Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Programas de Ben Falado
Na páxina web do meu cole (ceipaseca.com) estou a facer un artigo con tódolos vídeos do programa da TVG "Ben Falado". Dos 92 que ata agora eu coñezo xa teño un primeiro bloque de 35 co seu título e a súa imaxe. Hai algún máis sen a numeración e a imaxe, estóunos a ordenar e preparar para dous bloques maís. Nestes programas curtos de 5 minutos apréndense moitas curiosidades sobre a lingua galega e a súa cultura. Poñemos aquí unha mostra dun deles.

Categoría: Ben Falado - Publicado o 30-12-2008 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
Meniños cantores
Teño un bo recordo deste vídeo pola alegría que transmiten estes rapaces/as. Dan forzas e esperanza aos Galefas
A canción deste vídeo chámase "Eles non poden ver"

Ver todo o disco

Categoría: Música non lusófona - Publicado o 29-12-2008 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
Receitas dun Galefas para un ano novo
Déixovos estas ligazóns duns vídeos onde hai algunhas receitas e algunha canción para termos un desexable mellor ano. Acompañámolos cun fermoso poema do célebre escritor inglés Victor Hugo. Este poema podédelo descargas dende ceipaseca.com, en formato presentación, cunhas fermosas imaxes e cunha bonita música. DESCARGAR


1ª Receita para un ano novo
2ª Receita


"Desexo que acariñes un can,
alimentes un paxaro e oigas un xílgaro,
erguer triunfante seu canto matinal,
porque desta maneira,
sentirás ben por nada.

Desexo tamén que plantes unha semente,
por máis minúscula que sexa, e que a
acompañes no seu crecemento,
para que descubras de cantas vidas
está feito unha árbore.

Desexo, ademais, que teñas diñeiro,
porque é necesario ser práctico,
E que polo menos unha vez
por ano poñas algo dese diñeiro
fronte a ti e digas: "Isto é meu”
só para que quede claro
quen é o dono de quen.

Desexo tamén que ningún
dos teus afectos morra, pero que si
morre algún, poidas chorar
sen lamentarte e sufrir sen sentirte culpable.

Desexo por fin que, sendo home,
teñas unha boa muller, e que sendo
muller, teñas un bo home,
mañán e ao día seguiente, e que cando
estean exhaustos e sonrintes,
falen sobre amor para recomezar.

Se todas estas cosas chegaran a pasar,
non teño máis nada que desexarte".

Victor Hugo. s. XIX



Categoría: Xeral - Publicado o 28-12-2008 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
O apalpador
Esta chegando a tódolos rincóns de Galiza unha tradición de Nadal, a do "Apalpador" ou Pandigueiro de oficio Carboeiro.Polo Nadal baixaba das montañas e tocáballe a barriga aos nenos para ver se estaban mal alimentados; se non era así deixáballes unha morea de castañas.O Apalpador é menos consumista que o Papá Noel. De todos xeitos vaise ser dificil recuperalo porque obriga a pensar e traballar para facer un bo presente. Nós dende aquí axudamos a que se difunda a súa figura.
Os consellos do apalpador para os agasallos son:

1: Non o compres, faino.

2. Todos somos artistas

3. Reutiliza


Nana do apalpador


Dorme meu neno, dorme carabeliño
que sae o Apalpador, do seu acochiño
e baixa dos montes, cheiño de frio
e quere atoparte, no leito dormido.

Dorme meu anxo, que o Apalpador
quentará ben a lareira
co seu mouro carbon
dorme dozura, que e carboeiro
e quenta as mantiñas
e amornache o leito..

Dorme que ben, a apalparche
e aloumiñarche a barriguiña
e a deixarche para o almorzo
castañas ben quentiñas...

Dorme que fora, caen folerpas frias
e o Apalpador fai o seu traballo
para encher as barriguiñas
dos meniños rebuldeiros
e das fermosas neniñas
dorme..dorme meu ben
dorme miña rosiña...


Máis en Vieros

Ler máis

En Pontevedra tamén hai outra figura lexendaria, O DEMO ASUBIADOR

Ler e ver máis
Categoría: Galego - Publicado o 26-12-2008 21:15
# Ligazón permanente a este artigo
Páxina web do meu cole
Para comezar este blog primeiro vou comentar que tamén coordino a páxina web do meu cole (CEIP Isidora Riestra, de Poio, Pontevedra), aínda que eu case sempre lle chamo CEIP A Seca. Nel atoparades un mogollón de artigos. É o traballo que durante un ano estivemos a facer alí. Xa me contaredes se vos gusta. Pódese entrar tamén con este dominio ceipaseca.com




Artigos de reserva:

Decepción na elección lingüística

Préstamo de favor de Citroen
Categoría: Xeral - Publicado o 26-12-2008 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -