Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Archivo Pacheco de Fotografía
A TODA A CIDADANÍA VIGUESA

Diante do feche do ARQUIVO PACHECO por parte da Concellaría de Cultura, feito acontecido o pasado dia 31 de decembro de 2011, desexamos manifestar:

1 Prodúcese, máis unha vez, a clausura do ARQUIVO PACHECO, dependendo dun cambio de goberno municipal. Dita actitude priva ao pobo de Vigo da utilización do arquivo, ficando, desta maneira, conxelados proxectos que van desde o simple lecer á investigación académica.

2 Execútase o feche despois do período probabelmente máis frutífero de traballo do Arquivo. Por primeira vez desde a súa adquisición, o ARQUIVO PACHECO estaba sendo conducido por un grupo humano que procedía do mundo da fotografía e posuía un proxecto xeral e coherente para o legado. As persoas que ali traballaban posúen titulacións de especialistas, licenciadas e doutoras en imaxe, mesmo con teses de doutoramento realizadas sobre o ARQUIVO PACHECO, e teñen artigos da súa autoria aparecidos en revistas galegas e internacionais, así como libros publicados en editoriais de rango europeo, con todo o que iso supón de proxección internacional do nome de Pacheco e da cidade de Vigo. Entre todas as persoas arbitrariamente despedidas, contabilízase, a dia de hoxe, unha experiencia consolidada de 80 (oitenta) anos dedicados á práctica, o estudo, a análise e a docencia, mesmo no seu nIvel universitario, da fotografía.

3 Algúns datos, sen desexo de exhaustividade, axudarán á comprensión do traballo realizado: publicación de tres Axendas fotográficas e 2 libros de grande calidade sobre a figura de Pacheco; inauguración de tres exposicións monográficas; convocatoria, por primeira vez, do Premio Pacheco de fotografía, compromiso adquirido hai 21 anos polo Concello vigués que só até a chegada do equipo sinalado se cumpriu; ordenación, limpeza e clasificación de case 60.000 fotografías que se achaban desordenadas; confección de bases de datos e introdución, catalogación e documentación nelas de 25.000 fotografías; asesoramento na realización de traballos de pesquisa universitaria, de investigación sobre os arrabaldes e parroquias viguesas feitos por Asociacións de Veciños e Culturais; de asistencia a empresas do ámbito privado ou de apoio a institucións públicas, que constitúen un total de 100 proxectos, así como visitas a particulares para recoller fotografía viguesa do século XIX, doada xenerosamente polos seus propietarios e a articulación dunha rede estábel de informantes que enriquecían, desinteresadamente, o coñecemento sobre o pasado da cidade.

4 Perante a decisión da Concelleira de Cultura, decisión que pensamos só procede dunha actitude despreciativa frente a calquera obra realizada por outros, egoísta, porque non ten en conta o tesouro cultural que existe no ARQUIVO PACHECO nin a frustración humana de miles de persoas, e inconsciente, porque ignora o profundo dano que a docentes, movemento veciñal, investigadoras e investigadores e público en xeral causa, as persoas que asinamos este documento pedimos a toda a cidadania viguesa que reflicta nas causas da decisión tomada pola Concellaría de Cultura e se pregunte os verdadeiros motivos de expulsión do equipo máis coherente e profisionalizado que, desde o ano 1991, traballou na mellor colección fotográfica de Vigo e de Galiza que coñecemos polo nome de ARQUIVO PACHECO.

Vitor Vaqueiro
Isabel Llantada


Ver nova na prensa
Categoría: Arte - Publicado o 31-01-2012 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
O mundo é grande. Canción para a Paz.


Unha canción de Mamá Cabra.
Categoría: Cousas do cole 2011-12 - Publicado o 30-01-2012 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
A Paz de Clara (5ºA)
Categoría: Cousas do cole 2011-12 - Publicado o 30-01-2012 11:17
# Ligazón permanente a este artigo
O misterio do muíño encantado
Esta é a historia de dous nenos, Xoan e David, que indagan o misterio do muiño encantado. O caso é que unha maña unha señora chamada Flora veu que o muiño que estaba en ruinas facía moito ruido e moía o gran só.

Non puido ser o muiñeiro, pois él morrera hai tres meses. Outra cousa un pouco estraña é que, como podía moer o millo se nesa época non había nin unha soa espiga?

O caso é que o que moía non podía ser gran de millo, pero iso non podían sábelo pois, ninguén se atrevía a probalo por se tamén estaba encantado.

Nunha mañá soleada, Xoan tivo un bo espertar, e mentres, David seguía durmindo pois tardara xa que non podía conciliar o sono polo caso do muiño, el foi para a praza do pobo para logo emprender de novo a viaxe ó muíño. David chegou vinte minutos tarde.

Partiron e foron encamiñándose ata o muiño en ruinas. Cando chegaron, quedaron pasmados ao ver o vello muiño movendo as súas aspas de novo. Facía un ruido ensordecedor. Acercáronse máis para ver se a porta estaba aberta. De súpeto, a porta abriuse e unha nube de po branco cubriulles todo o corpo. Entraron no seu interior e comprobaron que todo o chan estaba cuberto de gran! David colleu un pouco e metéuno na boca. Eso non era gran! Era azucre! Xa pensaban eles que era moi difícil, por non dicir imposible, que o muiño moese as mazorcas de gran naquela época.

Despois dunhas longas e interminables horas de búsqueda polo muiño, cando xa decidiran rendirse, David atopou unha palanca. Entre os dous tiraron para abaixo e movéuse unha boa parte da parede. Aquilo era una porta secreda! Baixaron case un cento de escaleiras e atoparon unha sala subterránea con tres portas que se dirixían cada unha a tres sitios diferentes.

Xoan e David observaron que o chan estaba demasiado limpo para que levara tanto tempo abandonado. Probaron a abrir a porta da esquerda pero, como esperaban, estaba pechada. Non tiveron máis sorte coa do medio nin coa da dereita. De súpeto apareceu un cartel que dicía`` UN PASO ATRÁS POR FAVOR´´. Eles decidiron facerlle caso e pisaron unha baldosa que abriu un compartimento secreto na parede, aparecendo unha chave de prata que tiña unha inscripción gravada en ouro que dicía: A xente que fai caso obtén unha recompensa moi grande. Eles, algo asustados, colleron a chave e probaron a abrir a porta da esquerda, e nada. Probaron coa do centro e abriuse. Aínda que os dous tiñan moitísimo medo, continuaron adiante. Encontrábanse nunha habitación, máis ancha que longa, na que se atopaban estátuas moi grandes e unha porta entreaberta ó fondo.

Decidíron a pasar. Abriron de todo a porta e observaron un salón moi cutre e pequeno, cun sofá moi desgastado con anos e unha lámpada que, se dicimos a verdade, parecía o caldeiro da roupa sucia. No sofá, tumbada, unha figura moi gorda e robusta comendo unha bolsa de patacas fritidas. Era o muiñeiro!!! Sen saír do seu asombro, os nenos desmalláronse.

Despertaron unha hora despois cada un na súa cama. Todo aquilo parecía ser un soño!!!!
Os dous rapaces falaron por teléfono e quedáron abraiados. Os dous coincidiran exactamente no que supostamente fora algo incrible.
No chan de cada unha das habitacións as súas nais barrían un pouco do que parecía ser azucre…..



Elena Fernández Blanco - 6º A.
Categoría: Cousas do cole 2011-12 - Publicado o 29-01-2012 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
O muíño encantado
Fai cen anos, preto da cidade había un muíño onde vivía un señor xa tiña 99 anos.

Cando chegou o seu aniversario morreu. Uns din que a súa pantasma habitaba alí, e outros dician que iso eran parvadas.

Había un neno de 8 anos por alí que tiña as súas dúbidas e foi ver o muíño.
Cando chegou tiña un pouco de medo, pero non lle preocupaba moito porque tamén ía o seu can, que lle chamaban Golfo.

O neno entrou , e de repente sentíu unhas cóxegas e axiña escoitou un ruído pola parte de arriba do muíño, foi ver quen era, abríu, había unha cama e ... era como si alguén estivese saltando. Logo deitouse na cama. Golfo, o seu can, comezou a ladrar, e o neo levantouse para ver que lle pasaba ó can. De súpeto apareceu unha sombra detrás do neno que se levou o can. O neno foise correndo para a cidade. Nunca máis quixo volver ó muíño.

Iria Ferreño Lis e Noa Diz Fariña (6ºA) /div>

Categoría: Cousas do cole 2011-12 - Publicado o 29-01-2012 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -