Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fico Assim sem Voce
É máis bonita a versión de Adriana Canhoto pero non a deixa insertar. Aqui temos unha versión de Claudinho e Buchecha.




Avião sem asa
Fogueira sem brasa
Sou eu, assim, sem você

Futebol sem bola
Piu-piu sem Frajola
Sou eu, assim, sem você...

Porque é que tem que ser assim?
Se o meu desejo não tem fim

Eu te quero a todo instante
Nem mil auto-falantes
Vão poder falar por mim...

Amor sem beijinho
Buchecha sem Claudinho
Sou eu, assim, sem você

Circo sem palhaço
Namoro sem amasso
Sou eu, assim, sem você...

Tô louco pra te ver chegar
Tô louco pra te ter nas mãos

Deitar no teu abraço
Retomar o pedaço
Que falta no meu coração...

Eu não existo longe de você
E a solidão, é o meu pior castigo
Eu conto as horas pra poder te ver
Mas o relógio tá de mal comigo...

Por que? Por que?

Neném sem chupeta
Romeu sem Julieta
Sou eu, assim, sem você

Carro sem estrada
Queijo sem goiabada
Sou eu, assim, sem você...

Porque é que tem que ser assim?
Se o meu desejo não tem fim

Eu te quero a todo instante
Nem mil auto-falantes
Vão poder falar por mim...

Eu não existo longe de você
E a solidão, é o meu pior castigo
Eu conto as horas pra poder te ver
Mas o relógio tá de mal comigo...
Categoría: Música da lusofonía - Publicado o 31-03-2009 08:28
# Ligazón permanente a este artigo
A Caixa de Pandora. A imposición ?
Artigo de opinión, moi interesante, de Manolo Rivas, sacado do periódico O Pais, que nos conta como algunhas mentiras - como a da imposición do galego - duran no tempo e fan máis dano do que un pensa moitas veces, sobre todo cando están apoiadas polos grandes medios de comunicación.

"O proverbio di que se pilla antes a un mentireiro que a un coxo. Mais o que o proverbio non conta son as veces que na historia a xente confundiu o coxo co mentireiro e foi á súa caza, mentres o mentireiro aínda tiña tempo de rir do aleixado: "Que ben coxea ese cabrón!". Moitas teñen sido as trolas que colaron na Historia. Trolas que fixeron moito dano. Trolas que duraron anos e anos. Que acadaron o rango de grandes verdades instituídas até esvaeceren na nada. Trolas que marcaron a ferro a xeracións enteiras. E aínda a culpa sería do pobre coxo que, como Galileo, tratado de mentireiro durante séculos, ousara afirmar: "E pur si muove!"

O Galilei demostrara que a Terra viraba sobre si e arredor do Sol. Mais o pensamento túzaro da época non estaba para aturar semellante sutileza. Penso que ese sería un bo lema para o futuro do galego nestes tempos de tribulación, no que se anuncia a derrogación das leis que desenvolvían o mandato da Constitución para acadar unha real cooficialidade. É o intre de que todas as persoas e entidades conscientes da delicada situación na que se atopa o noso máis valioso patrimonio cultural, pronuncien en nome do galego: "Eppur si muove!" (Móvese!).

Por que chegamos a esta situación, impensábel aínda hai ben pouco? Porque se abriu, por oportunismo electoral, a caixa ou xerra de Pandora, a que gardaba as treboadas, tronos e lóstregos. E espallou-se, con total irresponsabilidade, unha consigna envelenada: a da presunta "imposición" lingüística (do galego sobre o castelán!). Hai trolas que, na lembranza, ficarán como trasnadas de campaña, como trapalladas. Mais hai trolas que se espallan como mecha, aniñan nos prexuízos e atoan o entendemento. Non só afecta ao futuro do idioma galego. Cando se produce o triunfo dunha falsidade é toda a sociedade democrática a que padece os efectos. A unha trola pode seguir outra até construír unha imaxe falsa da realidade. E iso só pode traer unha consecuencia: desleixo educativo, empobrecemento cultural e retroceso democrático e no benestar social. Como estamos a ver coa crise da economía global, unha sociedade aberta e próspera só pode cimentarse sobre a verdade das cousas.

Nestes últimos meses tenme cadrado falar con diferentes persoas totalmente convencidas de que nos centros de ensino de Galicia, mesmo na Coruña, onde moramos, os rapaces só poden estudar castelán na clase de lingua e literatura castelá. E aínda máis. ¡Había centros que se converteran nunha especie de campos de concentración onde os rapaces só podían expresarse en castelán nos recreos e aínda así eran vixiados! Quen me contaba iso eran persoas correntes. E non só no ensino público. Tamén nos concertados ou privados había a "imposición"! Preguntei se nos centros onde ían os seus fillos pasaba tal cousa. Responderon que non, por suposto. Preguntei entón o nome dalgún centro onde se dera ese estado de "imposición" totalitaria, que mesmo levaba á persecución dos nenos no tempo de lecer. Os institutos públicos? Os Xesuítas? A Grande Obra? A Compañía de María? Talvez nos colexios do Opus se estaba a impoñer o galego e nós sen sabelo. Non. As respostas eran sempre as mesmas. Dis que por aí... E o por aí sempre é outro sitio, a cada vez máis afastado. Primeiro, Corcoesto. Logo, Coirós. Logo, Irixoa. Logo... Talvez na Galitzia, en Polonia. É dicir, un lugar imaxinario. Na auténtica realidade, na realidade que estaba diante nosa, a gran maioría dos centros non acadaba os mínimos da cooficialidade bilingüe.

O presunto estado de "imposición" funcionou e funciona como unha lenda urbana. Todo o mundo preocupado por unha "imposición" inexistente, mentres o que ocorre na realidade é un proceso cada vez máis acelerado que pode levar ao border line da extinción. O mundo do revés. O que ocorreu e está a ocorrer con este asunto lembroume a inesquecíbel lección de xornalismo que deu Le Monde cando publicou unha reportaxe no municipio de Francia onde a dereita bruta de Le Pen acadara maioría absoluta, que era na área próxima á fronteira con Alemaña. Un lugar moi tranquilo, mesmo bucólico. A maioría dos seus habitantes eran maiores, na vellez ou camiño dela. Os xornalistas foron preguntando o por qué apoiaran esa opción extrema e todos os entrevistados coincidían: para frear a inmigración. Mais ocorría unha cousa curiosa: nese municipio era no que menos inmigrantes había e os que había dedicábanse, precisamente, a coidar as persoas anciás en condicións salariais que os franceses de toda a vida non aceptarían nin a tiros. Así que a realidade era ben surrealista: vellos coidados por inmigrantes que daban o seu voto a unha formación política que quería botar fóra os emigrantes. Tíralle do aire!

Mais volvendo ao noso marabilloso caso, está claro que a lenda urbana da "imposición" funcionou porque a dereita mudou a súa posición histórica (a mantida dende 1983) e adoptou as teses extremistas, talvez para cegar o paso a Rosa Díez, que foi tan axiña upada como será desprezada cando xa non sexa útil. O outro factor foi que en medios importantes, e tradicionalmente prudentes, a verdadeira información foi substituída pola maquinaria pesada da propaganda. Tamén sumándose á lenda urbana da "imposición".

Hai algunhas lendas "urbanas" máis, derivadas do pensamento túzaro, que deforman por completo a realidade. Por exemplo, esa ladaíña de que a cultura galega é unha cultura subvencionada. Os máis afeitos a ese retrouso, por suposto, son os profesionais das subvencións, os expertos en chupar da teta. Fronte a esa lenda, cómpre dicir a verdade: non hai cultura menos subvencionada que a galega en toda a contorna do mundo occidental. Na lenda urbana dos túzaros, fálase de continuo de presuntos intelectuais e artistas que viven na gloria subvencionados e agradecidos. Eses seres, por suposto, non existen. Todos, que eu saiba, teñen que compatibilizar o seu mester con outro traballo para tirar adiante. Os que si existen son os ventrílocuos dos medios subvencionados. Ninguén cuestiona as subvencións directas a deportistas, mais non hai nada semellante no eido da cultura. Aquí o que cobrou subvención foi Julio Iglesias, que levou por un día máis que a cultura en todos os tempos, Bella Otero incluída. En serio. O que se destina ao libro e ás bibliotecas galegas segue a ser moi pouco en comparación co resto de España e Europa. E velaí temos o resultado: seis de cada dez galegos afirman que non len nunca (é dicir, nunca!) un libro. Haberá quen diga que os libros son malos. Mais é difícil saber se un libro é malo se non se abre nunca ningún (é dicir, ningún!).

Ben. Impúxose a mentira da "imposición". Hai que recoñecelo. O modelo de normalización por consenso foi derrotado. Foi derrotada a herdanza de Ramón Piñeiro e da moderación galeguista. Mentres prosegue a satanización do ex Goberno, co concurso entusiasta dos inevitábeis discípulos de Caín, cómpre lembrar que tanto a Consellería de Educación como a Secretaría de Política Lingüística tiñan por titulares persoas independentes nomeadas polo PSOE, con bo historial, máis que pousadas, moi moderadas, e que levaron a súa función con tanto tento que me fai lembrar aquel verso aforístico de Pereiro: "Escribir con delicadeza na caixa de Pandora".

Mais os que abriron a caixa de Pandora non che estaban para delicadezas.

Os novos mandatarios, a comezar por quen vai presidir a Xunta de Galicia, terán a responsabilidade de ler de novo, polo miúdo, a histórica Lei de Normalización Lingüística (Lei 3/1983), aprobada por unanimidade de todos os grupos, e o decreto que desenvolve o previsto por esa lei no eido do ensino. Esa lexislación acordouse no Parlamento galego, mais é moi importante que non se esqueza que o seu berce está na Constitución democrática, onde se estabelece a especial protección e cooficialidade dos idiomas galego, vasco e catalán nos ámbitos territoriais das nacionalidades históricas. Así o ratificou, xa en varias ocasións, o Tribunal Constitucional. Cómpre lembrar unha vez máis que a Lei de Normalización foi promulgada por un Goberno conservador, sendo presidente o señor Fernández Albor, e que na súa elaboración tivo ese papel nuclear Ramón Piñeiro, a quen o señor Núñez Feijóo sinala sempre como un referente polo seu galeguismo moderado. Desa madeira, a do galeguismo ilustrado e liberal, é tanto a lei como o decreto que a desenvolve no ensino: textos racionais, sensatos e acordes co seu tempo e coa xustiza.

Esa lexislación non foi froito dun delirio. Foi moito tempo meditada. Foi feita por xente que cría na democracia e na autonomía. E no futuro da lingua galega, compartido nun espazo de simpatía co castelán. Pódense derrogar esa lei e ese decreto, mais por que e para que? Neles toma forma, con precisión e xustiza, o espírito da Constitución e do Estatuto de Autonomía.

Ande, señor Feijóo, tape a caixa de Pandora, devólvalla a quen a abriu, e proceda polo ben da Galicia enteira, esquerda e dereita, galeguista ou non, a escribir con delicadeza."

Categoría: Opinión - Publicado o 29-03-2009 22:08
# Ligazón permanente a este artigo
Ramón Piñeiro. Letras Galegas
Algunhas cousas sobre o homenaxeado este ano 2009 no día das Letras Galegas (17 de maio).







Categoría: Letras Galegas - Publicado o 29-03-2009 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Realidade Plurilingüe
Categoría: Galego - Publicado o 28-03-2009 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
Uxía Senlhe. Lingua/s?
"É um grave erro estratégico não afirmar que galego é português são a mesma língua. Há que fazer que vejamos as televisões portuguesas na Galiza para já. Temos a sorte de termos uma língua internacional com todas as vantagens das culturas internacionais com milhões de falantes e temos que aproveitá-lo, eu não entendo o erro dos políticos, e erro histórico de que essa nossa realidade lingüística se agache, parece-me um erro gravíssimo. Na medida em que nos afirmemos pertencentes à lusofonia formaremos parte dum mundo vasto e riquíssimo no âmbito cultural, temos uma cultura tão rica e da que somos o berço, que não podemos deixar que no-la apaguem".

Ler toda a entrevista
Categoría: Lusofonía - Publicado o 28-03-2009 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -