Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fin de século palestino
Recollemos este artigo do bloque "Club de lectores de Pontevedra".
En 1998 o escritor Miguel Anxo Murado foi a Palestina enviado polas Nacións Unidas. Permanecería alí cinco anos nos que viviu toda clase de situacións dramáticas e cómicas: desde representar a Palestina nunha feira internacional de turismo a presenciar atentados e bombardeos pasando por ser o portavoz oficial durante a visita do Papa. Fin de século en Palestina é o relato autobiográfico daquela experiencia persoal na paz e na guerra, un relato auténtico, tenro, en parte tráxico e mesmo ás veces humorístico da vida nun país cheo de cor e de violencia.. No vídeo (45 m) pódese ver un pequeno documental da orixe do conflicto.

Fin de século en Palestina está a ser acollido unanimemente por lectores e crítica como unha das mellores obras dos derradeiros anos. Agora, con este premio dos editores, confírmase aínda máis esa sensación. Este novo éxito de Miguel Anxo Murado súmase aos moitos premios recollidos o ano pasado pola súa obra "O soño da febre".

Temos tamén un novo vídeo-documental (45`)sobre a orixe do conflicto para entender mellor o que está no libro.

Categoría: Historia xeral - Publicado o 31-01-2009 15:31
# Ligazón permanente a este artigo
Prexuizos sicolóxicos?
Recordando quen é cada quen.

"Aprender galego causa prexuízos psicolóxicos nos nenos".

Esta foi unha das afirmacións que Gloria Lago, presidenta da asociación Galicia Bilingüe, que fixo xa fai un tempo na axencia de noticias Europa Press e da que se fixeron eco numerosos medios do país, como
Vieiros e Galicia Hoxe.

Entre outras afirmacións, a representante deste colectivo contrario á normalización do galego asegura que o Decreto do galego no ensino pode causar “prexuízos psicolóxicos moi grandes” entre o estudantado de Infantil por “obrigalos a aprender un idioma que non é o seu”. Ademais, na súa opinión, a causa do fracaso escolar e de todos os males do sistema educativo é o ensino do galego, que considera “unha barbaridade”.

Agora o día 8 de febreiro súmanse a manisfestación orgazizada por Galicia Bilingüe algúns representantes políticos: Corina Porro, Carlos Negreira ... E vaí Feijoo e defende que os seus "elixidos" defendan a Galicia Bilingue.
Marcha Palmou, sobe "escaños" Corina Porro. Para onde vai o norte do PP?

Artigo do bloque "Na lingua de tod@as"
Categoría: Galego - Publicado o 31-01-2009 08:47
# Ligazón permanente a este artigo
A guerra contra o galego tropeza nos tribunais
Mediante unha sentenza ditada o pasado luns, o xulgado do contencioso-administrativo número tres da Coruña botou por terra o recurso da Asociación Gallega para la Libertad de Idioma (AGLI), contra o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, de funcionarios do corpo administrativo da Xunta e que, en virtude da orde ditada pola Consellería de Presidencia, inclúe un exame que, obrigatoriamente, se debe superar en lingua galega.

Xornal.com
Categoría: Galego - Publicado o 30-01-2009 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
Lingua prioritaria en infantil no País Vasco
O Goberno vasco aprobou o pasado martes 20 de xaneiro, a 40 días das eleccións, o decreto que regula as competencias e habilidades que debe adquirir un neno durante a etapa de infantil, entre os 0 e os 6 anos, nos centros da rede educativa. O documento fixa o éuscaro como lingua vehicular principal no ámbito escolar, como o fai o currículo vasco para os ciclos de 6 a 16 anos.

O correo dixital
Categoría: Xeral - Publicado o 30-01-2009 20:26
# Ligazón permanente a este artigo
O verbo
Un conto de Manuel Lugrís Freire.

O VERBO


Nos tempos en que Zoroastro recibía no ceo do deus Ormuzd “a palabra de vida”, - seis mil anos denantes do nacemento do noso señor Xesucristo, - había unha comarca fermosa e farturenta, nomeada Anthorque, que lindaba coas augas do mar Caspio.
En ningures, non sendo no occidente da Iberia, podía acharse terra máis deleitosa.
As saudades polos eidos nativos comezaron a xurdir nas almas dos anthorqueses, que vagaban polo paraiso dos persas.
- Señor- , dixéronlle unha vez á Ormuzd, - O ceo que nos donástedes non pode ser mellor; mais nós temos lembranzas feridoras pola doce e doada terra de Anthorque.
Por que, oh Deus, non nos facedes a mercede de axeitar un curruncho deste ceo de maneira que teña os arboredos vizosos, as campiñas ridentes, as augas espellantes e quedas daquelas meigas terras nas que quedaron os nosos corpos mortais?
E Ormuzd víu que aquelo era bo. Mandou chamar ao arquitecto celeste, e fixo un ceo aparte para os anthorqueses.
-Oh, meu Deus Ormuzd, - díxolle o porteiro maior; - podente é a vosa vontade, que comprida será. Mais polo que me toca a min, terei unha grave dificultade. Como ese lugar é tan feiticeiro, tódalas almas que entren cobizarano. De que xeito hei de compoñerme para que non entren nel máis que as almas dos anthorqueses?
E Ormuzd respondeulle:
- Un sinal divino teñen as almas: o verbo, palabra de vida que existía antes da auga, do ceo, da terra e tódolos animais. El distingue as criaturas.Quen non fale o anthorqués non entrará no paraiso.
Quedou convencido o porteiro.
Un día petaron na porta do ceo.
- Quen chama?
- Un anthorqués que quere entrar na parte do ceo que lle corresponde.
- Ti non es anthorqués porque falas o zendo.
- Eu nacín en Anthorque.
- Pois fala entón na túa lingua.
- Non a aprendín porque era fala de sudras.
- Pois daquela non entrarás. O sinal divino do verbo nativo non brilla no teu espíritu.
- E a onde teño que ir entón?
- Ao inferno, que no ceo non poden ser admitidos os desleigados que faltan á lei de Ormuzd.


ASIEUMEDRE
Categoría: Contos, lendas, poesía - Publicado o 29-01-2009 22:25
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -