Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Cancións do xabarín para coreografías
Estase a poñer de moda facer videos con cancións e coreografías, en inglés chámanlle lipdub (dobraxe de beizos). En galego temos tamén algunhas cancións para poder facelos, atopei estas na páxina do Xabarín que teñen un bo ritmo. A primeira vai ben cos tempos de crise.



Prefiro bailar twist (Manquiña)

Fin de semana (Los Recienes)

Inmersión (La Marabunta)

Videoclip (As Amarguinhas)



Se sabedes doutras, podedes deixar a vosa opinión nos comentarios.

Ver máis.
Categoría: Música da lusofonía - Publicado o 29-02-2012 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
Ámote

Ámote from Seso Durán on Vimeo.



Adaptación do texto "O que queda é o amor", de Victor F. Freixanes.
Categoría: Galego - Publicado o 29-02-2012 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
Refraneiro e Cantigueiro dos Muíños
De Refraneiro e Cantigueiro dos Muíños


De Refraneiro e Cantigueiro dos Muíños


Álvaro P. P. (6º C)
Categoría: Río Gafos - Publicado o 28-02-2012 23:30
# Ligazón permanente a este artigo
A lenda da moura do río dos Gafos
O pego do río dos Gafos coñecido por poza da Moura, ao pé das Brañas de Salcedo, onda o Mar da Presa, encalco do muíño de Cabanas, está vencellado á lenda dunha moura, encanto de loiros cabelos, xenuíno ser mítico do patrimonio inmaterial da galeguidade:
Contan os nosos maiores que hai moito, moito tempo, un labrego da contorna, alindaba o seu gando nas Brañas, á beira do río dos Gafos. Coma ensoñación, do goio xurdiu unha fermosa muller en cuxos cabelos aniñaba o refolguexo do sol. A engaioladora dama adiantoulle que unha das súas vacas ficara preñada había pouco e que ía parir dúas fermosas crías, un xato e mais unha xovenca. En troco polo bo agoiro, a moura pedíulle ao gandeiro que lle chimpase a becerra na poza cando a vaca librase.
Pasaron os meses, pariu con ben o animal e, consonte o vaticinado pola xacia, trouxo unha repoluda parella de vitelos. Lembrou, daquela, o noso home, o trabuco avindo. Botou contas e reparou que, na feira, pagaríanlle mellor a becerra, polo que no canto de botar na poza a femia, botou o macho. Nun pestanexo, as augas calmas argallaron un remuíño e do ollo da ola aboiou unha grade de pau. Sentada nunha pena do río, fíxose visíbel a moura, recriminoulle ao labrego o seu aquel migalleiro e, antes de se sumir no piago, díxolle que de cumprir co trato, teríao agasallado cunha grade de ouro.

Bole na aldea unha outra versión, que, segundo o escoitado, é a que se lles adoita contar aos cativos:
Os vellos advirten os nenos do perigo agochado na poza da Moura, posto que, hai anos, un home que pasaba polo lugar guiando unha xugada, por causas aínda non ben esclarecidas, caeu ao río e xamais nunca se volveu saber del. Sospéitase que andaba en tratos coa moura da poza e quizais por non gardar fidelidade á palabra dada, o encanto cativou o campesiño, a parella e mais o carro, ad vitam aeternam, na insondábel fondura.

Sara T.S. (6ºA)

A lenda en Galicia Encantada.


Descargar ruta Sendeiro do río Gafos.
Categoría: Río Gafos - Publicado o 28-02-2012 23:06
# Ligazón permanente a este artigo
As árbores da fraga


Nos ríos atopamos diversos biótopos (brañas, fragas ...).Aquí na canción aparecen 16 destas árbores que hai polos ríos galegos, e por suposto, de momento, tamén hai polo noso Río Gafos.

Os rapaces de 5ºA, prepararon coa súa mestra de música (Misi) esta cantiga que podedes escoitar e que fala das "Árbores da fraga".


As árbores da fraga

Estaba o acivro
de garda na fraga,
pasou o carballo
e non lle dixo nada.

Chegou o eucalipto
á porta petar,
o acivro de garda
non o deixou pasar.

Entrou o bidueiro
e máis o salgueiro,
tamén o cerquiño
e o ameneiro.

Pasou o pradairo
seguido do freixo,
tamén a abelaira
e o castiñeiro.

Logo entrou o buxo
e máis a sobreira,
despois veu a faia
xunto coa ulmeira.

-Vaite eucalipto
non insistas máis
que aquí na fraga
non podes entrar.


(Xosé Lois Seixo Fernandez)


Ver partitura da frauta traveseira e do piano

Escoitar a canción co coro do CEIP Pedras latas de Celerio-Viveiro (Lugo)
Categoría: Música da lusofonía - Publicado o 28-02-2012 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -