Unha folerpa con outras, ás veces calla e fai neve

Defensa do Ensino Público


De Viñetas

"A historia dunha lingua debería ser coma a dunha longa cadea, onde cada xeración fora un elo que lla transmitira á seguinte"

GALEFAS
aferrer@mundo-r.com
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Promesas incumpridas



Categoría: Política - Publicado o 17-07-2012 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Canción contra o decreto do plurilingüismo valenciano
Igual que fixeron na Galiza están a facer en Valencia e logo, intentarano en Cataluña. Alí vano ter máis cru. Non sei como se pode vender o modelo galego cando é totalmente un fracaso. Cantos nenos falan o galego como lingua vehicular? Hai esperanzas de que aumenten con este modelo? Na nosa escola, como en moitas, non hai ninguèn, non o saben falar, non teñen ningunha soltura. Os poucos galego falantes ó chegar a escola, en menos de 3 meses xa comezan a escarallarse, porque hai moi pouca sensibilidade, ensínase unha materia en galego e logo nada máis, todo o que hai máis alá dunha clase de malamente 50 minutos, é en castelán.
Como se pode dignificar unha lingua desta maneira?

Por que atacan ó modelo catalán cando se está a demostrar que a inmersión lingüística nos primeiros anos garante perfectamente a convivencia nas dúas lingüas?


Queren que fagamos o que dicía un expresidente, falar a lingua materna na intimidade.
Dende logo da pena o que están a facer, e todo por decreto, sen ter o consenso de ninguén, agás eles. Son uns fenómenos.

Un grolo por este precioso vídeo:



Letra en Galego, Valenciano e Castelán


Categoría: Ensino - Publicado o 09-07-2012 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Plataforma EDMODO
Plataforma para traballar con alumnos na aula.

Video para entra como mestre



Vídeo para entrar como estudante

Categoría: Informática - Publicado o 08-07-2012 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
XXV Congreso Estatal da Rede de Escolas Asociadas á UNESCO


Este ano o XXV Congreso das Escolas Asociadas Unesco foi en Madrid e o lema escollido "Pasión por educar: o traballo en rede para unha innovación educativa".

Por ser o XXV aniversario estivo con nós, entre outras personalidades, a Coordinadora Internaciónal da Escolas Asociadas, a francesa Lidia Saldari.


Nestes congresos expóñense e compártense os diferentes traballos feitos nas diferentes comunidades autónomas do estado español ó longo do curso tanto polos centros de infantil como de primaria, secundaria ou bacherelato.

Entre os diferentes talleres tamén houbos interesantes conferencias, entre elas, unha de Federico Mayor Zaragoza sobre a importancia da educación e a necesidade de liberdade para poder ser e crear.

No peche do congreso, léronse as conclusións dos diferentes obradoiros e as propostas para o vindeiro curso, e para rematar na Asemblea Xeral foi elixida de novo como Coordinadora Estatal por 4 anos máis Ruffina Moreno. Tamén se aprobou o proxecto presentado polo compañeiro e amigo Xabier Prado, de facer unha plataforma internacional (web), onde cada país tería unha poesía na súa lingua materna apoiada coa linguaxe de signos internacional (Yogote). Esta web estaría acompañada por outras plataformas (blogues, web, ...) para poder meter os demais traballos que faga cada país, escola, ... neste formato (Yogote).

Logo en rogo e preguntas, un compañeiro catalán, xunto cun representante de cada comunidade autónoma con lingua propia, fixo lectura dunha queixa común dos ataques que se están a producir nos últimos anos sobre esta linguas, e que están a crear conflictos co obxectivo de minorizar todas as linguas agás o castelán (español). Xa se fixo en Galicia co famoso decreto do Plurilingüísmo, e estase a facer agora nas outras comunidades (Valencia, Cataluña ...).

De Pontevedra fomos ó Congreso os seguintes centros: IES Pedra da Auga (Ponteareas), co traballo de signos internacionais YOGOTE, IES Pazo da Mercé (As Neves), con "As pesqueiras do Miño" e outros, o IES Seone (Monteporreiro-Pontevedra), con "A ruta do azucre", con "Sargadelos", e tamén, en colaboración co CEIP San Benito de Lérez, co "O Balneario do río Lérez". O CEIP Isidora Riestra, especialmente coa "Conserveira de Lourido", entre outros presentados tamén nun mural. O CEIP Cabanas cos "Muíños da Cancela" xunto con outro mural, e o noso, CEIP Campolongo, cos "Muíños de Auga e a súa importancia económica" dentro da sección de Patrimonio Industrial aberta para esta xornada.

Nas fotos pódense ver, entre outras, algúns dos traballos presentados (ainda faltan algunhas fotos por poñer).

Categoría: UNESCO - Publicado o 08-07-2012 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
A revista escolar salvouse grazas a ANPA

Este ano os recortes, como xa se viñan anunciando, foron determinantes, de contar o noso centro con máis de 2.000 € para Normalización Lingüística noutros tempos, pasamos a 300 € este ano, case nada. Recordamos que no noso centro (CEIP Campolongo), conta con máis de 530 alumnos).
Xa antes pouco máis daba que facer só a revista escolar, pois agora como se soe dicir, nin para pipas, pero xa se sabe que o da cultura ... non vende moito.

De todos xeitos, nós, no noso centro tivemos sorte, a ANPA, asumiu todo o gasto e poidemos facela en papel impreso, pois a única opción que tiñamos prácticamente era facela só en formato dixital.


Ver a revista en formato dixital
Categoría: Ensino - Publicado o 01-07-2012 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [4] [5] [6] 7 [8] [9] [10] ... [226]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis


Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego
Chuzame! chúzame -