Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Orquestra xaponesa de rapaces
Categoría: Curiosidades - Publicado o 30-10-2009 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
O poder da música
Categoría: Curiosidades - Publicado o 30-10-2009 20:00
# Ligazón permanente a este artigo
Lingua que rexeitaron meus pais
Borraran os letreiros dos camiños
cos ben amados nomes das antergas vilas,
dos silabarios das escolas algareiras
borraran o cantar humilde e puro
da língua popular.

Sóio no escuro das lareiras
no apartado silencio dos labregos labios,
esquecida das espadas poderosas,
borboriñaba a nosa língua triste.

Aferrollada fora coma unha delincuente.
As maos sen calos do traballo,
requintadas e doces, relixiosas,
enfeitadas co ouro dos aneis
roubados ó suor dos pobres
empurraran a lingua nobre e pura
a un cadafalso de vergoñas.
Meus pais, tamén, amados ignorantes,
obedeceran as ordes que o espadón
deborcara na poza de Galicia.

E, agora, veleiquí a xenreira xusta
dos mozos nobres e libertadores
tirando do pescozo da aforcada
o barazo inxusto, o odio do canalla.

Inda folguexas noiva bela,
inda tes verbas na tua gorxa magoada,
foguetes de carraxe pra cuspirlles
ós donos madrileños do billete,
da espada e maila cruz.

Inda tes folgos língua enxebre
nos teus labios de moza asoballada,
língua dos meus limiaos, dos meus antergos,
inda tes folgo pra bica-los meus ensoños.

Estás agora viva nos meus beizos fondos,
estás agora viva nos meus dedos de home
e acariñando vou teu corpo rebrincante
que ten ás de volvoreta nas palabras.

Antón Tovar. "Calados esconxuros"
Categoría: Poesía - Publicado o 30-10-2009 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
Canción para cantar tódolos días
Hai que defender o idioma como sexa:

con rabia, con furor, a metrallazos.

Hai que defender a fala en loita rexa,

con tanques, aviós i a puñetazos.

Hai que ser duros, peleós, intransixentes

cos que teñen vocación de señoritos,

cos porcos desertores repelentes,

cos cabras, cos castrós e cos cabritos.

Temos que pelexar cos renegados,

cos que intentan borrar a nosa fala.

Temos que loitar cos desleigados

que desexan matala i enterrala.

Seríamos, sin fala, unhos ninguén,

unhas cantas galiñas desprumadas.

Os nosos enemigosa saben ben

que as palabras vencen as espadas.

O idioma somos nós, pobo común,

vencello que nos xungue e ten en pé,

herencia secular de cada un,

fogar no que arde acesa a nos fe.

Hai que loitar, pois, coa deserción,

cos parvos iñorantes burras quentes.

Hai que afirmar a fala con tesón,

defendela con uñas e con dentes…

Hai que darlle ó pobo a súa voz pura.

Quen nos quer sin fala quer matarnos.

¡Hai que defender a fala con mao dura

pois precisamos da fala pra salvarnos!


Manuel María, Canciós do lusco ó fusco (1970)
Categoría: Poesía - Publicado o 30-10-2009 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
U-lo bilingüismo?

Do documento de Xose Luís Regueira, Nacionalismo e Liberdade Lingüística, dende o Instuto Galego da Lingua
Categoría: Paradoxos - Publicado o 30-10-2009 17:34
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -