

Categoría: Música instrumental - Publicado o 08-03-2011 04:06
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -