Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A cara dura da Voz de Galicia
Fai poucos días puxera un artigo onde se demostraba perfectamente a manipulación deste periódico con respecto ó resultado dunha enquisa. O artigo levaba, e leva, por título, Que tipo de prensa temos? Agora hai un grupo que chama a este periódico "A coz de Galicia", e a verdade que lle vai ben o nome. Aínda que lle vai mellor "La coz...". Clicando na ligazón que segue podedes ver este "ataque israelí", chamarialle eu, contra o BNG:
A web avozdegaliza.org ilustra cada un dos ataques e difamacións que o medio La Voz de Galicia difundiu contra a Xunta pero moi nomeadamente contra as áreas xestionadas polo BNG. Desde o 10 de xaneiro ata o 19 de febreiro contabilizáronse 31 novas coa intención de desprestixiar o traballo das áreas de goberno nacionalistas, e fundamentalmente os seus proxectos estrela.
Por certo, se non me equivoco, tódalas novas recollidas na presentación que hai na ligazón están en castelán, claro, "La Voz de Galicia".

Aproveito para poñer unha ligazón orixinal sobre Que pasaría se o PP gañara mañá as eleccións.

Presentación

Uploaded on authorSTREAM by aSGuest13832
Categoría: Xeral - Publicado o 28-02-2009 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
Unha húngara namorada do Galego
Verónika Gergely, unha estudante húngara está traducindo a obra de Sinbad de Álvaro Cunqueiro. Ela cóntanos como chegou a nosa lingua, e namorarse dela.



Como traducir estes versos de Uxío Novoneira ó húngaro? Ela dinos que é imposible traducir esta fermosura. Casi nada.

"Canta fontiña, canta fontela
e anque a canción é dela
ten unha cousa miña
pola que podo entendela"
Categoría: Ben Falado - Publicado o 28-02-2009 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
Sátira ao Bilingüismo
Recollo do Equipo de Normalización L. do IES Valle Inclán esta curiosa sátira

SÁTIRA AO BILINGÜISMO

Ai, que xentiña máis posta
foi o domingo berrar
por unha Galiza bilingüe
en galego e castelán.
Alí estaba Rosa Díez
galega a máis non dar!
que se aquí damos galego
perden alá o castelán.
Por iso moitos de fóra
viñeron aquí apoiar
que hai que quitar o decreto!,
que hai que falar castelán!,
que o patrio acento se perde
por un dialecto pailán.
Ai, por Deus, onde se viu!
que aos xoves van desgrazar
que teñen que entrar nos cines
cun dicionario na man,
que van ter que ir a Madrid
a aprender o castelán!!!
Categoría: Galego - Publicado o 26-02-2009 00:15
# Ligazón permanente a este artigo
Escoramento antigalego
Temos aquí un artigo é de Miguel Anxo Fernán Vello, sacado da bitacora da Equipas de Normalización de Ferrolterra. Nel fálanos de catro o cinco frases significativas e quizais sorprendentes, nestes días, de X. Palmou, sobre a nosa lingua. Nós, estas frases, xas comentamos nun anterior artigo,nunha entrevista que se lle fixo a Palmou, pero agora volvémolas a recordar e comparalas con dous novos vídeos que me achegaron sobre Galicia Bilingüe e algúns dirixentes do PP. Dende logo semella estar falando de xente de dous partidos totalmente opostos.
Será que teñen medo e queren acaparar tódolos espazos, para gañar as eleccións? Ten que ser así, pero apostan moi forte, pois se non o conseguen coido que ten que estoupar esta diversidade tan oposta de pareceres. En fin, xa veremos que pasa. Aquí vai o artigo:

"As frases foron pronunciadas por Xesús Palmou, quen no seu día foi secretario xeral do Partido Popular de Galicia e conselleiro de Xustiza con Fraga Iribarne: "Non se pode querer a Galicia e non ao seu idioma propio. É incompatíbel". E poucas veces, verán vostedes, se ten falado tan ao xeito sobre o particular, con tanta e xusta contundencia e claridade. Mais a cousa non fica aí. Porque Xesús Palmou tamén dixo que "no tema da lingua pártese dun erro", que "a Constitución impón o deber de coñecer o castelán pero non os idiomas autóctonos"; e, por outra banda, engadiu o político conservador, "hai unha discriminación cara ao galego que debe solucionarse dende o Estatuto, establecendo a igualdade das dúas linguas no seu ámbito territorial, co deber de que os galegos coñezan o galego". E punto, que diría o outro. Palabras textuais todas estas, e outra frase que canta a verdade por si mesma e que Palmou soubo enfiar na súa impecábel dialéctica: "O galego é o principal elemento definidor da nosa identidade". Mais se un tivera que elixir, e máis nestes tempos que corren, a frase definitiva, optaría por esta: "Non se pode querer a Galicia e non ao seu idioma propio". E así mesmo é. Porque cando moitos e moitas enchen a boca decote con declaracións de amor a Galicia -unha gran maioría altos dirixentes do PP, Palmou é unha excepción-, o que en realidade están a exhibir é un veo de pura retórica -véxase Corina Porro ou Carlos Negreira, aducidos polo discurso etnocida da falsamente denominada Galicia Bilingüe-, que non oculta de ningún xeito, porque os feitos na práctica falan por si mesmos, un profundo desamor, cando non odio, polo idioma galego. Porque, como di Palmou, non se pode querer a Galicia e non ao seu idioma propio. Non se pode querer o corpo da amada e non a súa cabeza. Non se pode amar unha persoa en concreto e desprezar a súa voz, tratar de silenciala. É imposíbel querer a Galicia, cousa do que tantos presumen, e ao mesmo tempo mostrar indiferenza polo seu máximo sinal de identidade."

Os vídeos:




Categoría: Galego - Publicado o 25-02-2009 21:46
# Ligazón permanente a este artigo
MILPRIMAVERAS MÁIS


O Texto "Mil primaveras máis ..." do "poema" de Álvaro Cunqueiro está posto na súa lápida. Tamén o podemos escoitar na boca do poeta neste vídeo do programa "Ben Falado". Foi nunha homenaxe que lle fixeron o poeta en Ourense, 12 meses antes de falecer. Aquí tedes o texto enteiro:

"Eu quixen e quero que a fala galega durase e continuase, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lápida: "aquí xace alguén que coa súa obra fixo que Galicia durase mil primaveras máis". O texto noutras linguas





Aquí podedes ver unha entrevista que se lle fixo nun programa da TVE.





Categoría: Ben Falado - Publicado o 24-02-2009 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -