Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mira que modernos

Dúa novas en castelán e dúas en galego. O Galego de segundo. Sería un despiste. Falta o inglés.
Categoría: Paradoxos - Publicado o 30-10-2010 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
Nacer muller é estar condenada ó inferno
Conferencia da filósofa feminista Amelia Valcárcel este ano en Xixón.

Categoría: Opinión - Publicado o 20-10-2010 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
O governo non para os ataques contra a CTNL
Entrevista a Nel Vidal.

Nel Vidal preside a Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL), un colectivo que agrupa preto de 250 asociados que procuran, nas administracións ou no ensino, facer normal o uso dunha lingua en desvantaxe. O pasado mércores emitiron un duro comunicado contra a Xunta no que pedían “respecto” ao seu labor.


“O Goberno non para os ataques contra nós e parte del apoia a quen nolos fai”

Ver toda a entrevista.
Categoría: Paradoxos - Publicado o 18-10-2010 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
Refráns de Outubro
A lúa de outubro a sete cubre, e se chove, nove.
A lúa de Outubro sete lúas cobre, e se chove, cobre nove.
A verdura de San Simón dá pro amo e mais pro ladrón.
A verdura en outono cómea o seu dono.
Áncoras ó fondo, que chega San Simón.
As avenidas de San Simón, antes ou despois sonadas son.
As enchentes de San Simón sonadas son, ou antes ou despois enchen o carro e mais os boi
En outubro, a terra esterca e cobre.
En san Francisco trae a vela, en San Xosé lévaa.
O día de San Lucas mata o teu porco e barra as túas cubas.
O que deixa a Coresma e as festas de san Lucas, dígao a incrusa.
Pasados os Remedios e san Roque, xa non hai sesta nin merendote.s
Polo Pilar, os nabos na terra e o viño a envasar.
Polo san Lucas mata o teu porco e barra a túa cuba / as túas cubas.
Polo san Lucas saben ben as uvas.
Polo san Lucas solta os bois, mata os porcos e tapa as cubas.
Polo san Simón apreta o baldón.
Polo san Simón proba o viño, e o porco polo san Martiño.
Polo San Simón tapa o portelo da sazón, o da resteva non.
Polo san Simón, áncoras ó fondón.
Por San Francisco bota o liño mourisco, se o botas en San Simón nin da estopa nin estopón.
Por san Francisco, risco, risco.Por san Lucas alza o boi da suca, mata o porco e tapa a cuba.
Por san Martiño e san Xudas, piñeiriña das túas uvas.
Por san Quintín castañas ó rolín.
Por san Simón a xeira do cogordón.
Por San Simón cada moneda vale un doblón.
Por san Simón e san Xudas, collidas as uvas.
Por san Simón e san Xudas, mata o teu porco e atesta as túas cubas.
Por san Simón o néspero se repón.
Por san Simón, aperta o baldón.
Por San Simón, camiñar si, navegar non.
Por san Xudas e san Simón, collidas as uvas son.
Quen en san Miguel esterca, desde casa rega.
Quen en san Miguel planta, un ano adianta.


Notas sobre os refráns:


San Simón , 28 .
S. Miguel (10).
San Lucas é o 18..
Referido ás mareas vermellas do mexillón, que comezan nestas datas.
San Francisco, 4 de outubro.
"Barrar as cubas" é tapar calquera greta ou abertura que poida ter a cuba para asegurar a súa hermeticidade. Facíase con lama ou pez.
Os Remedios, o segundo domingo de outubro; san Roque, o 16 de agosto.
O Pilar, 12 de outubro.
Baldón ou bandón é o tapón de cortiza ou madeira co que se tapa o burato da tapa superior dos bocois.
San Xudas, 28 de outubro.
San Quintín, 31 de outubro.
Categoría: Ditos, refráns, enredos .. - Publicado o 13-10-2010 23:13
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia precisa dun calendario de vitorias
Manuel Rivas: “Este país necesita un calendario de vitorias”

O escritor coruñés novela en "Todo é silencio" (Xerais), á venda o vindeiro 14 de outubro, unha das vetas da historia universal da cobiza que atravesou Galicia no século pasado: da venda do wolframio na Segunda Guerra Mundial ao contrabando de tabaco e as redes globais do narcotráfico.

UNHA DAS PREGUNTAS DA ENTREVISTA:

Haberá sitio para a batalla contra o decreto nese calendario de vitorias?

Xa se está a gañar esa batalla. O decreto presentouse güevoneando, como din os colombianos, con chulería, pero xa está derrotado moral e tecnicamente. Mantense unicamente por güevonear. Agardo que, se hai xustiza, isto se pare. O máis importante é o que pase na sociedade, que a sociedade acabe sentindo ese malestar que moita xente xa experimenta acotío. Cando se comete unha inxustiza parece que só se comete contra os directamente afectados, pero en realidade esa inxustiza acaba manchando a todo o mundo. Acaba interiorizándose. Os nenos, que son maioría, aos que se lles está a subtraer na escola un ben público como o galego, que lles sería extraordinariamente útil, eses rapaces van levar ese malestar dentro, queiran ou non. E os pais van levar a culpa dentro. E aqueles que propiciaron isto acabarán sentindo nas entrañas todo isto. Levarán un malestar que non saben moi ben de onde vén. Van ter un problema serio con Freud. Moito coidado.


Ver nova no xornal
Categoría: Libros - Publicado o 08-10-2010 14:51
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -