Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Julia Otero con Arcadi Espada
Esta conversa está dando moito que falar. Os afíns a Rosa Diez queren defendela. A bronca non ten desperdicio.


Categoría: Arroutadas - Publicado o 06-03-2010 15:17
# Ligazón permanente a este artigo
Bilingüísmo cordial
Feijóo estivo hoxe en Onda Cero e falou da lingua.
Descoñece a terminoloxía básica sociolingüística: " non creo na inmersión total de Galicia, nin en castelán, nin en galego". Inmersión só pode habela en galego, na lingua B, e é o método máis eficaz para a normalización. O outro caso sería submersión e tamén o camiño máis eficaz para o asesinato dunha lingua e que se practicou en Galicia durante case todo o século XX, polo menos.
Minte: "A inmersión é económica e lingüísticamente inviable"En todo caso sería necesario un plan con datas e obxectivos para levalo adiante.
Introduce preceptos racistas: "defendo o bilingüismo cordial". Só se fala de bilingüismo cordial ao referirse ao galego. Isto é, o galego debe ser cordial, debe ceder, aínda máis. A cordialidade non se predica, nunca do castelán. O castelán pode ser insultante, despreciativo, pode ir arrasando, ten preferencia. É unha forma curiosa de aplicar a política do equilibrio lingüístico que tamén predica este goberno. En definitiva, ao ser o concepto de bilingüismo cordial, unha idea que perxudica a unha lingua en beneficio absoluto da outra, é unha forma de defender o racismo lingüístico.
Despreza ao profesorado e a toda a pedagoxía: "restaurar o dereito dos alumnos para poder dirixirse ao profesor de forma oral e escrita, en clase, en calquera dos dous idiomas oficiais de Galicia". Como van aprender a falar en galego aqueles rapaces das cidades que desenvolven toda a súa vida en entornos castelán-falantes se nin tan siquera teñen obriga de falalo e escribilo na escola? E o repecto ao profesorado? E o respecto á nosa lingua? O único que importan son os dereitos individuais dos castelán-falantes cando falan en castelán, e o dereito a usar o castelán en Galicia en todos os ámbitos e por todo o mundo.

E a foto? Que ten que ver con todo isto?
Feijóo fixo máis declaracións. Estas sobre a visita do Papa a Santiago. Aclaramos unha cousa: que polo que nós sabemos este Papa non ten fillos, nin se lle esperan.
Despreza ao galego: Comentou que estaba moi satisfeito pola visita do Santo Pai.
O descoido e o descoñecemento son formas de desprezo.
O desprezo tamén é unha forma de desprezo. No seguinte artigo Henrique Rabuñal lémbranos como hai ben pouco tiñamos que oir a Feijóo falar en castelán en Lisboa.


Sacado do Taboleiro do Colmeiro
Categoría: Paradoxos - Publicado o 05-03-2010 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
Novo bloque de Orientación é PT

Novo blogue de Orientación e Pedagoxía Terapéutica, do compañeiro Roberto Maquieira.
Un interesante bloque a seguir de alguén que domina, a informática, e que creará recursos para todos nós, sobre todo para os relacionados con esta temática , e , por suposto, para os nenos con estas necesidades educativas.

Xa ten en descargas e utilidades:

- Un programa de Axuda para a Programación e Avaliación
- Un pequeno programa de lectoescritura
- Actividades de "lengua".

En Orientación:

- Unha proposta de ACS

Nas TIC

- Creación de menús por departamentos en Drupal

En contos

- Un par deles
Categoría: Informática - Publicado o 04-03-2010 23:21
# Ligazón permanente a este artigo
Castellana de Castilla
Pola rede circula este poema de Rosalía de Castro, dedicándollelo a Rosa Diez.

Castellana de Castilla,
tan bonita e tan fidalga,
mais a quen para ser fera
ca procedensia lle abasta.
Desíme, miña señora,
xa que os mostrás tan ingrata,
si o meu rendimento homilde
bascas de enoxo vos causa,
pois cando onda vós me achego
cuspís con ardentes ansias,
i ese mirar de pombiña
volvés en fosca mirada,
tornando en sombrisa noite
o día que en sol se baña.
En vano intento, señora,
saber por que me maltrata
dama dun alma tan nobre,
aunque soberba por fama,
pois n'é motivo a desprezo
sintirse tan ben amada,
que as mesmas pedras, señora,
dun bon querer se folgaran.
Din que na nobre Castilla
así ós gallegos se trata,
mais debe saber Castilla
que de tan grande se alaba,
que sempre a soberbia torpe
foi filla de almas bastardas;
e sendo vós tan sabida,
nunca de vó-lo pensara,
que de tan alto baixando
vos emporcases na lama;
nin que chamándovos nobre,
tanta nobreza enfouzaras
imitando ós que vaidosos
no que está débil se ensañan.
Pero máis val que enmudeza,
pois tes condición de ingrata;
que predicar en deserto
na miña terra n'é usanza.
Si fun curpabre en quereros
coma ningún vos amara,
por ser de terra gallega
e serdes vós castellana,
en paz, señora, vos deixo
ca vosa soberba gracia,
e voume á Galicia hermosa
donde en xuntanza me agardan
o que non tendes, señora,
i o que en Castilla n'achara:
campiños de lindas rosas,
fontiñas de frescas auguas,
sombra na beira dos ríos,
sol nas alegres montañas,
caras que nacen sorrindo
e que sorrindo vos aman,
e que inda mesmo morrendo
en sonrisiñas se bañan.
Alí, señora, contento
cantando o doce ala lala,
baixo a figueira frondosa,
en baixo da verde parra,
c'aquelas frescas meniñas
que mel dos seus labios manan,
cando en falar amoroso
meigo nos din en voz maina
con tódalas de Castilla
nobrísimas castellanas
olvidareivos sin pena,
anque sos vós tan fidalga.
Que aló saben ser altivas,
pero non saben ser vanas,
i é fácil con doces tomas
olvidar tomas amargas.
Déchesmas vós, mi señora,
con desprezo envenenadas,
inda con fero máis fero
que pelica de laranxa;
mais teño por que me pase
aquel sarrapio que escalda,
teño unha dama nos Portos,
outra no Ribeiro de Avia;
si a dos Portos é bonita
a do Ribeiro lle gana.
Cantares Gallegos (1863)
Categoría: Poesía - Publicado o 04-03-2010 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Intelixencias múltiples
Howard Gardner, autor da Teoría das Intelixencias Múltiples, cuestiona as visións tradicionais da intelixencia, segundo as cales se tráta dunha habilidade simple que cada ser humano posúe en maior ou menor medida, porque pon excesiva énfase nos aspectos cognitivos, descoidando o papel da personalidade, as emocións e o contacto cultural en que se desenvolven os procesos mentais.


Categoría: Ensino - Publicado o 02-03-2010 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -





Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0