Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Por difuntos

Nesta data sempre me pasa o mesmo, recordo esta lápida como algo especial: unha entre catrocentas. Unha luz entre a desfeita, un milagre como ben diría a algunha parte da igrexa.

Eu, este ano xa quedei máis tranquilo, pois asinei públicamente A MIÑA MANDA TESTAMENTARIA, diante dun notario e algúns "amigos". Poño amigos entre comiñas porque a algúns aínda non coñecéndoos persoalmente, sei que temos os mesmos sentimentos e o mesmo compromiso con todos aqueles que loitaron e loitan para que a nosa terra non perda a súa identidade. Ali estaban Fina Casalderrei, Ana Acuña, Kiko Dasilva, e ... non sei cantos eran en total pero a sala estaba chea, eu penso que máis de 60. Unha boa inciacitiva que decidiu facer a Secretaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.

Artigos relacionados:

Proposta das Derradeiras Vontades.

Os difuntos FALABAN CASTELAO

Un grolo por todos eles.



Nota: A viñeta é de Kiko da Silva
Categoría: Galego - Publicado o 31-10-2011 22:07
# Ligazón permanente a este artigo
Premio X. M. Pintos a CGEDNL e a Aula Castelao
De X.M. Pintos-Grafiti


O Concello de Pontevedra e a Rede de Entidades Amigas da Lingua (REAL) concedéronlle o Premio Xoán Manuel Pintos 2011 de impulso da normalización lingüística á Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua (CGENDL) e á Aula Castelao de Filosofía.


Ler máis na páxina web da CTNL (Coordinadora de Traballadores pola Normalización Lingüística).
Categoría: Galego - Publicado o 31-10-2011 20:53
# Ligazón permanente a este artigo
Mulheres transgredindo
Un breve resumo das actividades que fan este grupo de mulleres. Impresionante o seu labor. Os meus parabéns. Ou como di un compañeiro da rede, un grolo por elas.

Mulheres Transgredindo from as candongas do quirombo on Vimeo.





Categoría: Xeral - Publicado o 30-10-2011 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
Unha grande homenaxe a muller
Esta imaxe foi "roubada" do blogue "Made in Galiza" de Sechu Sende. Como el dixo me dixo unha vez, o que está na rede é de todos, é para compartir. E así o facemos, divulgámola e compartímola.
Categoría: Libros - Publicado o 30-10-2011 15:11
# Ligazón permanente a este artigo
Cambio de imaxe nun artigo
No artigo "Apropiado e inapropiado", a imaxe dun mono pensando deu lugar a malas interpretacións, por iso, e por petición do afectado decido cambiala, non así o contido, porque agora mesmo non procede. A imaxe que hai agora e esta que vedes neste artigo, tanto unha como outra saqueinas poñendo a palabra "pensamento" en google. Esta, aínda que non comulgo co o catolicismo nin co a igrexa en xeral, está moi ben porque ten algo de poesía, e dende logo ten boa cabida neste caso. Non si?
Categoría: Poesía - Publicado o 30-10-2011 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -