Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Libros para o verán - Biblioteca CEIP Campolongo




Libros recomendados para este verán pola biblioteca do CEIP Campolongo. Como vedes aquí repártese 50 % o das linguas, non vaia ser que salten chispas. O da discriminación positiva ou o da oralidade éche outro cantar.
Categoría: Libros - Publicado o 01-07-2012 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Ler non é clandestino
Categoría: Videos coreografiados con música - Publicado o 29-06-2012 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
Eu falarei


O día 5 de xuño de 2012, a comunidade educativa do IES de Chapela (Redondela-GALIZA) gravou, despois dun longo proceso que comezou co inicio do curso escolar, o LIPDUB EU FALAREI.
EU FALAREI, con música do "I will survive" de Gloria Gaynor, e cunha letra escrita polo EDLG de Chapela, é un canto de amor en defensa da Lingua Galega, mais tamén é unha denuncia da situación que vive un idioma que esmorece lentamente vendo recortada a súa presenza nos medios de comunicación ou na propia escola, e que día a día perde falantes entre a xente nova.
Na gravación implicáronse activamente máis de 400 persoas entre as que están 120 actrices e actores e 29 cantantes. Son alumnado, profesorado, persoal non docente, pais e nais, veciñas e veciños de Chapela, que quixeron neste LIPDUB dar alento a unha lingua, a galega, que hoxe e no futuro... precisa de nós.

AVANTE COA LINGUA GALEGA!
Equipo de Dinamización da Lingua Galega do IES Chapela
Chapela, 25 de xuño de 2012
http://oberete.blogaliza.org
Categoría: Videos coreografiados con música - Publicado o 28-06-2012 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
O gato e o avó



Trotacontos feito por rapaces de infantil de varios centros da cidade de Pontevedra, coa colaboración do Concello. Os centros participantes foron: EEI Verducido, CEIP Parada Campañó, CEIP Campolongo, EEI Fina Casalderrey, CEIP San Benito de Lérez e CEIP Sto. André de Xeve.
Categoría: Contos, lendas, poesía - Publicado o 25-06-2012 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
Vaia animalada de viaxe


Trotacontos feito polo alumnado de primeiro ciclo de primaria de varios centros da cidade de Pontevedra, coa colaboración do Concello. Os centros participantes foron: EEI Verducido, CEIP Parada Campañó, CEIP Campolongo, CEIP Marcón, CEIP San Benito de Lérez e CEIP Sto. André de Xeve.
Categoría: Contos, lendas, poesía - Publicado o 25-06-2012 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -