Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Digha 33

Categoría: Humor - Publicado o 30-11-2009 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
Decálogo para a lectura
Froito das inquietudes dos asistentes ao Congreso Nacional “Ler.é”, e dos debates que animaron as sesións, cabe trazar as seguintes conclusións.

1. A competencia para ler, entender e utilizar de forma reflexiva documentos escritos de moi diverso tipo debe considerarse unha competencia básica para calquera cidadán na actual sociedade da información e o coñecemento. As persoas que non alcancen un nivel aceptable nesta competencia corren o risco de quedar excluídas da vida social, económica e cultural pondo en grave risco o seu desenvolvemento persoal e profesional. Temos pois a responsabilidade de proporcionar a todos esta competencia cultural básica.

2. As innovacións tecnolóxicas das tres últimas décadas non fixeron senón acentuar a importancia desta competencia, pero fan tamén máis complexo o acto de ler ao requirir estratexias específicas para buscar, seleccionar, interconectar fontes diversas de información para alcanzar unha diversidade de obxectivos.

3. A competencia lectora tal como foi definida nos dous puntos anteriores é unha competencia complexa que require esforzo sostido e un longo proceso de aprendizaxe que hai que cifrar en anos ata conseguir o grao de dominio que hoxe consideramos indispensable e que foi definido nos dous puntos anteriores.

4. Hai unha apreciable variabilidade en canto ás características individuais e aos apoios sociais e culturais dos nosos estudantes. Pero esas situacións de partida son transformables e todos han de alcanzar uns logros aceptables que, non o esquezamos, no pasado só os conseguiron uns poucos. É pois un desafío elevar a competencia lectora de todos os cidadáns. A recompensa será unha sociedade máis culta, educada, máis participativa e mellor preparada para asumir os retos da sociedade do século XXI.

5. A magnitude dos obxectivos que na actualidade perseguimos en relación coa lectura demanda un ambicioso proxecto educativo que, á súa vez, reclama un amplo compromiso das institucións, de todos os axentes e instancias educativas, como as familias, os medios de comunicación, as editoriais e outras empresas que elaboran materiais didácticos, quen xestionan bibliotecas, ludotecas, etc.

6. As avaliacións que se viñeron efectuando das competencias lectoras dos nosos estudantes, con todas as precaucións que require a súa interpretación, apoian a idea de que o nivel de competencia lectora non é do todo satisfactorio.
Por iso necesítase adoptar medidas de envergadura sostidas no tempo.

7. A medida máis simple e accesible é insistir e profundar en actuacións que xa veñen
desenvolvendo
, como os plans de promoción da lectura e o papel das bibliotecas escolares que proporcionan un marco aos centros e a outros axentes sociais. O seu obxectivo prioritario ha de tender a aumentar o peso da lectura en todas
as áreas e materias do currículo e en todos os formatos, reconsiderar o tratamento educativo que recibe e levar aparellados procesos de innovación e desenvolvemento profesional.

8. Chegou o momento, tras a experiencia acumulada, de afrontar a capacitación dos asesores que se encargan de apoiar os plans de mellora da lectura, único xeito de axudar aos centros a elaborar proxectos con obxectivos axustados ás súas posibilidades, consensuados e avaliables. Esta formación de asesores é igualmente crítica para deseñar e levar a cabo procesos de formación específicos dentro dos
plans de promoción da lectura.

9. Parece igualmente indispensable que a administración educativa arbitre medidas que incentiven procesos de innovación no ámbito da lectura que dean lugar a cambios sostibles que poidan ser acreditados mediante procedementos
rigorosos.

10. Finalmente cremos que é necesario incluír o desenvolvemento da competencia lectora como liña prioritaria nas convocatorias oficiais, singularmente en I+D , para propiciar investigacións rigorosas sobre aspectos relacionados con esta competencia, entendendo que mellorar a competencia lectora de todos os
cidadáns é unha prioridade nacional, como noutros tempos foi lograr a escolarización plena de toda a poboación.

Ver vídeo de clausura do congreso.
Categoría: Xeral - Publicado o 30-11-2009 08:17
# Ligazón permanente a este artigo
Videoxogos educativos
Videoxogos educativos. Manual para docentes.

Guía para pais (en PDF)

Estudio dos video xogos. Claves do éxito.

Blogue sobre videoxogos. Escenario-Lúdico


Categoría: Xogos - Publicado o 30-11-2009 07:40
# Ligazón permanente a este artigo
GZ na matrícula
Categoría: Galego - Publicado o 29-11-2009 22:24
# Ligazón permanente a este artigo
Salvar arquivos dun Powerpoint
Categoría: Informática - Publicado o 29-11-2009 20:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -