Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Premio Leixaprén







De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"


GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Periodismo rastrero.VEO 7
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2009 06:37
# Ligazón permanente a este artigo
Dúas aspirinas disoltas en auga...
Unha nota importante sobre os ataques cardíacos


Por que ter aspirinas na mesa de noite?

IMPORTANTE !!!

. Síntomas que non son comúns pero que hai que ter en conta:

- Dor no brazo esquerdo. - Dor intensa no maxilar inferior, náuseas e suores abundantes.

Detalle: Ao principio pode non sentirse dor no peito, durante un ataque cardíaco. O 60% das persoas que tiveron un ataque cardíaco mentres durmían, non se levantaron.
Con todo, unha dor de peito pode espertalo dun soño profundo.

Se fose calquera destes casos, disolva inmediatamente 2 aspirinas na boca e trágueas cun pouco de auga.

NON SE DEITE !!

Chame deseguido á súa URXENCIA, e diga que tomou 2 aspirinas.
Séntese nunha cadeira ou sofá e espere a chegada do médico ou ambulancia.
Comentarios (0) - Categoría: Primeiros Auxilios - Publicado o 07-10-2009 20:58
# Ligazón permanente a este artigo
Deporte Escolar. XOGADE

O Programa Deporte escolar XOGADE deste curso 2009-2010 pódese ver ou DESCARGAR do Portal Educativo da Xunta ou da mesma páxina do Deporte Galego Escolar

Mestura competición con actividade lúdico-reacreativa. Estas últimas fasen no centro escolar, en horario lectivo, se o solicitas e se tes sorte de que cha dean. Por exemplo, os "Deportes Populares" so se poderán facer en 18 centros escolares. Cal será o criterio para escoller estes xogos?
Outras incógnitas que non se saben ben é se as actividades competitivas se poden facer en horario lectivo, dependerá se os colexios participantes se poñen dacordo.Vai ser dificil cando xa está todo en marcha nos colexios. En fin, o tema é experimental pero de entrada vese complicado a participación dunha grande participación do alumnado, agás os que participen en clubes. Como case sempre.


Se algún colexio ou clube se anima tense que dar de alta na páxina deporteescolargalego.org
Comentarios (0) - Categoría: E.Física - Publicado o 07-10-2009 19:15
# Ligazón permanente a este artigo
Gripe B

Podedes comprobar nesta entrevista a súa idea de bilinguísmo.
Comentarios (0) - Categoría: Humor - Publicado o 07-10-2009 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
Historia de Rosa Park
Agustín Fernández Paz, na inaguración da Plataforma Prolingua, falou de Rosa Park, unha muller que se cansou de ceder continuamente ante as inxustizas racistas. Aquí vos deixo a súa historia.

Estados Unidos, o paradigma da igualdade entre as persoas, non sempre foi así. Non o é na actualidade... e moito menos fai uns anos, cando os negros tiñan que pór na parte traseira dos autobuses, e levantarse do seu asento se chegaba un branco e quería sentar alí...

En 1955, Rosa Parks tiña 42 anos. Afroamericana, natural de Montgomery, Alabama, e filla dun carpinteiro e unha mestra de escola. De profesión, costureira. Pero ademais, secretaria e axudante na Asociación Nacional para o Avance do Pobo de Cor.

Naqueles anos, os negros sufrían en EEUU a humillación -especialmente no sur- de non poder compartir cos brancos os mesmos lugares públicos: escolas, restaurantes, salas de espera... a segregación chegaba ao momento de que nos baños mostrábanse letreiros de "só brancos" ou, directamente, "negros non". As leis Jim Crow, herdadas da escravitude do século XIX, foron deseñadas para que os afroamericanos se sentísense inferiores e así mantelos marxinados da sociedade.

Pero xente como Rosa Parks tiña claro que as cousas podían cambiar. O 1 de decembro de 1955, colleu un autobús público para volver á súa casa. Por entón, os vehículos estaban sinalizados cunha liña: os brancos adiante e os negros detrás. Así, a xente de cor subía ao autobús, pagaba ao chofer, baixábase e subía de novo pola porta traseira.

Parks sentou nos asentos do medio, que podían usar os negros se ningún branco o requiría. Cando se encheu esa parte, o chofer ordenoulle, xunto a outros tres negros, que cedesen os seus lugares a un mozo branco que acababan de subir. "Este nin sequera pedira o asento", dixo despois Parks nunha entrevista á BBC. Os outros levantáronse, pero ela permaneceu inmóbil.

O chofer tratou de disuadila. Debía ceder o seu asento, é o que marcaba a lei. "Vou facer que che arresten", díxolle o chofer. "Pode facelo", respondeu ela. Cando a policía lle preguntou que por que non se levantaba, contestou con outra pregunta: "Por que todos vostedes están empuxándonos por tódolos lados?".

"Mentres máis obedeciamos, peor nos trataban", asegura Parks nas súas memorias. "Aquel día estaba fatigada e cansa. Farta de ceder". Polo lance do autobús, Rosa Parks pasou a noite no calabozo, acusada de perturbar a orde pública e pagou unha multa de catorce dólares. Con todo, o caso transcendeu e acabou por dar voz aos movementos polo fin da segregación que xa comezaran a facerse notar.

Indignado e farto, un mozo e descoñecido pastor bautista chamado Martin Luther King organizou unha onda de protestas contra a segregación nos autobuses públicos de Montgomery que durou 382 días. Os trinta mil afroamericanos que participaron fixeron marchas de ata nove quilómetros, e cando lles preguntaban como se sentían, algúns respondían: "Os meus pés, cansados. A miña alma, ¡liberada!".

Mentres, o caso Parks chegou á Corte Suprema do país, que declarou que a segregación era unha norma contraria á constitución estadounidense, que declara iguais a todos os individuos da nación. Un ano despois, o goberno aboliu calquera tipo de discriminación nos lugares públicos.
Parks, que faleceu en 2005 aos 92 anos, continuou loitando durante o resto da súa vida polos dereitos civís dos afroamericanos. En 1999, recibiu a Medalla de Ouro do Congreso dos EEUU. Por certo, a foto superior é dela, da propia Rosa, no autobús que habitualmente utilizaba para desprazarse.

Espero que che gustara a historia de Rosa Parks, non cres?... e sobre todo que ogallá nunca tivese que ser noticia algo así, porque significaría que por fin se mira ás persoas polo seu interior, e non pola cor da súa pel.
Comentarios (0) - Categoría: Historia xeral - Publicado o 06-10-2009 16:20
# Ligazón permanente a este artigo
Decálogo do Galego
1. Fala en galego sempre que poidas. Coa familia, cos amigos e amigas etc. Fai o propósito de falar en galego a quen sabes que te entende aínda que até o de agora lles falases en castelán.

2. Respecta a aquelas persoas que che falen noutra lingua, mais esixe que tamén as outras persoas respecten a túa.

3. Diríxete en galego a todos e todas: na rúa, por teléfono, no centro de ensino, no traballo. Verás que te entenden. Continúalles a falar en galego, aínda que che respondan noutro idioma.

4. Ás persoas que coñezas que entenden o galego coloquial, mais mostran curiosidade por algún termo que ignoran, explícalles o significado desas palabras, axudándoas a ampliar o vocabulario. Se alguén se esforza en falar o noso idioma, axúdalle e demóstralle que valoras o seu comportamento.

5. Respecta as diferenzas locais da lingua. Coñece as particularidades de cada zona. Esta é a riqueza do galego, como a de todas as linguas.

6. Toma a decisión de escribir todos os apuntamentos, notas, correos electrónicos e cartas en galego. A partir de hoxe pon sempre o teu nome en galego. Fai mudar os teus papeis, impresos, rótulos etc. Sería ben triste que por aforrar uns pequenísimos gastos deixásemos de contribuír á expansión do noso idioma.

7. Faite subscritor/a de publicacións escritas total ou en boa parte en galego. Le libros, asiste a espectáculos teatrais, musicais, cinematográficos, visita páxinas web etc, na nosa lingua.
8. Esixe de todos, mesmo das institucións máis rutineiras, que che escriban en galego. Faino amabelmente. Non perdas o tempo e os nervios en pelexas cos inimigos declarados da lingua do país. Déixaos de lado, ignóraos.

9. Se tes como lingua familiar o castelán, interésate pola nosa lingua. Loita contra a inxustiza fomentada durante tantos anos. Toda a represión dunha lingua é un acto de barbarie. E sobre todo tenta falala e escribila, porque a mellor defensa de calquera lingua é o seu uso.

10. Se sentes un bloqueo psicolóxico, como adoita ocorrer para pasar a falar en galego con persoas e en ambientes en que sempre falaches castelán, comeza por usalo cos descoñecidos, a practicalo en situacións novas, para ilo introducindo despois na túa esfera habitual. Non te avergoñes dos defectos de pronuncia ou escrita; respectar o galego mais a distancia, "sen rompelo nin lixalo", iso si que deteriora o idioma.
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 06-10-2009 11:25
# Ligazón permanente a este artigo
Nenos do cable
O que hai que facer para ir a escola ...

Comentarios (0) - Categoría: Curiosidades - Publicado o 06-10-2009 00:06
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza algo novo en Galicia
Artigo de Fermin Bouza, catedrático de Socioloxía na Facultade de Socioloxía de Madrid. Sacado do seu bloque "El voto con botas"

Ya comienza algo nuevo en Galicia
A la memoria de Santiago (Tataio) Castroviejo, muerto hoy en Madrid, con quien tanto quisimos muchos en favor de Galicia y el gallego. Un clásico de la tribu gallega en Madrid y de las luchas por la tierra. Gran amigo, gran científico y gran activista. No te olvidamos.


Diversos dirigentes del PSdG, con muy buen criterio, han alejado cualquier duda sobre “A Coruña/La Coruña”, y eso es una buena noticia. Pero yo quisiera proponerles una reflexión en serio a los políticos sobre estas cosas que los mismos políticos tienden a vivir como cosas específicamente políticas en el sentido más confrontado del término, con la deformación que esto entraña. Pero son cosas políticas sólo cuando los mismos políticos las tocan, y las tocan de forma no santa: lo son, en todo caso, como temas de la ciudad, de la polis. Eso ha pasado con nuestra lengua propia, estatutaria y nacional, con la que Galicia se dio a si misma un instrumento hermosísimo de comunicación colectiva durante muchos siglos. Procesos complejos, en buena parte intencionales y en otra parte puramente determinados por circunstancias que podemos llamar insalvables, acabaron con el uso urbano del gallego en muy buena medida. Organizaciones poco amigas de nuestra lengua tratan y han tratado siempre de acelerar esos procesos y esas intenciones no santas. La muerte lenta (ahora ya rápida) del gallego tiende a dejar a nuestro país sin su seña central de vida propia, y a convertir a los últimos reductos rurales y periférico-urbanos del gallego en reservas o pequeñas concentraciones Quechuas o Apalaches. Para que esto no ocurra, un partido como el PSdG debe ser lo suficientemente gallego y cívico para, al menos, aplicar las leyes consensuadas en tiempos mejores, y tratar de mejorarlas en el futuro. No es (sólo) una cuestión política: entra de lleno en la defensa de los derechos de nuestro país y cae bajo la rúbrica protectora de la ONU y de la Unesco, a las que hay que recurrir con mayor vigor y frecuencia hasta acabar con la xenofobia interior y exterior que dificulta hasta hacerla imposible la recuperación plena de nuestra lengua. Estos sectores intraxenofóbicos deben ser combatidos vivamente por los políticos cívicos y por la ciudadanía, como muchos ciudadanos de nuestra país hacen ya con buenas iniciativas (el 18 de Octubre, gran manifestación unitaria por la lengua en Santiago, el 14 de Noviembre gran acto en el teatro Principal a favor de la lengua, así como otras presentaciones y ruedas de prensa de Prolingua e Iniciativa polo galego, entre otros eventos inmediatos). Por tanto, Galicia necesita a sus partidos, a sus sindicatos y a toda su sociedad civil para presidir esa permanente manifestación a favor de nuestra lengua, por su salvación e implantación plena. La defensa de nuestro país y de sus señas identitarias básicas como su lengua debe ser posible en el marco democrático actual, sin necesidad de más sobresaltos que los propios de cualquier tarea difícil. Y es por eso que propongo a los líderes del PSdG, pero también a los del BNG y demás organizaciones, una movilización sin desmayo hasta lograr los objetivos mínimos relativos a nuestra lengua. Su trabajo será clave para una Galicia tranquila y renovada que hoy es aún una utopía posible, valga el oxímoron.

Domingo, 18 de Octubre, 12 horas, en la Alameda de Santiago,por la recuperación plena de nuestra Lengua
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 05-10-2009 22:31
# Ligazón permanente a este artigo
Nace Prolingua
Botadura oficial de ProLingua: dorna plural "para que non afunda a ilusión"

03/10/2009 VIEIROS
Unha iniciativa para que a lingua e cultura galegas non sexan condenadas a ser "un bonsai ao que lle cortan as pólas cando se atreve a medrar demasiado".
Ilusión, rebeldía, esperanza, gañas de traballar, vontade de colaboración e optimismo inxectouse este sábado na asemblea fundacional da plataforma ProLingua. Unha iniciativa que botou a andar con masiva afluencia este primeiro sábado de outubro ao salón de actos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
Interveu en primeiro lugar Francisco Fernández Rei, quen subliñou o escenario de preocupación e desalento do que hai uns meses xurdiu a idea de unir voces en favor de "crear algo apartidario e plural capaz de traballar a prol da visibilización da lingua" e para "devolver o idioma ao lugar que merece". Fernández Rei definiu a xornada como "un día feliz para acudir á botadura de Prolingua" á que comparou cunha dorna "de fasquía plural" e "símbolo do país". Botando man do vocabulario mariñeiro, continuou o profesor Fernández Rei apuntando que "mesmo no mal tempo a dorna é barco seguro se leva bo patrón ou patroa". Ao fío, advertiu que, logo dun tempo con vento lixeiro "de popa", para a lingua o vento chega agora de proa, ameazando freala. Por ese motivo, remitiuse ás verbas dos vellos mariñeiros, que tiran da expresión "voltaghear" para definir a estratexia de aproveitar os refachos para navegar nesa condición adversa.
"O que Galiza necesita"

"Estou en Prolingua porque quero estar cos bos, coa xente miña, e estou totalmente seguro de que temos razón e ademais non mentimos", expresou de seguido Xabier P. Docampo, de cuxa cabeciña saíu inicialmente a idea de crear algo semellante ao que agora abrolla como a plataforma Prolingua, e encargado de explicar máis polo miúdo os detalles do funcionamento do colectivo. "Sempre puxemos fe e traballo, pero agora hai que poñer algo máis", salientou en referencia á vontade de Prolingua de autofinanciarse coas achegas dos seus asinantes e renunciar a calquera subvención de institucións públicas ou privadas. "Dise que cada país ten o que merece, pero Galiza neste momento debe ter o que necesita", desafiou Xabier Docampo, instando os presentes ao compromiso activo para garantir que a plataforma poida desenvolver "unha chea de cousas visíbeis e necesarias" en favor da lingua galega.
Como primeira acción, Prolingua distribúe un pequeno pin co símbolo da plataforma. O abrocho, destacou Docampo, quere "visibilizar o orgullo da nosa lingua e a necesidade de defendela, promovela e falala". A curto e medio prazo, o escritor avanzou unha ducia doutras ideas que Prolingua pretende desenvolver, entre outras: a elaboración dun amplo argumentario "que contrarrestre as mentiras que se están a difundir", a distribución de colantes con lemas a prol da lingua, a promoción do galego en ámbitos como o da Igrexa ou o ensino e a organización dunha "gran marcha pola lingua" en maio de 2010.

"Motivos" plurais para o apoio a unha iniciativa plural"Actuar en positivo" e despregar "accións sociais que ninguén fará se non as facemos nós", foron obxectivos destacados polo escritor Agustín Fernández Paz na defensa do nacemento de Prolingua, ao que definiu tamén como acción de "rebeldía ante o intento de deslexitimar dereitos dos galegofalantes". Evocou Fernández Paz á histórica Rosa Parks, figura clave do movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos e protagonista dunha faísca decisiva o día que se negou a cederlle o asento no bus a unha persoa branca. Recordou o escritor vilalbés as palabras de Parks: "Estaba farta de ceder e ceder", e considerounas inspiradoras á hora de reclamar para os galegofalantes igualdade de dereitos no país para que a nosa cultura "non sexa un bonsai ao que lle cortan as pólas cando se atreve a medrar demasiado".
Falou tamén Mercedes Queixas quen repasou o contexto de represións e prexuízos que lle fora imposto a seus avós e pais e dixo estar segura de que a xeración de súas fillas "habita unha páxina en branco que entre todos podemos axudar a escribir" contribuíndo a que "estean orgullosas de quen son e de onde veñen". "A cidadanía debe marcar os tempos e ser o motor dos cambios", engadiu Queixas. "Eu estou en Prolingua por meus fillos", sentenciou tamén Henrique Costas. Pola súa parte, Pilar Ponte destacou unha vez máis a heteroxeneidade das persoas que apoian Prolingua arredor "dunha causa común que nos une: o galego". Da súa banda, e para ilustrar a tal pluralidade, Martin Pawley quixo cinxirse á breve lectura dalgunhas das ducias de profesións dos primeiros mil asinantes do manifesto: mestres, avogados, camareiros, historiadores, economistas, labregos, mariñeiros, un fareiro, farmacéuticos, editores, carteiros, libreiros, pasteleiros, veterinarios... Xosé Luís Rodríguez Pardo chamou a defender a lingua "como se fose a nosa vida". "Será, se todos queremos, Prolingua para sempre", arreboloulle ao auditorio. Finalmente, Rafael Cuíña, pechou a rolda de motivacións da decena de promotores que falaron inicialmente, recordando o paradoxo de súa infancia cando na escola lle impartiron "aulas de galego en castelán" e subliñou o seu "compromiso absoluto coa lingua" e a vontade de loitar contra "complexos de inferioridade" que lastran o idioma na sociedade.
O núcleo de traballo de Prolingua artellarano neste inicio un grupo de arredor de corenta persoas, entre os que están os antes mencionados, mais na asemblea quedou lanzada a chamada á colaboración e o traballo de todo aquel que queira realizar achegas de calquera tipo. Na web Prolinguagalega.org está toda a información ao respecto, incluídos enderezo electrónico e ligazóns a redes sociais. Prolingua constituirase a efectos formais como asociación, pero sublíñase que internamente seguirá un funcionamento "non xerárquico". En breve, comezará a constitución dunha rede de núcleos comarcais de apoio, información e traballo.
"Necesitamos máis ollos, máis mans, máis cerebros e máis corazóns, porque os inimigos da lingua son poderosos", advertiu Xabier Docampo. "Dependemos das nosas forzas... e xogamos na casa", animou.

Podes ler o artigo premendo http://www.vieiros.com/nova/76615/botadura-oficial-de-prolingua-dorna-plural-para-que-non-afunda-a-ilusion


No Correo Galego
Comentarios (0) - Categoría: Galego - Publicado o 05-10-2009 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
Darwinismo sociolingüística
Farruco Graña

A comezos da primavera pasada puidemos asistir á difusión a través da rede dun informe nefando sobre a lingua galega cheo de paradoxos. Iso si: descarnado e nada apoucado. Presentábanos abertamente ao galego como unha lingua inferior, de aldeáns, e destinada a desaparecer. Probes de nós, ilusos románticos que aínda seguimos a falala e a escribila!
Hai uns días, outra representante de tan ousada filosofía, Gloria Lago, apertaba un pouco máis as caravillas e insistía na súa teima de relegar ao galego a un segundo plano. Gabándose dunha suposta débeda electoral do señor Feijóo cos electores/as que emitiron o seu voto en función da cuestión da lingua, Gloria Lago reclamáballe ao actual Presidente da Xunta que cumprira as súas promesas e ameazábao con serias consecuencias en caso de non o facer. Mesmo se permitía advertir con similar contundencia ao PSdeG (suponse que pensando en vindeiras consultas electorais, sobre todo nas grandes vilas e nas cidades). Dos nacionalistas (mesmo daqueles que segundo ela están no PP) xa se sabe, ao mellor igual andan por aí a queimar os montes.
As palabras da señora Lago zumegan un claro darwinismo lingüístico (e tamén social). Iso de aprender varias linguas só é para os preparados, que non todo o mundo ten a mesma capacidade. Por iso, segundo ela, é mellor dar prioridade total ao castelán no ensino para as cousas verdadeiramente importantes. Han quedar ben contentos os profesores/as de Educación Física, ou os de Plástica ou Música ou..., que disque esas materias si se poderían dar sen problemas en galego, porque tampouco teñen máis aquel; pero as matemáticas, o coñecemento do medio... Á vella usanza e sen complexo ningún. Ademais, segundo a señora Lago, os nosos nenos non son tan esponxas como din por aí algúns listiños comenenciudos interesados en manipulalo todo ao seu antollo. Con aprender ben o castelán para as cousas serias, e despois usar algo o galego, sempre libremente, claro está, pois vai todo ben. Que pensará Gloria Lago do Bacharelato Bilingüe?
Chama a atención como forzou un toque de rebeldía anticonstitucional (quérese dicir, contra a Constitución do 78). Fronte á lóxica reivindicación da equiparación xurídica entre dúas linguas que se falan nun territorio, a súa reacción é clara e contundente: non debería ser obrigatorio coñecer ningunha lingua. Incluído o inglés? E isto aplicarémolo tamén ao artigo 3 da Constitución española de 1978? Porque se así é, tarde piou, señora! Trinta e un aniños!
Séntense pletóricos. Mentres na era Fraga se facía gala dun galeguismo light (que ben clariño o deixou Gloria Lago, era de salón, pois segundo ela todo o mundo sabía o que acontecía nos Institutos coa LNL e co PNL da etapa de Fraga), agora cómpre quitarse a carauta. Galicia Bilingüe non avoga polo bilingüismo. Chámase así como se podería chamar Galicia de los Verdes Prados (tendo en conta que ter vacas sería un acto voluntario). O que queren é poder elixir entre ser bilingüe (galego e castelán) e monolingüe (alguén pode imaxinar que a señora Lago está a reivindicar o dereito a ser monolingüe en galego?; das súas palabras non se segue iso nin moito menos, senón todo o contrario: monolingüe en castelán). Por suposto, xa a selección natural e social fará o seu cometido.
Fronte a este darwinismo socio-lingüístico non cabe outra reacción que a unión. Cómpre intelixencia, mente aberta, amplitude de miras, vontade de integración. Non caben actitudes patrimonialistas. Ante ataques coma estes contra a nosa lingua temos que traballar desde a diversidade a prol do obxectivo común: o galego e a súa equiparación xurídica co castelán. E neste movemento caben todos aqueles e aquelas que consideren vital a dignificación e desenvolvemento do galego e do seu uso en todos os ámbitos da vida, independentemente de que sexan galego falantes ou non. Négome a crer que castelán falante signifique necesariamente antigalego e apoio a estes grupos con resaibo predemocrático. Todos e todas en Compostela o 18 de outubro a defender a nosa lingua.

Para ler o artigo no xornal preme

http://www.vieiros.com/columnas/opinion/981/darwinismo-sociolinguistico
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 04-10-2009 16:20
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -