Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Decrecemento
Interesantes reflexións de Carlos Taibo sobre o camiño sen lóxica desta sociedade consuminsta
.



Categoría: Opinión - Publicado o 30-12-2010 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Prexuizos lingüísticos


Os prexuízos lingüísticos son xuízos de valor precipitados e emitidos sen base argumentada ou razoable. Os denominados lingüísticos son os que emiten xuízos negativos ou positivos sobre unha lingua ou sobre os seus falantes e provocan un rexeitamento ou aceptación dunha lingua na sociedade. Os prexuízos, en definitiva, son xuízos atrevidos ou precipitados emitidos sen base suficiente por persoas que se deixan levar por tendencias non sustentadas na razón.

Ver máis
Categoría: Galego - Publicado o 30-12-2010 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada de Toponimia en Pontevedra
Concello de Pontevedra, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, xunto co Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Luís Seoane, organiza as III Xornadas de Toponimia: Estudo dos nomes de lugar. Aplicacións didácticas. Esta actividade está dirixida a docentes de primaria e secundaria, entidades sociais e culturais (comunidades de montes, confrarías, asociacións veciñais, culturais...) e a outras persoas interesadas no tema.

Dentro da programación de actividades de dinamización para a normalización lingüística, con este curso quérese dar a coñecer a riqueza da toponimia galega para contribuír ao recoñecemento do seu valor como patrimonio cultural e sinal de identidade; sensibilizar sobre a importancia do estudo, recolleita, conservación e transmisión dos nomes de lugar; realizar un achegamento ás técnicas de estudo, investigación e recolleita dos nomes de lugar e ao aproveitamento didáctico do estudo dos nosos nomes de lugar.

O programa previsto é o seguinte:

*

Introdución, características da toponimia galega, estudo e clasificación da toponimia: orixe, significado. Gonzalo Navaza. 17, 19 e 24 de xaneiro
*

Talasonimia. Os nomes do mar. Xosé Lois Vilar. 25, 27 e 29 de xaneiro
*

Didáctica da toponimia. Xulia Marqués. 1 e 3 de febreiro

As xornadas desenvolveranse no salón de actos do Pazo da Cultura de Pontevedra os días 17, 19, 24, 25, 27 de xaneiro (de 17.30 a 20.30 horas), 1 e 3 de febreiro (de 17.30 a 19.30 horas). A saída de campo do sábado 29 de xaneiro será en Monteferro (Nigrán) e na Serra da Groba; sairase desde Pontevedra ás 9.45 horas.

Para a saída de campo cómpre inscrición específica a través do formulario que se entregará durante as xornadas teóricas. O Concello de Pontevedra facilitará o transporte. Non hai taxas de matrícula.

As prazas son limitadas. As inscricións realizaranse por orde de solicitude, ata o remate das prazas, no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra. Rúa do Arcebispo Malvar, núm. 1. Fax: 986 851 800.

normalizacionlinguistica@concellopontevedra.es

Categoría: Xeral - Publicado o 29-12-2010 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
Cea para fin de ano
"Receita de pavo ao Whisky "

Ingredientes:

- Pavo de tres quilos.
- 1 botella de whisky.
- 150 gramos de touciño entrefebrado.
- Aceite de Oliva.
- Pementa.
- Sal.

Preparación:

Tomarse un bo vaso de whisky antes de comezar.

2º Encher o pavo co touciño entrefebrado, salpimentarlo e botarlle un chorro de aceite de oliva.

3º Quentar no forno a 180º durante 10 minutos.

4º Mentres se quenta o forno, servirse outro pelotazo de whisky.

5º Meter o pavo no forno.

6º Mentres o pavo está no forno, tomarse outro pelotazo e cantarlle unha anaco ao pavo.

7º Sublir o forno a 220º, darlle cana ao derbostato e esberar vinte binutos.

8º Servirse outro belotasso.

9º Ao cabo dun drato, hornir o abro para gondrolar e botar un chodretón de güiqui ao babo e outro a un bismo.

10º Darlle a volta ao babo.

11º Cantarlle un fandango ao babo mentres se sicharra.

12º Redirar o babo do fonno. Se se che dresbala, bruscarlo polo chan.

13º Oudro pelotazo pa inicia dra busqureda.

14º Darse un jardasso ao resfalar coa grassa do chan.

15º Plobar a sarsa do chan que xa estradá fleshquiña.

16º Tromarse outra copiña e inblitar ao babo questa tumbao ao lao.

17º Indendar levandarse e desidir que no chan estase de gollons.

18º Abarese a barienta, engüendra o babo no basillo, tírao á bassura e fórmache a de Dió.

19º Tomarse oudro güisqui.

20º E adrora a comé..., e o babo?..., dronde eshta o babo?... O hio puta sa bebio o wishhki e lla io.

Outra receita en versión española


Categoría: Humor - Publicado o 29-12-2010 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Cancións da lusofonía para os pequenos
Entrar para ver as cancións
Categoría: Música da lusofonía - Publicado o 27-12-2010 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -